Animais políticos!

Seica o AVE vai pasar por Baños de Molgas e por Xunqueira de Ambía a traveso, esnaquizando todo a seu paso e por iso estivo por alí esta semana o senador Xosé Manuel Pérez Bouza, para alentalos a que lle fagan fronte. Non sei o que este homiño lle diría aos meus veciños; imaxino que soltaría moita palabrería, como é costume nestes casos, e ningunha solución.

Coñezo ben cal é a súa estratexia: non facer nada. Hai anos xa, cando andabamos a voltas coa defensa do Monte da Farria a súa resposta foi: “non fagades nada”. Cando acudimos a Consellería de Industria, dirixida entón polo BNG, a súa resposta foi non facer nada. Ben, neste caso aínda fixeron menos que nada, pois Xardón acabou por aquel entón presentado unhas xornadas a favor do medio ambiente cun dos donos dunha das empresas que explotaban aquela canteira –hoxe imputado por un delito de danos ao medio ambiente-, o seu “amigo Antonio”, segundo me confesou.

A súa estratexia é non facer nunca nada porque, argumentan, “a última hora virá o Alcalde, fará catro obras, e arrabuña os votos todos”. Así que, ordena, estar presente en tódolos conflitos e, onde non os hai, crealos, porque así, malo será, non academos o voto dalgún cabreado.

Non cre nas posibilidades do grupo local da vila nin fai nada para que as súas posibilidades crezan. Non lle interesa que xurdan “homus novus” na comarca que lle poidan facer sombra, para así conservar o seu trono sen resistencia e sen nunca gañar un cargo orgánico nas urnas (senón a base de trepar polo enramado interno da organización).

A conduta deste personaxe é tan noxenta que lle dixo aos responsables do BNG na zona que non fixeran nada polos veciños ata que se viran ben apertados, que non moveran un dedo ata que estivesen realmente desesperados. É un verdadeiro animal político, cuxa actitude é tan desprezable como a que ten o alcalde do meu municipio en cada campaña electoral. Ben aprenderon os (ir)responsables do BNG, pois xa saben explotar, coma ninguén, as miserias humanas.

Ao revés do que sucedía co Rei Midas, esta nova xeración de políticos, todo o que tocan se converte en mediocridade.

Artigo relacionado: Apuntarse a todos os bombardeos (por Roi Sordo, xgaliza)

13 comentarios en “Animais políticos!”

  1. Boas, Xosé,

    Ainda que noutros casos gusto moito dos teus artigos, neste teño que discrepar rotundamente. Eu oín falar ao senador, e o que dixo non ten nada que ver co que indicas aquí.

    Teremos máis ou menos acerto, pero xa levamos fai meses apoiando aos veciños, tanto en Baños de Molgas como en Xunqueira de Ambia, facendo reunións e, sobre todo, evitando que sexan estafados por esa empresa valenciana afín ao PP (cheira a Gurtel). Sobre iso sí podías escribir un artigo, pois a actuación desta empresa é realmente noxenta.

    Espero que algún día podamos contrastar máis detenidamente as nosas opinións, pois penso que neste caso guíaste por unha información distorsionada.

    Saudos

  2. Ola Alberte:

    Cando digo que o tren ven de atraveso esaxero. Cando afirmo que o senador vai recomendando por ahí que non se faga nada, non. É algo que eu lle oín moitas veces por iso non me sorprende que neste caso dixese o mesmo.

    Estou seguro que a túa labor e a dos demais compañeiros e “noble” [ 8) ] e moi distinta da que aconsellla ‘Pérez’. Afortunadamente non sodes coma el e, desgrazadamente, hai que ser coma el para chegar a postos de responsabilidade.

  3. Pois sinto decirche que sigo discrepando rotundamente. O senador non nos recomendou “que non se faga nada”, senón polo contrario, movernos e axudar á xente.

    Xa a mediados de outubro fixemos unhas reunións informativas en Vide, Ponte Ambia e Merí, e vimos dende entón facendo todo o que podemos.

    Polo tanto, non lle vexo sentido ningún a esta afirmación:
    “A conduta deste personaxe é tan noxenta que lle dixo aos responsables do BNG na zona que non fixeran nada polos veciños ata que se viran ben apertados, que non moveran un dedo ata que estivesen realmente desesperados”.

    A min non me dixeron nada de ésto, senón máis ben todo o contrario: “Hai que axudar a todos os veciños, voten a quen voten”. Ésta sí que é unha frase real.

    Saudos

  4. Pois eu sinto decirche que non creo o que dis. As túas razóns terás -persoais- para afirmar o que afirmas, diso estou seguro… e non digo nada máis, que xa bastante teño visto e oido. Unha aperta!

  5. Pois eu insisto en que estás falando dunhas conversas nas que ti non estiveches presente, pero eu sí. Polo tanto, a miña información é máis exacta que a tua. Non entendo a tirria que lle tes ao BNG. Ogalla empregaras o teu talento en darlle caña ao PP ou ao PSOE. Vouche indicar as afirmacións que non son correctas.

    “E por iso estivo por alí esta semana o senador Xosé Manuel Pérez Bouza, para alentalos a que lle fagan fronte”. FALSO. O motivo de que viñera o senador foi máis ben para alentarnos a traballar en favord e todos os veciños nas cuestións relacionadas co AVE, non para facerlle fronte ao AVE.

    “Así que, ordena, estar presente en tódolos conflitos e, onde non oshai, crealos, porque así, malo será, non academos o voto dalgúncabreado.” FALSO. Non foi iso o que se nos indicou. Non pretendemos captar o voto dos cabreados, senón ao contrario, que grazas á nosa axuda os veciños estén contentos, e que non os estafe unha empresa valenciana afín ao PP.

    “Non cre nas posibilidades do grupo local da vila nin fai nada paraque as súas posibilidades crezan”. FALSO. En primeiro lugar, penso que sí se apoia aos grupos locais do BNG da comarca. En segundo lugar, para que as posibilidades dun grupo local do BNG crezan, a principal responsabilidade é do propio grupo local. O Pérez axudará levando mocións ao senado e co que faga falta, pero é o propio grupo local ten que traballar día a día no seu propio concello. Exemplos: Allariz, Vilar de Santos, A Bola, Maceda, etc.

    “Non lle interesa que xurdan “homus novus” na comarca que lle poidan facer sombra, para así conservar o seu trono sen resistencia e sen nunca gañar un cargo orgánico nas urnas (senón a base de trepar polo entramado interno da organización).” FALSO. Se por nós fose, xa nos gustaría que na comarca todos os concellos tivesen os resultados de Allariz ou Vilar de Santos. Eu conformábame con que en toda Galicia o BNG tivese as porcentaxes que acada na Porqueira. De feito, se non fose pola cacicada do Baltar e a impresentable ex-psoe, o Pérez tería sido alcalde na Porqueira no ano 2003. E “novi homines” penso que pode haber polo menos cinco na comarca, tantos como alcaldes do Bloque. Ogallá todas as comarcas galegas tivesen cinco alcaldes bloqueiros!

    “A conduta deste personaxe é tan noxenta que lle dixo aos responsables do BNG na zona que non fixeran nada polos veciños ata que se viran ben apertados, que non moveran un dedo ata que estivesen realmente desesperados.” TOTALMENTE FALSO. Non foi iso o que nos dixo, ademaís de que ti non estiveches alí presente para confirmalo ou non. Algúns levan traballando no tema dende mediados de outubro, como indicaba nun post anterior.

    Conclusión: máis traballar e menos criticar!!!

  6. De ben nacidos é ser agradecidos, Alberte. Non? Cando a ti che entraron as gañas de traballar outros xa levabamos anos facéndoo.

    A estas alturas non me vas a presentar ao Sr. Pérez e si te preguntas porque esa “tirria” xa o teño dito: velaquí. Non dixiro ben que me enganen, xa ves. A outros parece que vos da igual.

    Tampouco me pasan desapercibidas as túas verdadeiras motivacións para facer esta defensa a ultranza. Sabes como crecer no seo interno do BNG. Mágoa que non saibades como facer crecer ao BNG.

    Non entendes que hai persoas que o que realmente detestamos é o caciquismo, veña de onde veña. A min non me motiva darlle caña ao PSOE, nin ao PP, nin ao BNG, senón a calquera cacique sexa da cor que sexa, e desta condición, dentro do caciquintanismo, hai poucos que se libran -librades-. Como senón entran -ou entrades- a traballar no Concello de Ourense algunhas persoas sin estar nas listas de contratación temporal (podes botarlle unha ollada, non vexo o teu nome) e outras, que levan -levamos- máis de dous anos nelas nin sequera foron -fomos- chamados para unha entrevista?

    De verdade pensades os caciquintanistas que a xente é parva? Sempre estades falando de lealdade, de traballar,… para que? Para catro listos coma ti? A min dáme igual quen caciquee, peperos ou quintanistas, cando alguén o fai, estanme prexudicando, por que eu non o fago. Entendes?

    E agora vesme botándolle margaridas ao porco! Anda rapaz…

  7. Amigo Xosé Antón,

    Penso que levamos esta discusión algo lonxe. Tal vez fun algo brusco nas miñas afirmacións, pero débese a que o BNG é o único no que creo, e doeme moito cando o atacan.

    Algún día, tomando unhas cañas en Xunqueira, comentareiche con máis detalle as miñas circunstancias. Simplemente direí eiquí que non teño intención algunha de medrar no BNG, que a lista de contratación temporal que puxeches e de data maio de 2008, que no concello hai tamén listas de interinidades (nun e-mail privado mandareiche un enlace para que podas comprobar que estou inscrito), que nas miñas titulacións hai poucos titulados en Ourense e bastante demanda das empresas e administracións públicas (pódelo comprobar na mesma lista que enlazaches e na RPT), que gano moito menos na administración do que ganaba na empresa, e que eu non son da UPG, nin de ApU nin nada similar.

    Penso que os veciños de Xunqueira temos que estar unidos frente ao noso enemigo común: o cacique Gavilanes. E penso sinceramente que o teu blog aporta moitísimo a todos os ourensáns e a todos os galegos, ainda que en contadas ocasións discrepe do seu contido.

    Unha aperta

  8. Perdoa rapaz, eu aos caciques non os distingo.

    A lista de 2008 é a lista que hai de contratación temporal, non hai outra, e da que se debe tirar para facer contratos temporais. Tamén hai poucos da miña categoría (Licc. en Dereito) e asegúroche que nestes dous anos contrataron uns cantos… eu non fun chamado nin sequera para unha entrevista, que xa é triste. Porqué? Por que non ando polos despachos de ninguén. Iso teño claro, e que non me agarden!

    En materia de contratación, e en moitas outras -aí está o caso dos paneis- este goberno non é tan diferente dos do PP.

    Enganaredesvos entre vos, no voso círculo cerrado, entre os que estades dentro do remuiño, pero fora del, asegúrovos, a xente ve o que hai. Insisto, non é parva.

    O que ocorre en Ourense non é tan diferente do que ocorre en moitos outros concellos, dame igual a cor, por iso cando Gavilanes contrata a un traballador ninguén dubida das razóns que motivaron dita contratación. O mesmo se pode decir de calquera contratación que se realice en Ourense. Si por riba te pos en evidencia dicindo todo o que dis…

  9. Home deches no cravo. Pero aínda temos máis desa especie eiqui en Maceda. Subíronselle os fumes a testa a moitos que ocupan cargos temporais. Son tan bestas, que non se decatan que van estar catro anos, e do xeito que están a facer as cousas, faria falla unha milagre. Eu son cristián, creo neles, pero iso sería pedir imposibles.

    Que fai un cristian no BNG? Pois decatarme de que é un erro a miña presenza; pero tamén descubrín xente moi cercana, penso que nin eles mesmos notan o cerca que están de ser cristiáns.

    Tamén atopei moita berborrea barata, sin mensaxe, repetida unha e outra vez.

    Crin que a Galiza que soñei, coma país, cunha lingua e identidade propia, cunha cultura envexable, unhas mulleres e homes traballadores, con coraxe, afeitos a adversidade, loitadores por un futuro mellor…crin que iste soño sendo cristián se podia levar a cabo dentro do BNG.

    Se a militancia tivera o poder de decidir libremente, sen coacciós, outro galo cantaria. É a metade da fauna salvaxe que a domina, seria votada fóra por traidora.

  10. Dentro do BNG -imaxino que dentro de outros partidos tampouco- non hai liberdade e sen esta non pode haber democracia. Ti coñeces coma min as presións a que todos os militantes se viron sometidos para a elección de delegados na derradeira Asemblea Nacional, especialmente dende o caciquintanismo de +BNG, ao abeiro dos cargos políticos que acadaran co esforzo e o voto de outros.

    Como xa dixen noutros foros, pouco teñen que envexar ao caciquismo de Baltar, coa diferencia de que este sabe sacarlle rendabilidade política a esta práctica cuasi que mafiosa. As cacicadas do bloque só serven para crear dimisións e disensións internas alá onde gobernan, feito que os levará, inevitablemente, a perda do poder, como xa ocorreu coa Xunta de Galicia.

    Para conservar o poder é unha condición sine quanon manter o apoio dos que te votaron catro anos atrás, sen embargo, estes animais políticos desprezan aos cidadáns que os elixiron e van a procura do voto de aqueles que non os votan, o electorado do PP. Como dixera naqueles outros lares: “son tan parvos que cren que van atopar apoios no electorado do PP. Digo en serio, creno. Son parvos. En serio”.

    Para min o diagnóstico é claro: o BNG é unha organización gravemente enferma.

Os comentarios están pechados.