#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

La Región traspasa a fronteira

Posted on 11 Outubro 2008 by xOsse dorrío Posted in política local, política nacional
O xornal conservador radical ourensán nunha editorial titulada “O BNG traspasa a fronteria“ do día 11 de outubro de 2008 sae o rescate de Anxo Quintada e do novo BNG trala asamblea do pasado 5 de outubro, unha asamblea “a galega”, recalca o editor. Aplauden (coas orellas, por suposto) o feito de que Quintana se desprendese do sector idealista do BNG outorgándolle unha víctoria sobre estes que nunca se deu, espececialmente sobre Camilo Nogueira e Xosé Manuel Beiras; dalle a benvida a posicións máis centristas e abertas, ou o que é o mesmo, aplauden (de novo coas orellas) que a dirección do BNG se afaste das liñas identitarias do partido.

A que ven todo isto? É evidente, todo ten que ver co negocio dos responsables do xornal La Región. Un diario que está en quebra técnica e que conta cunha única posibilidade de sair a frote: as axudas públicas. Axudas que non aparecen soamentes en forma de subvención, senón -e sobre todo- en forma de publicidade institucional, un recurso fundamental para este xornal, especialmente agora que estamos en plena crise financieira e reduciuse de xeito drástico o gasto en publicidade da empresa privada, sobre todo o do sector inmobiliario -macrourbanizacións, axencias inmobiliarias (pasaron de anunciarse no xornal ourenán perto de 40 axencias a diario a tan só 17… e segue baixando),…-. Mentres a Xunta siga pagando os donos do xornal poderan seguir levando unha vida de luxo, moi por encima das súas posibilidades reais: grandes coches, restaurantes, hoteis, viaxes,… Non teño nada que envexar daqueles que si son merecedores de tales luxos, cando é froito da súa propia labor, pero anóxame cando se fai a conta dos cartos do contribuinte.

Admito que as posibilidades e a linguaxe dos medios de comunicación afecta necesariamente a unhas organizacións, coma os partidos, que dependen da comunicación social, admito que para gañar unhas eleccións necesítase principalmente unha boa xestión da imaxe e da mensaxe que os medios de comunicación de masas propagan por todos lados, admito que se necesíta máis dos medios de comunicación que da propia militancia dun partido, mais non admito que o BNG caía nesa trampa. Anxo Quintana caeu nela e os responsables do xornal La Región son sabedores desta circunstancia.

Eu son sabedor de que a relación entre medios de comunicación e partidos é complexa, dado que os partidos sempre tentaron e tentarán utilizar os medios como pezas das suas estratexias de propaganda. A cuestión agora é si esta relación se pode invertir no futuro e sexa o medio de comunicación, neste caso o xornal ourensán, unha vez superada a súa crise financieira, quen utilice ó partido para os sus intereses (… e de feito xa o esá facendo).

Actualización a 16 de outubro de 2008: O diario coruñés, La Voz de Galicia, non se quere quedar atrás, encumbrando a Anxo Quintana por poñer fin o frentismo dominante do BNG.

Vía Chuza!

BNG Galiza La Región Ourense
« Sobre inxenuos, ignorantes e/ou imprudentes
Delegados ou representantes? »
Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Outubro 2008
M T W T F S S
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
« Set   Nov »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés