Lóxica participativa vs Lóxica representativa

O día 18 Novembro 2008, clasificado en: actualidade, política nacional, por xOsse dorrío
Hoxe no diario El País aparacía unha nova cun titular deses que merecen ser encadrados para a posteridade: «Feijóo promete liberar Galicia de las «prácticas caciquiles«. En quen primeiro pensei foi no pobre José Luis Baltar, o presidente da Deputación de Ourense. Díxenme: este xa non come as uvas. Sigo lendo… e vexo que fala en Madrid, nun almorzo deses, no que os políticos se cofean os uns ós outros. Sería cousa do roce. Pero dixo máis barbaridades: que Barack Obama nunca gobernaría Galiza tendo unha maioría (esta é boa), voltou a criticar o gasto do bipartito (son estas tonterías as que xeran desafectación política, logo quéixanse) e, como non podía ser doutro xeito, falou de bilingüismo cordial -aplausos!-,…

O caciquismo en Galiza é un mal endémico, soamente superable quitando responsabilidades de goberno os nosos representantes políticos nas administracións en favor da cidadanía. Cantas máis decisións tome o pobo directamente menos posibilidades existirán de argallar cacicadas. É o que se ten dado en chamar a derradeira revolución democrática, a chegada da nova ola participativa, o triunfo da lóxica participativa sobre a lóxica representativa.

Lóxica participativa: sería aquela que busca a máxima implicación dos cidadáns nas institucións e nas decisiones políticas. Concibese ós individuos coma un decisorio político, cunha vontade política definida e capaces de formar parte directa da decisión política colectiva.

Lóxica representativa: as decisiones políticas son tomadas polos representantes que ocupan os organismos públicos e encarganse de reunir e interpretar as preferencias e vontades dos cidadáns. Eiquí ós individuos simplemente se lles considera aptos para elexir os seus representantes.

O BNG estaba chamado a liderar a implantación da democracia participativa en Galiza pois foi este, tradicionalmente, un partido no que a lóxica participativa dominaba sobre a lóxica representativa. Os seus órganos máis importantes eran -e son- as asambleas, nas que podían aceder tódolos seus militantes e, todos e cada un, eran, co seu voto individual, os que formaban a decisión colectiva. Iso foi así ata que o BNG chegou o goberno da Xunta. En lugar de trasladar este sistema as institucións galegas, especialmente ós concellos, o que se fixo foi todo o contrario, deuse unha involución democrática dentro do partido e mudóuse ó sistema representativo, pasando a Asamblea Nacional a celebrarse con representantes -que non delegados-.

Pero hai máis. Botándolle unha ollada ó Programa marco das eleccións municipais 2007 (páxinas 42 e 43 do documento) vexo un apartado titulado REXENERANDO A POLÍTICA E AFONDANDO NA DEMOCRACIA PARTICIPATIVA -soa interesante! verdade?- no que se adican tan só duas liñas a mellor ferramenta participativa da que dispón os cidadáns nunha democracia: os orzamentos participativos. A min gostaríame utilizar polo menos unha liña para nomear tódolos concellos gobernados polo BNG que aplican este sistema… pero ata o de agora non coñezo ningún.

O Alcalde de Porto Alegre decide moito menos que calquer outro, pero as suas decisións foron fundadas en decisións colectivamente articuladas e iso faino un alcalde moito máis forte que os outros. Renuncia a decidir moitas cousas, pero iso amplía extraordinariamente a sua representación política

Tarso Genro, alcalde de Porto Alegre (1993-96 e 2001-02) e ministro de educación de Brasil

etiquetas:  

4 Respostas to “Lóxica participativa vs Lóxica representativa”

  1. An di:

    Nunca, e é decir moito, nunca entenderei a política. saaúDos e apertas

  2. [...] catalán (para coñecer máis sobre éste proceso déixovos ésta ligazón, todo un exemplo de democracia participativa. por opa_a_12 Archivado en: BNG,xOsse,mOendo do [...]

  3. [...] a democracia participativa. Xa fixera referencia noutras ocasións acerca deste asunto -Leo, Leo, Lóxica participativa vs Lóxica representativa, Democracia e comunicación no BNG e, últimamente, en Estatuto de Galiza, estatuto da nación?- [...]

  4. [...] catalán (para coñecer máis sobre éste proceso déixovos ésta ligazón, todo un exemplo de democracia participativa. Máis información [...]



arquivo de mOendo

Novembro 2008
L M M X V S D
« Out   Dec »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes