Atrapados polo pasado

O día 7 Febreiro 2010, clasificado en: actualidade, política nacional, por xOsse dorrío

O pasado non dá tregua. “Galicia ten dereito”. Pode afirmarse o dereito dun territorio a vez que nega ese mesmo dereito a outros? “O recurso de inconstitucionalidade é un ataque do Goberno a Galicia”. Pode entenderse como un ataque a Galiza a presentación dun recurso de inconstitucionalidade dunha norma emanada do Parlamento de Galiza e negar ese ataque a un pobo cuxa norma, o Estatut de Catalunya, foi ratificada polo noventa por cento da cidadanía?

Demagoxia. A actidude do Partido Popular comeza a pasarlle factura a Feijóo: primeiro puxo tódalas trabas para a aprobación dun Estatuto de Nación en Galiza, un proxecto de Estatuto que pretendía non quedarse atrás na asunción de dereitos respecto a outras nacións do estado; logo a agresiva pre-campaña e campaña electoral na que non dubidou en facer promesas de imposible cumprimento e de dubidosa legalidade (como dar liberdade aos pais para que elixan a lingua na que estudar seus fillos).

Incoherencia. Non é cogruente pedir ao goberno do estado que non presente un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas ao tempo que manteñen un recurso contra o Estatut de Catalunya negando ao pobo catalán uns dereitos que eles mesmos, cunha ampla maioría, respaldaron en sufraxio universal. Tal vez debería comezar o PP por retirar o recurso que mantén contra o Estatut catalán, dar mostras de que respecta o dereito de outros pobos para logo esixir ese mesmo respecto polo pobo galego. Do contrario, a súa posición non resulta crible, por interesada.

Resposta. Agora que ao PPdG lle entrou esa vea “galeguista”, o BNG debería presentar o seu proxecto de Estatuto no Parlamento de Galiza, para medir ata onde o Sr. Feijóo está disposto a defender os dereitos dos galegos.

Tagged with:  

2 Respostas to “Atrapados polo pasado”

  1. Umha outra aldrage e já nom sei quantas vam. Boto em falta umha reflexom tua sobre a RdR. Umha aperta irmandinha

  2. Como non estiven cústame dar o meu parecer, mais vou tomando nota de todas e cantas análises e anotacións facedes os que si acudistes dende a páxina da Rolda de Rebeldía no facebook. Unha cousa si podo afirmar, de acordo co que sinala Xoan Hermida: a Rebeldía debe seguir.

deixa o teu comentario

Do NOT fill this !



Arquivo, mes a mes

Arquivo de mOendo

Febreiro 2010
L M M X V S D
« Xan   Mar »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
Pechar
  • Webs Sociais
  • E-mail
E-mail It