O caciquismo e un fenómeno sociopolítico que este pobo leva sufrindo e agochando dende finais do século XIX, dende a primeira República de 1873. Aquel caciquismo foi evolucionando cos tempos: o actual é un caciquismo postmoderno -así o define Manuel Rivas- que utiliza fundamentalmente os medios de comunicación pra controlar e amedrentar a sociedade. Ó mesmo tempo móstrase temeroso deles porque na actualidade as novas tecnoloxías permiten difundir as mensaxes de forma individualizada, mensaxes que poden estar ahí, agochadas a gran masa social, sen que ninguén se decate e de repente, por caprichos dun buscador, poden sair a luz e alcanzar gran difusión noutros medios. E por iso que cando alguén rompe ese silencio os caciques -os de antes e os de agora, os de uns partidos e os de outros- empezan a poñerse neurasténicos… e non lles faltan motivos.
Outro factor determinante no caciquismo son as contrapartidas: todo favor recibido ten unha contrapartida e esta devengará no intre e de xeito que o cacique queira. As contrapartidas poden consistir en entregar – algunha cousa ou diñeiro – ou facer algo que lle conveña o cacique. Quen acaba entrando no xogo pode pasarse así o resto da súa vida: pagando contrapartidas e pedindo de favores.