Xuñ 03 2009
Traxicomedia
Si como afirmaba Horace Walpole “a vida é unha comedia para os que pensan e unha traxedia para os que senten”, o nacionalismo, como ideoloxía e movemento social e político que mistura pensamento e sentimento, debe ser unha traxicomedia.
Resulta cómico ver como logo de cada tropezón electoral a dirección do BNG atopa sempre un factor externo sobre o que fundamentar ese resultado: a prensa, un atentado, a españolización da política galega, a vulnerabilidade ideolóxica das súas bases, o poder económico da dereita,… Escusas que poden valer para conformar a razón de moitos votantes e militantes mais, si “todos nós temos dúas mentes, unha mente que pensa e outra que sente” como suxire Daniel Goleman, tamén será preciso darlle o seu a esta outra parte do noso ser.
Esta falta de respostas, debida a interrupción das conexións existentes entre os órganos de dirección do BNG e a base social do nacionalismo, provoca unha asombrosa ineptitude para calibrar o significado emocional dos acontecementos (insisto, non debemos esquecer que o nacionalismo ten unha dose moi importante de sentimento co que xogan -ou no que furgan- os movementos nacionalistas), producindo dentro da organización un mal endémico que lle fai perder a capacidade de conectarse coa sociedade dun xeito fluído e saudable. É o que en psicoloxía se chama “cegueira afectiva”. Esta é a parte tráxica do nacionalismo galego.
Crear páxina de impresión


















E atentos agora porque vim a muita gente nova antes identificada com o BNG mui ilusionada com a candidatura de Iniciativa Internacionalista… quiçais o povo esteja procurando novas carrilheiras para a soberania nacional que a esclerose do BNG de certo nom poderá ofererer-lhe porque já perdeu a sua oportunidade. Nós Sós! Umha aperta irmandinha
Dou fe do que dis. Quizais o pobo comece a abrilos ollos.
[...] especial para explotar en proveito propio cuestións que afectan emocionalmente ó electorado -o mesmo que tradicionalmente fixo o nacionalismo, só que agora tocando en tódolos campos que atinxen a todo ser humano-, así como a súa propia [...]
[...] 9.- A falta dunha concreción do que significa para o quintanismo o concepto “ultraminoritarios” e tomando como referencia a sociedade galega -o que vota a sociedade galega-, é o BNG quen corre un serio risco de acabar formando parte deste grupo, pois dun censo electoral de dous millóns e pico de persoas o BNG acadou pouco máis de 100.000 votos (nin medio pico) o que representa escasamente un 4,5 por cen dos que tiñan dereito a exercer o sufraxio activo. Non sei si resultará máis cómico que tráxico. [...]