#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

O día que ‘calei’ a unha momia

Posted on 14 Outubro 2014 by xOsse dorrío Posted in política nacional 4 Comments

#IIANova

Fila 7, asento 23. Nin reservando! Posición estratéxica. Diante: Fila 6, asento 25, Xosé Cid Cabido, o fillo do Pepe Cacho. Ao lado Xurxo. Detrás: Fila 8, asento 19, Xosé Luis Méndez Ferrín. Ao lado, Xan Daniel. Eles, non eu, aínda que me atopo no medio, escoltados por toda a FPG. Cando eles levantan a man eu manteñoa baixa. E viceversa. De vez en cando o amigo que teño fronte a miña caluga dille a Ferrín que levante o seu cartón pra votar. A veces pregúntalle que é o que se vota. Outras nin iso. Está aí coma o can do pastor, para que non se escape unha ovella do rabaño. Cada vez que alguén sube ao estrado, pregunta: e ese quen é? Fala cun ton que cuspe desprezo. Ese é un bolchevique! Todos o eran. Vello e rancio mestre. Quen é ese? Como se atreve? Ninguén se move do pupitre sen que el faga un apuntamento negativo. E esa? Esa vén aquí a pavonearse, di dunha compañeira de Vigo que sae a defender as súas enmendas. Cousas arrastradas do século pasado, un virus, nun corpo doente. Non ule a Anova. Ule a vello, a casa pechada. Ten que levantarse a estirar as pernas de vez en cando. Darlle vida ao sanque estancado. Hai berros, apupos, aplausos,… no ambiente. El non vai lonxe. Desde os corredores non saca ollo aos seus. A crispación si vén de lonxe. Está fora de control, mesmo para quen a provocou. El segue ao seu, altivo, mirada ferrín, fría coma o ferro, seca coma o serrín. Hai quen lanza avisos de ruptura. Que se vaian!, di o vello datrás, xa de volta. Non é doado de entender que pintan aquí, penso eu -sobre os que están detrás-. Semellan xente que odian a condición humana. Si non desexan formar perte de organizacións amplas e plurais, preferíndoas pequenas, de ideoloxías uniforme, na que todos comulguen co pensamento do amado líder, xa a tiñan, a FPG. Non é doado de comprender.

Polo corredor da dereita baixa un compañeiro, palleiro, cara a súa cadeira… e xa comeza a rosmar o vello, o suficientemente alto para que o escoite quen ten ao lado, pero tamén quen ten detrás, Chelo e outros compañeiros de Vigo, e quen ten diante; o suficientemente baixo para que non o escoite o obxectivo da súa bilis: aí vai un cadáver político, sentenza. Non puiden evitar mirar cara atrás. Vin a súa cara de noxo e odio. E ti falas de cadáveres políticos, dixen eu. E ti falas de cadáveres políticos, repetinlle. Non contestou nada. Parecía momificado. Unha momia política. Foi o dia que fixen calar a unha momia.

Na #IIANova escoitando a Méndez Ferrín falar de cadáveres políticos. Manda truco!

— xOsse dorrío ╰☆╮ (@xOsse) October 11, 2014

anova curmandade nacionalismo
« A #DeslealdadeProfesional é un DELITO
@ManuelBaltar: A loita contra a corrupción demóstrase actuando contra ela, non sobreactuando nos medios »

4 thoughts on “O día que ‘calei’ a unha momia”

  1. lectora says:
    15 Outubro 2014 at 12:20

    Debera coidar esa ortografía. Pegáselle o españolismo, ao que se ve.

    • xOsse dorrío says:
      15 Outubro 2014 at 12:22

      as malas compañas

  2. Pauseco says:
    15 Outubro 2014 at 18:03

    Ferrín debeu quedar acojonado…

    • xOsse dorrío says:
      15 Outubro 2014 at 18:08

      as momias non se acojonan ante ninguén

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Outubro 2014
M T W T F S S
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
« Set   Nov »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés