#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Dos partidos e correntes ideolóxicas ata ós actuais grupos de poder. A fin do frontismo no BNG

Posted on 15 Maio 2009 by xOsse dorrío Posted in política nacional 14 Comments

Un grupo de cargos e altos cargos do BNG reúnense en Ourense semanas despois da derrota electoral do 1 de marzo nas elección galegas. A súa preocupación máis inmediata: manter posicións dentro da estrutura do BNG. Para logralo buscan reunir o maior número de apoios para poder negociar coa UPG buscando, principalmente, entre aqueles ós que beneficiaron durante os derradeiros anos dende os órganos da Xunta de Galiza en forma de conivencia, prebendas, clientelismo e outros favores. Estaba nacendo a PpP (Plataforma polo Poder) que máis tarde se chamaría +BNG.

O BNG naceu como unha fronte de partidos coa intención de aglutinar nunha soa organización a masa social nacionalista galega, ata entón espallada en partidos de moi diversa natureza. Para que o invento funcionase era necesario dar voz e voto a todos e todas as persoas que o forman, pondo en funcionamento un sistema asembleario extremadamente participativo e democrático, nuns momentos onde as comunicacións, tanto físicas como virtuais, non eran as de hoxe. Este sistema nunca foi un impedimento para que as diferentes faccións do nacionalismo chegasen a acordos tanto na liña política a seguir como na dirección dos seus órganos. Sen embargo, ó abeiro do poder, os dirixentes do BNG decidiron mudar de sistema, optando polo representativo, que disque é máis moderno e dinámico, máis propio dun partido do século XXI, un sistema que nos divide antes e non é capaz de xuntarnos logo, imposibilitando calquer tipo de acordo e radicalizando cada vez máis as diferentes posicións.

Porque sucede isto? Porque os obxectivos dos diferentes sectores que conforman o BNG xa non son os mesmos: Galiza e os galegos. Agora o obxectivo é acadar o poder, primeiro internamente e, logo co entendemento co PSOE, aquí si, nas diferentes institucións galegas: concellos, deputacións e Xunta de Galiza. Resulta paradoxal que, o mesmo tempo que estes novos grupos de poder reclaman e defenden a necesidade dun entendemento co PSOE como única alternativa posible ó Partido Popular nas institucións públicas galegas, sexan incapaces logo de acadar acordos internos dentro do BNG. É máis, adícanse a dinamitar a concordia que tradicionalmente se viviu entre os diferentes partidos e correntes que forman a fronte a hora de conformar os postos de dirección e, o que é máis importante, os postulados políticos.

Unha das condicións que baixo ningún concepto pode obviar unha minoría social, e o BNG non deixa de ser unha minoría en Galiza, para ser influínte na sociedade a que pertence, será a consistencia coa que a minoría se amose ante a maioría. Será preciso manter unha consistencia diacrónica, e dicir, mantemento dos postulados nacionalistas con coherencia ó largo do tempo, e unha consistencia sincrónica, onde as diferentes persoas que conforman a minoría manteñan a mesma postura dun xeito coherente. Na actualidade o grado de consistencia que os membros do BNG están facendo chegar sociedade galega e o máis baixo dende a súa fundación e así a súa capacidade de influír nesta é practicamente nula, pois moitos dos principios fundacionais e fundamentais do nacionalismo están sendo derrubados (democracia directa, fraternidade, principios políticos,…) pouco a pouco.

A verdadeira homoxeneidade do BNG radicou sempre no estrito respecto a súa heteroxeneidade. Non se pode falar agora dun Bloque uniforme se nel falta algunha das partes que o compoñen e, hoxe en día, son moitas as que perderon o seu sitio dentro da organización. O BNG semella un puzzle vello no que faltan pezas e/ou hai pezas equivocadas.

Esta situación tamén ten que provocar un período de reflexión interna dentro destas correntes e partidos pois, si se adheriron o BNG (ou xurdiron do seu interior) para conformar un corpo único e agora non son máis que un apéndice inservible no seu seo, para que seguir aí dentro? Para facer oposición interna? Para seguir os postulados que marque unha maioría e cos que non se concorda? Ó igual que moitos compañeiros irmandiños penso que é o momento de ser valentes, de dar un paso adiante e crear unha nova fronte, capaz de atraer a todo o nacionalismo que agora orbita arredor do BNG e recuperar todo o capital social desperdiciado por esta organización nos últimos anos. É o momento de tentar dende fora o que, debido ó control que os grupos de poder ten sobre o partido, non se puido acadar dende dentro.

BNG Encontro Irmandiño opinións xOsse dorrío
« Recruase a loita entre relativismo e universalismo cultural en Galiza
O discurso incoherente de Aymerich »

14 thoughts on “Dos partidos e correntes ideolóxicas ata ós actuais grupos de poder. A fin do frontismo no BNG”

  1. Paco says:
    15 Maio 2009 at 18:54

    Os meus parabéns, estas facendo un resumo cravado ao meu pensamento. É verdade, polo poder chegase antes a acordos co PSOE que cos propios ¿compañeiros?.
    Ao mellor cumpre crear outra fronte, pero no meu caso coido que non me volverei a afiliar a ningún partido, saín moi decepcionado do BNG e iso que tiña amigos parlamentarios, sendo militante raso, que só lles interesaba pola cota, para pegar carteis e que lles votase interminables horas nos colexios electorais.

  2. xOsse dorrío says:
    15 Maio 2009 at 21:36

    Polo pan baila o can, di o noso refraneiro. Será dificil facer entender a sociedade o comportamento que están tendo algúns dos responsables do BNG, especialmente entre os nacionalistas, que ven como o Bloque vira as costas a unha parte importante da súa propia militancia para abrazar o PSOE.

    A creación dunha nova fronte é precisa para recoller a toda esa base social que vai abandoando o BNG -e que o BNG nunca recuperará- e que non atopa outra opción política a que votar porque, estou seguro, esas persoas non votan nin PP nin PSOE.

  3. carballés says:
    15 Maio 2009 at 22:39

    Estou totalmente dacordo coa posibilidade da criación dunha nova organización fóra do actual BNG. Pensaba o mesmo antes da Asemblea e agora con máis motivo, pero poden os irmandiños facer tal chamamento logo do seu comportamento totalmente cainita coas compañeiras e compañeiros que conformamos inicialmente as Listas Abertas e que fomos totalmente laminados??.

  4. Filipe Diez says:
    15 Maio 2009 at 22:53

    Ola Xosé e lectores do blog:

    Son lector habitual deste blog, que figura no blogroll do que administro xunto cuns compañeiros. Sempre leo con interese as reflexións que aquí se publican, pola valía intelectual e a creatividade que o seu autor demonstra, aínda que non sempre concorde coas conclusións extraídas.

    Mais neste caso, a miña discordancia é sonora, e dígoo desde o respecto pola postura expresada por Xosé Dorrío e desde a comprensión de quen está acostumado a facer parte de minorías. Non me estenderei nas miñas razóns, porque foron publicadas no noso propio blog, onde podedes ler a nosa posición sobre o asunto. Direi somente que, na miña opinión, a tarefa dos que hoxe somos minoría no BNG debe consistir en alargar o BNG tanto en militancia como no seu espectro ideolóxico e na súa capacidade de incidencia social, ao invés de dedicar os nosos esforzos á creación de organizacións cuxa viabilidade é pouco probable.

    Saúdos cordiais dun compañeiro do BNG que desexa seguir a selo, desde a discrepancia respectuosa ás veces, e desde a coincidencia case sempre.

  5. xandaspipas says:
    16 Maio 2009 at 00:22

    Concordo coa túa analise. Eu xa non agardo nada do Bloque, deixei de crer fai un tempo. Non sei o que é nacionalismo, nin esquerda, nin nada, penso que non entendo nada de política. Síntome horfo.
    Semellan todos dúas caras da mesma moeda.
    O único que atopo son comisarios políticos aos que teño que amosar o meu “pedegree”, ou xestores que pensan que o fan todo ben, nunha especie de despotismo altivo que nos mira desde a altura e que nos fai sentir un pouco “imbéciles e escuros” .
    En fin, será que agardaba algo mellor.
    Outra fronte? , non sei si será posible, non sei si teño ánimo para volver crer.

  6. unmais says:
    16 Maio 2009 at 08:55

    O Encontro Irmandiño compañeiro Carballés nunca se chamou as listas abertas , animou moito a facelas , e a partir de ese momento todo o mundo ten dereito a facer as listas que consideren oportunas o C .Nacional . Saude e Terra.

  7. Xoán says:
    16 Maio 2009 at 10:01

    Como teoría útópica, está ben a creación dunha nova frente cós desencantados do BNG.Poñendo os pes na terra semellame unha tarefa ardua e por qué non dicilo, imposibel, por diversos motivos, entre eles a falta de cartos, de coñecemento dos descontentos, e o que é fundamental a unidade con baseamentos palpables nun documento, que explique o programa da utópica frente.
    Hai outra eiva, que o desencanto chega a tal punto, que como no meu caso, estamos fartos de traballar por unha política nacionalista e de esquerdas que cada vez máis escora cara a dereita.Con este panorama non temos gañas nin de informarnos da política, agás entradas en blogs deste tipo, moito románticos pero pouco prácticos, e descargar a nosa incapacidade para levar a bon porto políticas consecuentes, tanto dentro como fora do BNG.
    En calquera caso si hai xente capaz para conquerir unha nova fronte de amplo espectro, pois adiante, pero non creo eu xa en ningunha milonga nacionalista; único para xuntarse de vez en cando para xogar unha pachanga e voltar para a casa, pero sempre derrotados.

  8. xandaspipas says:
    16 Maio 2009 at 12:30

    Quixera ter a capacidade de expresión de Xoán. O que dis é o meu pensamento expresado dun xeito axeitado.
    É unha utopía, pero os obxectivos, as veces, terían que ser un pouco utópicos, non? Dígoo por ese “romanticismo” preciso as veces por ter algo polo qué loitar.
    O feito de estares desencantados da práctica política, non debe amosar que as teorías son malas, o que erran son os que a poñen en práctica.
    En fin, pouco ou nada hai que facer.

  9. aslan says:
    16 Maio 2009 at 13:00

    “Na actualidade o grado de consistencia que os membros do BNG están facendo chegar sociedade galega e o máis baixo dende a súa fundación”
    A que atualidade te refires? Do que eu recorde (dende a Asamblea do Carballiño) o BNG viviu na tensión permanente entre ser a casa común do nacionalismo e ser unha organización fortemente centralizada na sua dirección. Beiras participou neste proceso no que na Executiva e no Consello se repartían os postos entre camariñas, partidiños, colectiviños etc. Os únicos que non atopaban o se sitio eran os independentes, a moeda de cambio de cada proceso asambleario. Na Asamblea da Coruña Beiras mesmo deixou tirados os seus compañeiros de EN para pactar con Quintana. A imaxe de consistencia naquel intre visibilizábse nas portadas dos xornais coa nova dun Beiras fundador de EN sendo expulsado do seu propio partido.
    Esa reunión de Ourense da que ti falas tivo os seus antecendentes en moitas reunión parellas nas que dirixentes do PNG, UPG, EN, INZAR etc, se repartían o poder interno na representación de un ritual de “lexitimación” (G. Ferrero dixit) que dera a imaxe de unidade cara fora e cara dentro. A pregunta que che faría é a seguinte: Porqué si valía entón, non vale agora a mesma ritualidade lexitimadora?
    Dirás que o problema está na desaparición do asamblearismo. Pero non esquenzas que a perda do asamblearismo foi lexitimada legalmente nunha asamblea nacional aberta. En realidade no BNG nunca houbo eso que ti chamas o “estricto respecto a heteroxeneidade”. A discrepancia sempre foi penalizada e o que non se acubillaba nunha das bandeiras internas estaba perdido no medio do monte.
    Na miña humilde opinión o problema actual do BNG e outro: a superación do sindrome do Bautista ( e non me estou referindo a B. Alvarez). O BNG viviu a etapa de crecemento dende o discurso prometeico que anunciaba os “tempos son chegados”. Mais cando das promesas dun novo mundo o BNG pasou a ter que xestionar ese novo mundo dende o poder institucional, moitos cairon no desencanto. Qué esperaban? Que da noite pra mañá amencera a patria socialista e soberana? O quintanismo foi a versión galega do pragmatismo nacionalista, e ese foi o seu pecado: o paraiso non chegou.
    Os de +BNG son militantes do BNG que deciden crear un proxecto que dea continuidade ao quintanismo, e iso é tan lexítimo como a existencia de EI, da UPG ou de calquer outro grupo interno do BNG. E o EI atopáronse coas costas da militancia e eso tamén é lexitimo e legal.

  10. aslan says:
    16 Maio 2009 at 13:18

    Sobre a tensión entre “lexitimidade e legalidade” que se cita en outro post, recomendaríache que revisaras as orixes do pensamento de G. Ferrero, xenro de Cesare Lombroso co que escribiu La donna delincuente, la prostituta e la donna normale en 1893. C.Lombroso e o representante mais notorio da sociobiloxia espenceriana que entre outras cousas tratou de demostrar que a delincuencia tiña unha base xenética e que mesmo nas formas anatomicas dos indivíduos podíase rastrexar o seu caracter delincuencial. con estos bimbios poucos cestos podemos facer. Para fundamentar un discurso sobre a lexitimidade da decisión de sustituir o asamblearismo do BNG pola representación delegada hai outros autores mais acaidos.

  11. estrela says:
    16 Maio 2009 at 22:39

    Ao dia seguinte da asemblea ( a mais frustante á que asistin ) díxéronme o mesmo que ti escrebes uns simpatizantes (Traballan, defenden, colan carteis, son intervetores…..). Por que os irmandiños non saíamos do bloque para ter a quen votar.Calculo que nas últimas xa non votaron, tamém xa nin os chamaron para nada. Nin siquera para ser interventores.
    Eu concordo contigo, só que o engulo para dentro.

  12. Anxo Bama says:
    11 Xuño 2009 at 00:29

    Moi interesante o teu blogue

  13. xOsse dorrío says:
    11 Xuño 2009 at 22:57

    Grazas!

  14. Pingback: *mOendo do Revés » Homeostase

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Maio 2009
M T W T F S S
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
« Abr   Xuñ »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés