#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Ética para náufragos nacionalistas

Posted on 18 Marzo 2010 by xOsse dorrío Posted in actualidade, política local 2 Comments
Share this on WhatsApp
Tweet

Para José Antonio Marina, autor de “Ética para náufragos”, “os deberes non xorden en primeiro lugar, senón despois, na reflexión ética”. Foi así como naceu o código ético do BNG, aquí vencellado, e así como os seus postulados se converteron, mediante un pacto, en deber para todos, repito, para todos os que conforman a devandita organización. Ninguén está por riba dese código.

Comeza este código dicindo que “o BNG asume publicamente o compromiso de facer efectivos os dereitos e liberdades dos galegos e das galegas”. Porque logo aos militantes galegos do BNG -supoño que tamén os haberá vietnamitas- non se lles permite exercer ese dereito? Falo das ameazas, das coaccións, das calumnias,… que certos responsables políticos deste partido toleran, actuacións como as do Alcalde de Maceda -e non me refiro só aos que cometen esas accións, senón tamén aos que as xustifican e amparan-. Xa dixen noutro post que debería ser expulsado do partido. Reitéroo.

“O BNG aposta pola veracidade informativa, a transparencia e a tolerancia cero coa corrupción”. Venme a memoria, maldita memoria, que diría O’Rivas, como dende a organización nacionalista se enganou aos cidadáns do rural con SEAGA, prometendo postos de traballo estables e ben pagados cando en realidade se trataba de contratos precarios (traballadores que realizando as mesmas funcións cobraban menos que os que dependían directamente da Consellería de Medio Rural) e temporais (tres meses). Lembro aquela reunión no local do BNG en Allariz, un mércores de cinza do 2008, convocada urxentemente vía SMS o luns de entroido (estabamos tres persoas de Xunqueira de Ambía, o (ir)Responsable Comarcal, o “enchufado” de SEAGA e concelleiro de Molgas, xente de Xunqueira de Espadañedo, de Esgos, de Vilar de Barrio, de Vilar de Santos, de Allariz, como non, e case tódolos concellos da Comarca). Maldita memoria!

Un compañeiro do meu Concello, Carlos, que coma min é un claro defensor de que estes servizos se presten dende a administración pública, si ben eu entendía que unha empresa pública non deixa de ser “sector público”, pregúntou pola verdadeira razón de ser desta empresa. O que non entendía eu eran eses motivos e que, seguro,  o meu compañeiro xa advertira. A verdadeia razón da externalización do servizo de incencios era “burlar os controis públicos de contratación da administración e dos sindicatos”, segundo Pérez Bouza. E quedou tan ancho ao dicilo. Maldita memoria, Maldito código ético!

Foi así como, enganando aos nosos paisanos, o BNG comarcal acadou os mellores resultados da súa circunscrición na historia upando ao modesto (ir)Responsable Comarcal ao Senado español. Aínda lembro, maldita memoria, como o día antes de que o designasen senador, e se rumoreaba que Paco García era o elixido, el se descartaba dicindo que non tiña “aspiracións tan altas”.

Veracidade informativa, transparencia. Que podo dicir que xa non dixera nos post adicados a Maceda? Ah! Calvos de Randín. Lembro o día en que sentados nunha esquina do Atlantic, Pérez e máis eu, recibe unha chamada de Dani, o “responsable” local de Calvos de Randín. Estaba moi anoxado porque o seu primo, Xardón -que amais o enchufou na consellería-, e Pérez se reuniran as súas costas con José Manuel Andrade, o tránsfuga do PSOE daquel concello. Este era tamén o aparellador da vivenda que o (ir)Responsable Comarcal de Allariz-A Limia estaba construíndo en Porqueira (que deus queira nunca chegue a gobernar,… polo ben dos porqueiráns, digo).

Mentres escoitaba aquela conversa non saía do meu asomo. Podería cualificarse aquel caso de síndrome de Estocolmo? Mentres, nos xornais, soamente se falaba de que era Baltar quen estaba detrás daquela moción de censura. Dende logo, si chega a saír, a xogada era mestra, iso si ignorando a máxima que di: “os cargos públicos son propiedade pública”

Ese mesmo día, na mesma hora e lugar, recibe outra chamada. Era dun concesionario ourensán para preguntarlle si xa se decidirá por algún dos “audis que mirara” -acababan de nomealo senador das Cortes de España-. Velaí o que di o código ético nacionalista: “dar exemplo de austeridade e equilibrio institucional”.

Tamén di: “un cargo, un salario”. Nembargantes, o Sr Pérez Bouza amais de Senador nas Cortes españolas conserva a súa acta de concelleiro en Porqueira. Notable excepción!

Despois da que se montou na cidade de Ourense co logo da Tenencia de Alcaldía ou en Galiza coa Vicepresidencia está demais facer calquera comentario sobre este precepto: “os candidatos e cargos nacionalistas adquiren un compromiso de non utilización de fundos públicos en campañas de propaganda”.

“Clientelismo cero”. A Consellería de Medio Rural era coñecida en Ourense pola Consellería de Medio Cartelle, porque o delegado que era desa localidade, tiña a medio pobo enchufado. Pero non só en Cartelle tiñan clientes: Porqueira, Molgas, Maceda, … Amais son expertos, alá onde gobernan, en abrir novos mercados ou, como diría o Alcalde de Maceda, “hai que gañar os apoios dos votantes do PP xa que o dos nosos témolos seguros”.

En fin, … podería seguir así todo ano, que digo! Seguirei.

8)

Share this on WhatsApp
actualidade caciquismo Galiza nacionalismo opinións Ourense SEAGA sei o que fixestes
« A ditadura perfecta
Os billetes de cincocentos euros faranse con patacas de A Limia »

2 thoughts on “Ética para náufragos nacionalistas”

  1. Paco says:
    19 Marzo 2010 at 18:35

    xOsse, permíteme unha vez máis que abusando da túa xenerosidade, cole un comentario na túa bitácora a forza de ser repetitivo nalgunhas cousas.

    É a primeira vez que teño constancia dese código ético e aínda que parece que foi creado expresamente para os cargos públicos, non debemos esquecer que como tódolos partidos políticos “tentan infiltrarse noutros estamentos para facerse ver e pescar votos” como son as asociacións de veciños, culturais, de comunidades de montes, etc, coido que eses principios deberían ser tamén vinculantes para os que exerzan cargos nesas institucións.
    Sendo militante do BNG nunca tiven acceso a esa información, pero cando un non busca máis que a satisfacción persoal de facer ben as cousas, non necesita códigos éticos.

    – O rexeitamento de calquera regalo ou favor que podan afectar á imparcialidade no desenvolvemento das súas funcións.

    No seu día (xa o comentei) renuncie aos agasallos que unha empresa nos fixo coma directivos da comunidade, mentres outros tentaron convencerme do contrario. A día de hoxe esta empresa é practicamente a única que traballa na nosa comunidade.

    – A denuncia de calquera conduta de corrupción detectada no exercicio das súas funcións.
    Iso foi o que fixen a nivel interno é pedindo asesoramento para evitar prácticas censurables, como cando o presidente unha vez que tivo que anular (polas súas presas) un proxecto do local da comunidade adxudicada a súa construción en poxa publica, decidiu adxudicalo novo proxecto directamente e comunicándonos que ía “relear” persoalmente co construtor o seu prezo (esta gravado).

    – Evitar os conflitos, reais ou eventuais, entre os intereses propios e o interese público.
    Di un vello aforismo que a muller do César non só debe ser honrada senón tamén parecelo.

    – Absterse de utilizar a influencia ou as relacións adquiridas con ocasión do desempeño de funcións públicas en interese propio ou de terceiros, mesmo despois de ter abandonado o cargo ou función.

    Grazas as influencias, meu pai quedou sen unha parte do seu agro, agora non ten acceso dende esa pista e as máquinas leváronlle a madeira por diante.

    – Propaganda cero

    Os candidatos e cargos nacionalistas adquiren un compromiso de non utilización de fundos públicos en campañas de propaganda que, lonxe de propiciar a necesaria información á cidadanía, só serven como escuro sustento de intereses partidistas.

    Coido que non é preciso engadir nada. Papel mollado que queda moi ben para a galería. Que conste que outros o fan peor, pero polo menos non perden o tempo en crear falsas expectativas.

  2. xOsse dorrío says:
    19 Marzo 2010 at 18:46

    Perdoa Paco, movin o teu comentario para este post, co que creo que encaixa mellor.

    Xa digo que, co código ético na man, habería mil e unha historias que contar dos desvergonzados e deshonestos (ir)responsables do BNG quen, logo, ainda se atreven a xulgar as actuacións de outras persoas.

    Como dixera noutro blog (xgaliza), e nas contestacións de algúns correos persoais, “a ninguén lle agrada que o enganen”, a ninguén! Si alguén dos que len isto e pensan que estou trabucado e coñeze a persoas que sinten placer, agradecemento ou devolven lealdade a quen o engana, que mo presente.

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Marzo 2010
M T W T F S S
« Feb   Abr »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Pages

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (73)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés