O movemento conservador está promovendo na sociedade unha actitude intolerante cos inmigrantes e, dalgún xeito está calando nela. Dende o PP criticouse no seu momento as regulacións de traballadores estranxeiros, denunciouse certa permisividade na súa entrada e, constantemente, acúsase este colectivo de reducir as potencialidades do mercado laboral ou de consumir os nosos recursos sociais [...]
Thomas Frank, comentarista político estadounidense, presentaba nun dos seus libros, o publicado en 2004, What’s the Matter with Kansas?, a sombría imaxe duns votantes de clase traballadora repetidamente estafados mediante o recurso a puros fogos de artificio: O truco nunca falla, a ilusión nunca se disipa. Votade contra o aborto, recibiredes unha rebaixa dos impostos [...]






