Homeostase

O día 9 Febreiro 2010, clasificado en: actualidade, política nacional, por xOsse dorrío

A homeostase é o equilibrio que mantén a un ser vivo co seu entono, é a característica mediante a cal se regula o ambiente interno dun organismo para manter unha condición estable e constante nun sistema aberto ou nun sistema cerrado, especialmente nos seres vivos.

Tódolos sistemas vivos -as organizacións (empresas, asociacións, partidos,…) hai que entendelas como tal- na súa natureza aparecen como sistemas abertos, posto que dependen do seu entorno para sobrevivir e desenvolverse e, polo tanto, están abertos a influencia do mundo exterior.

Unha organización, a diferencia de doutros sistemas vivos, debe ser consciente de cales son os seus compoñentes: os seus límites (físicos, temporais, sociais, culturais,…), a súa cultura organizativa (democrática, totalitaria, adoutrinada, asemblearia,…), a súa misión e os seus obxectivos (políticos, sociais, económicos,…) ou os medios de que dispón para logrado, entre outros.

Entre estes outros está o entorno, isto é, todo aquilo que está fora dos límites da organización e co que deberá relacionarse de xeito eficaz para sobrevivir e desenvolverse. Así, ante o entorno unha organización pode actuar de tres formas:

  • Ignoralo, cerrarse a el, o que equivale a morte da organización a medio prazo. Isto é o que propón a UPG ao negarse a debater coa sociedade civil, convocada pola Rolda de Rebeldía, por tratarse de «xente de fóra«. Din dende esta organización que a Rolda de Rebeldía é “un encontro autodestructivo para o BNG”. Ao contrario, o realmente destrutivo é a actitude sectaria da UPG que impide a retroalimentación da organización.
  • Tratar de controlalo. Isto é practicamente imposible, reservado a escenarios extremadamente autoritarios e disciplinados. É o que Paco Rodríguez logrou internamente na UPG e, en parte, no BNG, mais non coa sociedade galega.
  • Equilibrar as necesidades propias coas do entorno. Dentro do BNG seguen esta liña +BNG e Encontro Irmandiño mais cunha clara diferencia entre as dúas organizacións: o respecto polos demais compoñentes, especialmente dous deles: límites e cultura organizativa. Así, o Encontro Irmandiño establece os seus límites na esquerda social e mantén o respecto pola cultura organizativa tradicional (nacionalista, frontista, asemblearia e democrática), mentres +BNG aposta por unha apertura ao centro e pola organización propia do partido clásico. Sen estes dous compoñentes o BNG ben podería ser outra cousa, por exemplo o PP, e porse a competir neste eido levaría tamén a destrución da organización.
etiquetas:  

2 Respostas to “Homeostase”

  1. Umha boa entrada companheiro. Cumprimentos



arquivo de mOendo

Febreiro 2010
L M M X V S D
« Xan   Mar »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes