Encontrámonos con moitas persoas contrariadas coa labor do alcalde, con persoas que realmente teñen ganas de darlle un cambio a súa vila, persoas que votan en falta servicios e información sobre os novos servicios que se porán en marcha, coma a Lei de Dependencia ou o Banco de Terras. Quéixansenos de que dende o concello non se lles proporciona información algúnha sobre como acceder a eses servicios que a Xunta está a por en marcha. Non hay dubida que na batalla entre os concellos gobernados polo PP e a Xunta de Galiza quen vai a sair perdendo son os de sempre -os cidadáns-, pondo en perigo, a rebeldía destes concellos, un dos dereitos fundamentais de tódolos cidadáns, a igualdade.
Démonos conta tamén como moita xente ten medo a falar de política, sobre todo entre os máis maiores. Teñen medo tamén a que os caciques descubran o seu voto, preguntándonos, en moitos casos, si os sobres son iguales ou si se ve a trasluz o seu contido. Comprobámoslle que non se ve nada e aconsellámosllle que si ten medo a que os sobres sexan recoñecidos os intercambien polos de outro partido -xa sabedes cal-. Teñen medo, definitivamente, de que os vaían buscar a casa e de que os obriguen a votar contra a súa vontade.
Para moita desta xente o voto e tan segredo que nin sequera saben a quen votan. Ben, si o saben, pero nunca verán a papeleta que vai dentro do sobre.
Puidemos comprobar estes días que no noso concello hai moita xente que está vivindo fora, noutras vilas, e que vota a outros partidos diferentes do PP. Puxémonos a facer cálculos e chegamos a conclusión de que si retornasen todos aqueles que se foron o actual grupo de goberno non volvería a gobernar xamais. Esas son as consecuencias da limpeza étnica a que me refería no post anterior.
Descubrimos tamén o medo e a prepotencia do PP. O medo que lles fixo pavimentar tódalas rúas dos pobos en 15 días, o medo que fixo que o Alcalde censara en Xunqueira de Ambía a tódolos empregados das súas empresas, ata tal punto, que catro deles “viven” na propia casa do concello. A prepotencia failles dicir que van a sacar eles tódolos concellais (9-0-0, din), a prepotencia que os mete nas cociñas da xente, a prepotencia de poder pagar paparotas e empregados servís pra facer propaganda,…