#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Algunhas notas sobre o BNG e as eleccións europeas

Posted on 25 Xuño 2009 by xOsse dorrío Posted in actualidade, Eleccións Galegas 2009, política nacional 3 Comments
Share this on WhatsApp
Tweet

1.- O resultado das eleccións europeas demostra que, unha vez máis, os responsables do BNG se trabucaron ó facer unha análise da realidade social galega.

2.- Logo das eleccións galegas dicíasenos que fora un erro crer que os cidadáns ían votar ó BNG polo feito de ostentar o poder. Os resultados do 7-X proban todo o contrario, proban que unha parte moi importante dos votos acadados o 1-M chegaron ó BNG por simple inercia social, pola inercia do poder, e perdido este, ese caudal de votos desapareceu. Isto apréciase mellor no medio rural, onde a cultura democrática é menor, aínda que cuantitativamente non o pareza.

3.- Ese voto axudou, amais, a maquillar a perda de votantes dentro do electorado tradicional deste partido, onde a desafección crece de xeito exponencial, cada comicio celebrado, dende que o BNG ocupou posicións de goberno na Xunta de Galiza. Os críticos e desafectos foron desatendidos, ignorados, excluídos e, moitas veces, perseguidos, a sabenzas de que o seu lugar sería pronto ocupado por ese sector social, desidealizado, de baixo perfil cultural, que persegue ó poderoso,… quen queira que sexa.

4.- Perdeuse o poder e con el perdeuse ese caudal de votos e, sen embargo, non se recuperou un só voto entre os máis descontentes do nacionalismo, pese a celebración dunha Asemblea Nacional Extraordinaria (ANE). Porqué?

5.- Acostumo a culpar os dirixentes do partido da deriva ideolóxica do BNG, pero logo da derradeira ANE teño as miñas dúbidas, vexo máis responsables. Agora creo que tamén teñen unha parte importante de responsabilidade os militantes que, en moitos casos, venden o seu voto, os seus principios, a súa dignidade,… ós seus compañeiros, por unha paparota ou por una favorciño persoal -só así se pode entender que na ANE se premiara ós que nos levaron a esta situación e castigara ós que non tiñan responsabilidade algunha no sucedido-. Por certo, a que vos lembran estas prácticas políticas?

6.- Baltar e o baltarismo. Hai uns meses quedei cun compañeiro do EI aquí na comarca -de Allariz- e pregunteille si coñecía algo desta zona para darlle algunha referencia. Díxome que si, pero que non viña por aquí dende que Xardón se convertera ó baltarismo (e isto seica sucedera nos seus inicios como alcalde de Vilar de Santos). Resulta cómico, non?

7.- Agora chamámoslle quintanismo, pero este neoloxismo non é máis que un xeito máis noso de referirnos a aquel outro. No fondo e na forma, baltarismo e quintanismo, son a mesma cousa.

8.- Foi precisamente o quintanismo quen máis fobia amosou polo que eles denominaron “grupos ultraminoritarios” e os que máis forte apostaron por converter ó BNG nun partido de masas.

9.- A falta dunha concreción do que significa para o quintanismo o concepto “ultraminoritarios” e tomando como referencia a sociedade galega -o que vota a sociedade galega-, é o BNG quen corre un serio risco de acabar formando parte deste grupo, pois dun censo electoral de dous millóns e pico de persoas o BNG acadou pouco máis de 100.000 votos  (nin medio pico) o que representa escasamente un 4,5 por cen dos que tiñan dereito a exercer o sufraxio activo. Non sei si resultará máis cómico que tráxico.

Todas as utopías socialistas comezan a tambalearse

tan pronto como a boa comida abunda en todas as casas”

Werner Sombart, Mohr, 1906.

Share this on WhatsApp
BNG Comicios Electorais
« Da utopía a distopía
Fogos de artificio »

3 thoughts on “Algunhas notas sobre o BNG e as eleccións europeas”

  1. O Afiador da Galiza says:
    26 Xuño 2009 at 06:18

    Este povo segue vivo e nom a tardar em solicitar que se artelhem novas fórmulas políticas, e quando isso chegue nom vam andar com as caralhadas dalguns repartidores de poder, que, por certo, que lhes “vaya bonito”.

    Nós Sós!

  2. xOsse dorrío says:
    27 Xuño 2009 at 17:23

    Concordo,… Nós Sós!

  3. Nebra says:
    28 Xuño 2009 at 22:03

    É máis loado botarlle a culpa aos galegos e galegas, que recoñecelos propios erros. Na miña modesta opinión perdeuse unha oportunidade única. Esta visto que o poder trunca ideais e algunha xente é moi maleable.
    Descoñezo que pasou noutros concellos, no meu, acolleuse a xente oportunista unha vez que chegamos á Xunta. Xente que antes estaba noutra diáspora ou máis próxima aos que sempre ostentaron o poder, pero que non tiveron moitos problemas en acubillarse á sombra dos que sempre repudiaron.
    Por certo, non me esquezo de denunciala falta de Democracia que habían na nosa Asemblea Local que me obrigou a negarme fai uns anos a ir nunhas listas municipais, porque na asemblea a que habíamos sido convocados xa levaban feita a lista e outorgados os postos, sen que aínda dixera se aceptaba ir ou no. Algúns déronse conta da miña actitude porque pola maña había estado no Concello a compulsalo meu DNI.
    O tempo pon a cada un no seu sitio. Pasaron esas eleccións e algúns dos que estaban por riba de min na lista e que nin eran militantes, fóronse co vento. Isto aconteceu demasiadas veces.
    Aínda que dubide que recunque a afiliarme a outro partido, si que agardo por uns nacionalistas de verdade que respecten ao seu electorado para darlle a miña confianza, aínda que só sexa nas urnas.
    Supoño que se alguén me lee diga o contrario, pero saben ben que non acostumo a mentir.
    Polo resto, concordo plenamente cos seus nove puntos de vista, pero seguro que aínda hai moitos máis.

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Xuño 2009
M T W T F S S
« Mai   Xul »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Pages

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (73)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés