Outras fórmulas para distraer a atención pública. O racismo.

O movemento conservador está promovendo na sociedade unha actitude intolerante cos inmigrantes e, dalgún xeito está calando nela. Dende o PP criticouse no seu momento as regulacións de traballadores estranxeiros, denunciouse certa permisividade na súa entrada e, constantemente, acúsase este colectivo de reducir as potencialidades do mercado laboral ou de consumir os nosos recursos sociais (hospitais, comedores,…) sen aportar nada -o cal non é certo, pois non todos os inmigrantes traballan sen papeis e os que o fan, cando menos, consumen e no consumo todos pagamos unha importante cantidade de impostos. Pagamos impostos ata por comer e iso é algo que facemos todos-, responsabilízannos de quitarlle o traballo ós de aquí,…

Unha vez máis a isto préstanse os medios de comunicación conservadores pois, cada vez que un estranxeiro delinque alí están para contalo, van a captura do inmigrante sempre que dan unha noticia sobre servizos sociais, entrevistándoos a eles para que a cidadanía vexa onde van parar os nosos cartos. Isto tamén se pode ver cando se informa sobre o coñecido “Plan E” amosándonos sempre traballadores estranxeiros nas obras,… como si eles foses os únicos que sacan proveito do fondo estatal. A súa maquinaria electoral está sempre en marcha, non descansa, traballando continuamente  no subconsciente da xente para, chegado o momento das eleccións, soltarlle unha descarga emocional que os identifique co seu ideario. Nunca falla.

Vivimos nunha sociedade cargada de hipocrisía, unha sociedade que ve ben apadriñar a un neno africano por un euro ó día pero que non tolera que un subsahariano vaia comer a un dos comedores sociais da súa localidade ou, moito menos, compartir unha habitación con el nun hospital público. Por iso, cando un cidadán se atopa ante a disxuntiva de elixir entre un partido que defende a universalización dos servizos sociais a tódalas persoas ou aquel que se amosa intolerante co inmigrante, quédase con este último. Neste eido o BNG tamén ten moito que dicir, pois socialmente o nacionalismo, ó reivindicar os valores sociais, culturais ou económicos do país, é confundido co racismo. Urxe aclarar posicións.

Existe unha falsa percepción social de que co PP gobernando viviríamos nunha sociedade na que primaría a raza, e dicir, garantiríaselle o traballo -cando menos os mellores traballos- ós nacidos no país e, só para os de fora, si sobrase; terían acceso só a sanidade pública os que cotizasen para ela; e expulsaríase do estado a aqueles que non teñan recursos suficientes para a súa supervivencia. Aínda que o PP estivo oito anos dirixindo a política do estado -e en ningún caso levou a práctica ningunha destas accións- existe no imaxinario colectivo a crenza de que, de chegar o caso, si alguén está disposto a levar a cabo políticas represoras cos foráneos ese será o partido conservador.

Por iso, nun momento de crise como o actual, a cidadanía estase inclinando cara a dereita. A esta sociedade non lles preocupa perder dereitos socias adquiridos durante largos anos de loita social, dóelle máis telos que compartir cos de fora… e antes perderán do seu que permitir que uns recén chegados a nosa sociedade se aproveiten dos logros acadados.

6 comentarios en “Outras fórmulas para distraer a atención pública. O racismo.”

  1. E esquecemos qual foi o destino de milheiras de galegas e galegos durante os séculos XIX e XX: a emigraçom. Como dizia o Beiras no seu O atraso económico da Galiza “o povo galego é um povo bíblico, mesmo semelha que o segundo livro do Antigo Testamento se fixo pensando nel”.

    Gostei muito do teu artigo, umha aperta irmandinha

  2. Si,non sei si será comparable, pero a min lembroume o ocorrido na Alemaña nazi, onde a crise e o odio ao estranxeiro levou ao poder a Hitler. Hai certos sentimentos que manexados con unha demagoxia fácil poden levar a actos incribles.
    Saudiña

  3. A política que segue o PP sobre a inmigración serviralle para consolidarse a curto prazo porque a maioría das vítimas dos seus ataques, os inmigrantes, hoxe non votan, mais pasadas unhas xeracións, cando se vaian nacionalizando e tendo fillos nacidos aquí, esa fobia desatada cara eles pódese volver contra súa.

    Eu insisto, preocúpame que o nacionalismo galego non teña unha política clara ó respecto pois, que se pode ofrecer dende estas posicións a familias rumanas, subsaharianas, latinas, pakistanís, chinesas,…? Renunciará o nacionalismo ó seu voto, ó voto de tantos traballadores?

  4. Home, non é só renunciar ao seu posible voto. Ten en conta que a maioría dos países con sentemento profundamente nacionalista, agás algúns casos, son aqueles onde hai un número maior de inmigrantes, a segunda xeneración dos cales declárase tremendamente nacionalista. Así é fácil ver no espectro político de Catalunya apelidos coma Carod ( Aragonés) , González, Alonsos, Gutierrez,… Non che digo nada nos Ianquis, onde a pesares de seren todos extranxeiros, o seu sentimento do País é notable. Isto ten unhas razóns sociolóxicas, e aquí habería que telas en conta; quen sabe si a Galiza independiente conseguiranna segundas xeneracións de novos galegos?

  5. A min resulta-me gracioso que se creia que som os inmigrantes os que colapsam os serviços sociais pois numerosisimos estudos demostram umha e mil vezes que som os que menos os empregam. Máis alá da incalculável riqueza cultural que aporta a mestizage aos povos “invadidos” pola inmigraçom cabe destacar a calculável riqueza material que fai que se poidam pagar as pensións hoje no Estado Espanhol graças as cotizaçons dos extranjeiros, que haja serviços médicos graças as súas cotizaçons e impostos, etc. Nom é um dereito que adquirem sem mérito a el (algo que deberia ser así, universal polo mero feito de ser persona) senóm que o ganham sobradamente. Ás vezes máis merecido que os nativos daquí que abusamos dos serviços sociais sem motivos para faze-lo.

  6. Graciñas pola túa visita e o polo teu comentario, alégrame que che gustara o meu humilde blog, este teu tamé ten unha pinta estupenta, está moi completiño, non che perderei a pista.

Os comentarios están pechados.