Prácticas mafiosas

Cando me metín en todo isto sabía perfectamente onde me metía, por iso non me sorprende comprobar que todo aquilo que oía era realmente certo. Dende que formo parte da candidatura do BNG por Xunqueira de Ambía decateime de que moita xente me evita, coma si tivese piollos… O mesmo lle sucede os demais membros da candidatura, convertéronnos en enemigos do pobo.

¿Por que pasa iso? ¿Cómo sucede iso? Iso ocorre porque temos un alcalde, José Luis Gavilanes, do PP, que goberna o Concello coma un ganster o seu territorio. Controla e manipula o que é del e tamén o que non é del. Él é quen da traballo, directa ou indirectamente, a maioría dos paisanos da vila, centos de familias viven grazas a sua bondade e, aínda que moitas veces se senten explotados nos seus traballos, prefiren seguir a súa doctrina antes que quedar sen pan.

Moitas destas persoas dixerónnos que teñen prohibido dirixirse ou confraternizar en público cos membros da candidatura do BNG, que calquer acercamente pode acarrearlle consecuencias moi serias.

Éste senvergoña leva 28 anos na alcaldía do Concello de Xunqueira de Ambía. Entón non tiña nada e hoxe ten todo un imperio a conta de irse quedando cos negocios e propiedades compradas a precio de saldo a aqueles que se ven afogados económicamente, víctimas da súa política. Outros montan negocios con él en sociedade porque saben que é a única maneira de que saían adiante. Trátase, coma na Idade Media, dun dereito de pernada.

Os paisanos do pobo tan so ten duas saídas: baixarse os pantalóns e acceder a tódolos seus designios ou marcharse para sempre do que foi seu fogar. Por ésta última vía optamos nos últimos 28 anos mais de 2.000 persoas. Trátase, en certo modo, dunha limpeza étnica: os que non cedemos a sua chantaxe ímonos de tal maneira que a proporción de lacaios vai en aumento a pesar da diminución da poboación.

Os mais afortunados son os xubilados, que non dependen del pra cobrar a fin de mes, pero son a vez os mais vulnerables e manipulables, ó non ter a súa carón os membros da familia que os defendan. Por iso cando un cacique os vai a recoller a súa casa, suben o coche; cando lles meten o voto do seu partido na man, cóllenno; cando os acompañan ata a porta do colexio -e a veces ata a urna- non rechistan; van dereitiños a urna co sobre que lle deron -mirando de reollo con nostalxia a liberdade que dan as cabinas pra elexir un voto libre- porque saben que dende atrás os vixían.

E logo temos que escoitar, dende Madrid, a membros do PP denunciar que en Euskadi non se vota con liberdade. Xa nos gostaría en Galiza a liberdade dos vascos.

dependencia da senda

dependencia da senda:
Concepto moi relacionado coa visión neoinstitucionalista, que fai referencia ós límites existentes nas posibilidades de desenrolo dunha sociedade ou colectivo dependendo do punto de partida histórico. Plantexa que non todo é posible, porque calquera cambio depende da situación da que se parte, daquilo que se ten ó alcance para producir un cambio.  Trocede da expresión anglosaxona path dependence.