#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Manifesto pailán

Posted on 22 Febreiro 2012 by xOsse dorrío Posted in política nacional 2 Comments

ORACIÓN DE CELSO EMILIO POR NÓS, POLOS PARVOS

Señor Deus ten piedade dos pobres parvos
que non sabemos nada de xeometría
e embobados na música celeste
esquecemos a fórmula
do binomio de Newton
Imos andando a trancas e barrancas
aprendendo as cousas tristemente
por este mundo adiante que fixeches
en sete días só, según os libros
Eu son un pouco parvo, ben comprendo.
Nunca poiden saber para que serven
moitas cousas oscuras que consintes
Humildemente quixen preguntar
preguntas pequeñinas coma seixos
sobre os grilos que cantan incansables
e os amores dos peixes,
pero sempre chegaban uns homes
carregados de textos
e mazacotes grises sapientísimos
con datas rigurosas, datos certos,
horriblemente certos, abafantes
Mais ninguén me dicía dos paxaros
dos cágados, das flores, e desas nubes
que pousaches, Señor, sobre o meu teito
Perdoanos, Señor, tanta parveza
e ten piedade de nós, dos pobres parvos
que andamos os camiños das estrelas
cos ollos encendidos
na bebedeira tépeda das fábulas
(…)

Cadanseu ao seu. É o que ten ser de esquerda. Un votante un voto. Un militante un partido. Conforma a esquerda actual un rebumbio de forzas, sensibilidades e egos, sobre todo egos, que alimentar; caros de alimentar. Porca esquerda! Os egos dunha presa de persoas que un día se encerran nun hotel para redactar manifestos para rexenerar a súa propia organización para, ao seguinte, abandonala. Alcaldiños namais. Conservadores de bon comer que non buscan máis que preservar seu posto ou acadar outro poleiro mellor. Persoeiros sen personalidade. Medorentos canallas que non escoitan a cidadanía máis alá dos seus lindes e, en moitos casos nin iso, nin no seu concello, nin no seu grupo municipal. Pailáns, pailanciños, que silencian a crítica, perséguena, acósana, apágana. Mestres da manipulación alxebraica. Caudilliños en potencia que non entenden as regras da democracia. Ben si ganan, mal se perden. Os escindidos, os desbandados que acoden aos bramar do líder beta da nova grea, perdedor outra vez na contenda. Débil estratega escornado ferido, malferido. Representantes electos dunha moral low cost, imaxe viva do noxo, posuídos dun ideal dexenerativo. Manifesto antimanifesto e viceversa. Dentro ou fora non son esquerda, son porca esquerda! Profesionais da polis a conta dos nosos tributos onde antes, ate non fai moito tempo, tíñamos tribunos da plebe, afeizoados, nobres servidores a maioría. Políticos con soldada, mercenarios farturentos coa gula por bandeira nun pobo onde se pasa fame, onde agroma outra vez a necesidade e onde, agardo, lles explote a carraxe, tanto tempo contida, nos seus fuciños fascistas, no epicentro da ansia viva do poder, na maseira.

esquerda galeguismo nacionalismo
« Bos e xenerosos
A actividade política como servizo a sociedade »

2 thoughts on “Manifesto pailán”

  1. Jesús Cintas says:
    22 Febreiro 2012 at 17:13

    Gusto do teu artigo, compañeiro. Coñeces algo o meu parecer e a miña loita, por iso a tua reflexión faime a min tamen reflexionar e somentes acerto a preguntarche se é millor comulgar con rodas de muiño. Sabes ao que me refiro.

  2. xOsse dorrío says:
    22 Febreiro 2012 at 18:02

    Depende quen as fabrique. Na actualidade podes atoparte no mercado democrático con rodas de muiño ben feitas e ate apetitosas saídas dos laboratorios de I+D+I da dereita ou con rodas de muiño que semellan trapecios realizadas nos cortellos da esquerda. A outra opción é non comer.

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Febreiro 2012
M T W T F S S
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  
« Nov   Mar »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés