#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Para estar por estar, mellor non estar

Posted on 16 Xullo 2009 by xOsse dorrío Posted in política nacional 10 Comments

Esta semana veño de solicitar a miña baixa como militante do BNG. Fai moito tempo que ronda na miña cabeza esta idea e, de seguir coa mesma teima, corría o risco de caer na paranoia. Non quería. Unha persoa non pode levantarse cada día e preguntarse “que pinto aquí?”. Cando alguén se prantexa isto a diario é que non está a gusto e, nese caso, o mellor é non estar.

Considérome unha persoa activa, alguén que necesita aportar algo ó grupo do que forma parte, e non soporto ollar de brazos cruzados, moitas veces caidos, o estado estanco no que se atopa o BNG. Iso mátame. Dicía Beiras, nun excelente diagnóstico, que o BNG estaba esclerosado. Non ía nada errado. Coñezo ben a que se refire.

Seguirei formando parte do Encontro Irmandiño, un dos poucos redutos onde aínda prima o idealismo sobre o pragmatismo curtopracista que rexe a vida cotiá da meirande parte dos partidos políticos, iso si, agora a esa outra veira da ponte a que se refire Beiras na súa derradeira entrevista. Agardarei deste lado.

Haberá quen diga que o fago porque non cheguei onde esperaba, porque non teño enchufe… chamaranme inadaptado, dirán que son pouco fiable, que estou fora do sistema…. Ese cinismo acabará co BNG. Pensar ou escribir que as cousas deben cambiar convértete nun apestado, di o escritor italiano Roberto Sabiano, nunha recente entrevista.

Que dende xa estea fora do BNG non significa que deixe de ser nacionalista, de esquerda e, porque non, soberanista. Seguirei loitando polo que creo, dende onde queira que sexa e, contra os que van contra eses ideais, tamén, quen queiran que sexan.

A súa xovialidade algo pesada, que ocultaba noutros tempos unha auténtica bondade, non pasa agora dunha rutina vulgar; a súa firmeza converteuse en obstinación; as súas aptitudes para o inmediato e o practico, nunha total negativa a pensar”.

Quen nestes termos se expresa é Adriano sobre Trajano en Memorias de Adriano, de Margarite Yourcenar. Moitos poderíamos dicir o mesmo do Bloque. Noutra reflexión a autora di, en boca do mesmo protagonista, que “o esencial é que o home chegado o poder demostre logo que mereceu exercelo”. Os resultados do 1M demostraron que non foi así, sen embargo, non se asumiron tódalas responsabilidades que deberían porque os dirixentes do BNG están posuídos pola ambición do poder e paralizados polo temor a súa propia mediocridade.

BNG Encontro Irmandiño nacionalismo opinións xOsse dorrío
« Outras fórmulas para distraer a atención pública. O racismo.
Feijóo non decepciona a ninguén »

10 thoughts on “Para estar por estar, mellor non estar”

  1. caralladas76 says:
    16 Xullo 2009 at 23:19

    Ánimo Xosé, hai moitos que pensamos igual ou parecido. O nacionalismo galego precisa un cambio. Eu un día destes poñereime a falar delo no meu blog http://nosquedaportugal.blogspot.com/ pero ata entón, hai moitos xeitos de defender o noso e de sermos nacionalistas, e o bng é só un deles.

    Vémonos nos blogs!!

  2. Raíz_Verde says:
    17 Xullo 2009 at 02:09

    A HISTÓRIA NOM OS ABSOLVERÁ

    eu aplaudo a túa determinaçom que muitos outros deveriam ter, mas nom se pode pedir-lhe altura de miras a tudo o mundo, nom é?
    O BNG é dificil q mude porque nom lhe interessa a uns poucos “profesionais”. Estou segurisimo que antes ou despois há jurdir a alternativa ó BNG, se quadra já a hai e nom o sabemos. Os q algum día estivemos naquela beira e a deijamos nom devemos ficar nesta mirando para a outra, porque nela nom está o caminho. O caminho está no povo e os que crem nesse caminho devem juntar-se, nom cabe aqui aquelo de ” e se saio a onde vou?” eu resposto-lhe o que dizia um amigo meu: ” na casa esta-se quente, mas o frío espabila a um”

  3. O Afiador da Galiza says:
    17 Xullo 2009 at 15:47

    Tes muita razom e somos muitos os que hesitamos coma ti. Agora devemos reforçar o Encontro Irmandinho e se o BNG nom muda, nom vai mudar isso é claro, teremos que construir umha alternativa arredista e de esquerdas desde o lado correcto da ponta. O lado em que ti estás.

    Umha aperta irmandinha e avante com Galiza e o Encontro Irmandinho. Nós Sós!

  4. xan das pipas says:
    17 Xullo 2009 at 23:42

    Benvido ó outro lado da ponte. Falando con un compañeiro, un día dicíame: “Joder, é que sodes moi críticos, hai que apoiar o que fai o partido, fíxate nos do PP, fagan o que fagan, chega as eleccións e volvennos votar, non critican o que fan , coma facedes vós”. A miña resposta foi clara: E que si eu fóra unha ouvella, unha persoa sen opinión propia, sería do PP ou do PE (nen socialista, nen obreiro).
    A vida no exilio no é fácil, digocho eu, e vendo como alguns desfán as túas ideas, é duro. Se tes experiencias persoais de loita, ver como agora te chaman do que sexa,…uff! jodido; Hai que pensar que non fallan as ideas, fallan os que as poñen en práctica.
    Benvido, outra vez, non estás só, seguiremos a tentar ser nacionalistas, de esquerdas, independentes (e independentistas), republicanos, un pouco ateos e, por qué non, algo anarquistas.
    Hai un tempo que maquinaba afiliarme de xeito formal no E.I., pero agora, creo que vou facelo xa.

  5. Comando Anti-Quin says:
    18 Xullo 2009 at 01:38

    Totalmente de acordo co teu artigo.

    A cousa está fodida

  6. Nebra says:
    19 Xullo 2009 at 10:15

    É triste, moi triste que un teña que deixar unha organización na que voluntariamente milita, porque non teñen cabida outras propostas.
    Triste tamén é ver coma os que levaron ao BNG a onde está, son os que seguen movendo os fíos. Usando un argot militar, deberían aplicarse aquilo de que unha retirada a tempo é unha vitoria.
    Agardemos que esa retirada non a fagan cando isto xa non teña remedio (despois das eleccións municipais), porque entón, si que os que pensamos en clave nacionalista, igual temos unha nova longa noite de pedra a espera do rexurdir doutro partido nacionalista.
    O mesmo que lle dixeron a xan das pipas, díxomo a min a portavoz do BNG no Concello cando comecei a criticar certas cousas que empezaban a ver que non funcionaban na Xunta. A miña resposta foi moi parecida: para “caladiño” xa tivemos aos do PP dezaseis anos, non lle gustou nada, pero son dos digo as cousas a cara.
    Despois pasoume unha grave anécdota coa dirección do BNG. Como na Asemblea Local non se me facía caso das graves irregularidades que na miña opinión lles comentaba que estaba a cometer o presidente, remitinlles un escrito e non só non se dignaron a contestarme, se non, que lle remitiron a carta ao presidente e a algúns ex compañeiros.
    Na misiva advertíalles que os comuneiros non eran parvos e que aínda que calasen, dábanse conta do que pasaba.
    Xa digo, os comuneiros son parcos en palabras, pero falan nas furnas e o BNG en Nebra vai de capa caida, mentres que o PP que na comunidade foi un desastre, arrasa. Casualidade?
    Sorte na túa nova experiencia Xosé… seguireiche lendo.
    P.D: Estes días na bitácora dedicada á comunidade vou transcribir unha carta que o presidente mandou a La Voz de Galicia, non ten perda o seu grao de cinismo que usa despois de saber o que lle fixo a nunha propiedade de meu pai, aínda que a carta non ten nada que ver con esa cacicada.

  7. karmel says:
    5 Agosto 2009 at 15:56

    Oes que na “variación está o bo gosto” e os cambios sempre son benvidos así que de tristeza nada, pon un bo sorriso para as novas que se che presenta e lemba que esto so é “O comezo dunha nova amizade”

  8. Bocas says:
    22 Agosto 2009 at 13:13

    Recórdoche, por se non o sabías, que o artigo 2.5 dos Estatutos do BNG din textualmente o seguinte: “As persoas que militan en Partidos ou Colectivos integrados no BNG deberán estar afiliados ao BNG”. Agora que ti (vos) mesmo(s).

    Saúdos.

  9. Erasmo says:
    25 Agosto 2009 at 19:27

    Bocas… seica o BNG é unha Rateira lojo ?
    Pódese entrar máis é imposible sair dela ?
    Eses estatutos sonche do século XIX ou fíxoos alguén do Opus Dei ?

    Certamente para ‘estar por estar’ mellor facer algo POSITIVO por Galicia!
    E deixar que Paco Rodríguez colla a xubilación e co manteñan os amigos da UPG que total para tomar unhas tapas e conspirar contra a xente do país xa lles chega ben… con estar ao redor da ‘mesa-camilla’ que tanto odian e que na puta vida deixaron de quentar…!

    Saúde !!!

  10. Bocas says:
    31 Agosto 2009 at 13:14

    Mira Erasmo, ou non sabes ler ou non entendes entendes o que les. O que di o artigo é, nin máis nin menos, que os que se van, vanse con todas as consecuencias. Isto é, se pertencen a algún colectivo ou partido non poden formar parte deles tampouco. Ou o que é o mesmo se militas nun colectivo integrado no BNG tes a obriga de militar tamén no BNG. Iso é o que pon o artigo. Así que déixate de victimismos porque non é o caso.

    Agora ben, el que faga o que queira e a súa camarilla tamén. Os mesmos que enarbolan os estatutos cando lle convén, e cando non, pois é unha imposición e todo o bla-bla-blá que puxeches.

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Xullo 2009
M T W T F S S
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
« Xuñ   Ago »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés