#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Delegados ou representantes?

Posted on 15 Outubro 2008 by xOsse dorrío Posted in actualidade, política nacional 7 Comments
Recentemente o BNG celebrou unha Asamblea Nacional para elexilo candidato nacionalista a presidencia da Xunta de Galiza. Foi a primeira vez que non puideron acudir tódolos militantes do partido porque éstes así o decidiran por maioría na anterior Asamblea Nacional. A militancia tomou naquel intre a determinación, difícil -seguro-, de que as vindeiras Asamleas se celebrasen con delegados e… ¿Foi así? ¿Cumpríuse o mandato dos militantes?  

Con esta pregunta quero estrenar unha nova categoría neste blog que vai levar a etiqueta ‘diccionario político’, na que irei aclarando diferentes conceptos que os responsables políticos utilizan a miudo ignorando o seu verdadeiro significado (prefiro pensar que os ignoran a pensar que os utilzan neglixentemente). Agora imos ver como dende a Ciencia Política se definen os conceptos de representatividade e delegación .

Delegado, -a: político que exclusivamente transmite e agrega as vontades dos cidadáns para producir unha decisión colectiva sen alteralas, coma si se tratase dun avogado ou, dende unha postura máis extrema, como si fose un notario dos cidadáns. Oponse ó concepto de representante.

Representante: Político que non está sometido a un mandato imperativo e que, por tanto, elabora as políticas a partir da interpretación que fai das preferencias dos cidadáns e das súas propias conviccións. Oponse ó concepto de delegado.

Ben. Tendo en conta como transcurriu o proceso previo a elección de ‘delegados’ para a Asamblea Nacional e o sistema utlizado, listas cerradas -o mesmo que se utiliza para elexir os deputados ó Parlamento Galego, por por un exemplo. A ninguén, no seu sano xuizo, se lle ocorrería dicir que eses deputados son delegados dos cidadáns na cámara parlamentaria-, non se pode afirmar que cada un deses pseudodelegados sexan a voz daqueles que os elexiron. Para que iso sucedese tería que seguirse un proceso distinto, mediante un sistema aberto, onde calquer militante co aval -ou delegación- dun número mínimo de afiliados (5, 6,… 10) puidése acudir a Asamblea Nacional sen a necesidade de pasar pola criba das Asambleas Comarcais.

E ahí vai unha primicia: O día 5 de outubro de 2008 celebróuse en Santiago de Compostela a Primeiro Congreso Nacional de Representantes do BNG para elexir a Anxo Quintana como candidato a presidencia da Xunta… en contra dos estatutos do BNG que esixían que fosen os delegados.

BNG Comicios Electorais Galiza Quintana
« La Región traspasa a fronteira
Carta dunha traballadora de Adolfo Dominguez (ex-quintanista) »

7 thoughts on “Delegados ou representantes?”

  1. Robinho says:
    26 Outubro 2008 at 02:43

    Tristemente concordo, foi unha asemblea de representantes.
    Terán agora menos que achegar os representados?
    Virá todo moído xa de arriba cara abaixo?
    Acho que así vai ser…

  2. xOsse says:
    26 Outubro 2008 at 10:18

    Seguramente quen se siga sentindo representado acatará todo aquilo que lle veña imposto dende arriba. Outra cousa será o que fagan todos aqueles que non participaron no proceso, por consideralo contradictorio co espíritu asambleario do BNG, aqueles que si o fixeron para votar a outras listas non oficiais e, incluso, aqueles que votaron a lista oficial porque non tiñan outra alternativa. Esa xente pasará de todo… incluso de ir a votar.

    Trátase dun fenómeno que se chama desafección política derivado dunha falta de lexitimación no poder. De ámbolos dous conceptos falarei próximamente.

    En canto a iso de que todo ven moído dende arriba é algo que sucede dende hai algúns anos. Nas asambleas comarcais non se elaboran teses políticas froito da discusión da militancia; nas asambleas comarcais trasládase os afiliados a postura do Consello Nacional sobre asuntos de actualidade… ou, o que é o mesmo, deixaron de ser un foro de discusión para converterse nunha aula de adoutrinamento.

  3. Anonymous says:
    30 Outubro 2008 at 22:57

    Oficialismo opositor debe ser o teu. Yo no juego que no gané la votación. Máis respecto polas decisións que toman a maioría e menos largar no teu querido diario de Internet. Se che parece as decisións tómanse en foros de internet e non nas asembleas por parte dos militantes.

  4. xOsse says:
    30 Outubro 2008 at 23:43

    As decisións deben tomarse respectando as regras marcadas por todos… e non foi así debido a unha deliberada confusión semántica.

  5. Henrique says:
    2 Novembro 2008 at 19:51

    Canta razón tes, inda que veña un seguidista cantarche as corenta. Tamén cabería matizar o nome de asemblea para o que en realidade é un congreso, feito que tamén incumpliría o que dictan os estatutos para iste caso.

    Xa fai tempo que as asembleas comarcais, e os consellos comarcais témome, convertíronse en pouco máis que aulas de adoutrinamento. Semella que molesta toda disensión, coma se o proxecto estivera rematado.

  6. Pingback: *mOendo do Revés » Vas caer!

  7. Pingback: *mOendo do Revés » … pero isto que é?

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Outubro 2008
M T W T F S S
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
« Set   Nov »

Pages

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés