#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Pero isto que é!?

Posted on 15 Abril 2009 by xOsse dorrío Posted in actualidade, política local, política nacional 2 Comments

Xa pasaron casi dous anos, cando antes dunhas municipais escribía como no meu Concello, Xunqueira de Ambía, se amedrentaba a xente a base de prácticas que se poden calificar de moitas formas menos democráticas, respetuosas coa liberdade dos cidadáns e, moito menos, honestas na disputa política. Cando escribín aquilo pensaba que o meu partido era ben distinto.

Agora atópome con que os que ten medo, os que sufren chantaxe, coaccións e presións son os meus propios compañeiros de partido. Agora non é o señor Sr. Gavilanes, son Xosé Manuel Pérez Bouza (quinigá), o Responsable Comarcal,  o que, entre outros, vai de cociña en cociña sacando do saco vellos favores, prevendas,…  ou recurrindo a demagoxia e o engano, realizando falsas promesas. Non é a primeira vez. Só fai falla que agora se poñan a carrexar votos (ainda que, ben pensado, tampouco sería a primeira vez); seguramente este sábado vexamos moitas caras novas. Será o triunfo do caciquismo no BNG?

Esta é a situación conflictiva que deriva por un sistema de delegación equivocado. Equivocado porque os delegados non se poden elexir en listas cerradas, por ese sistema elixense os representantes; cando se deberían elexir por delegación directa. Si se elixe un delegado por cada tres afiliados calquer afiliado que dispoña do aval de outros dous (iso chámase delegación) tería que estar habilitado para ser delegado sen necesidade de pasar polo filtro comarcal. É equivocado porque o sistema de listas obriga ós militantes a decantarse por unha ou outra postura política, antes da celebración da ANE, provocando enfontamentos entre militantes, veciños e amigos. Mentres tanto, upegás e quinigás van negociando, segundo os asinantes que vaían logrando, unha lista entre as dúas correntes e a portavocía nacional, oprimindo nun curruncho a unha parte moi importante, imprescindible, do nacionalismo.

Tamén é unha decisión maliciosa, tendenciosa, orientada a favorecer a aqueles que detentan a gobernabilidade do partido. Son eles, e só eles, os que dispón dos censos da militancia; son os que posuen toda a información. Son eles os que se dirixen ós militantes que lles interesa, deixando apartados ós máis molestos, orientando así, dende a base, a decisión final da Asemblea Nacional Extraordinaria. Non sei que información ten os demáis militantes pero eu non recibo comunicación algunha do meu Responsable Comarcal dende o pasado 17 de marzo. Diso hai un mes. Que ocorre? É que non pasou nada novo neste último mes dentro do BNG?

Os que idearon o sistema poden estar ben satisfeitos; conseguirán que cada vez que se celebre unha AN o BNG saía máis dividio, máis feble, con máis abandonos e con menos simpatizantes dipostos a entrar nesta caixa de Pandora. A verdade é que damos medo!

BNG caciquismo
« Invasión e metástase no BNG
Novidades lexislativas marzo »

2 thoughts on “Pero isto que é!?”

  1. Xoselois says:
    20 Abril 2009 at 00:34

    Olá :

    Xose,sabes que sempre che dou a razón cando a tés, neste caso o teu espíritu crítico está a levarte máis alá da realidade.

    Todas as correntes son igual de lexítimas e teño claro que antes e despois das eleccións de delegados somos e seguimos sendo compañeiros.

    Tuven a sorte de coñecerte fai pouco tempo e moi poucas persoas chegaron a despertar en mí tanto aprecio e cariño como tí, seguiréi debatendo contigo ata que te aburras, porque espero a tua volta para loitar codo a codo nesta batala Municipal que é o Concello.

    Intelixencia,Honestidade,Coñecementos,e Forza, ¡Que avogado laboralista enorme estase a perder esta Nación.
    O sábado unhos chupitos e me argumentas. ¡Ah e terco tamén!
    Unha aperta.
    Xoselois

  2. xOsse says:
    20 Abril 2009 at 09:59

    ha, ha, ha,… sabes que iso non é certo; nin me das a razón nin eu busco que ma den. Tamén sabes, ou deberías, que o que escribo neste fío fago porque foi así (non acostumo a publicar fantasías ainda que é un xénero que me gusta ler). Si me coñeces tan ben tamén saberás da repulsa que sinto polas persoas con conducta caciquil, independentemente do partido do que formen parte, pois ese comportamento non é unha franquicia do PP; nestes derradeiros anos ben puidemos comprobar como este mal está ben metido no BNG e a mellor forma de combatelo é facendo público.

      verum ipsum factum

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Abril 2009
M T W T F S S
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
« Mar   Mai »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés