#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Estados fallidos

Posted on 12 Novembro 2008 by xOsse dorrío Posted in actualidade, política internacional, política nacional 2 Comments
No ámbito político, a difusión deste termo foi en boa parte resultado do 11 de setembro de 2001. Os ataques foron directamente relacionados polo goberno de Bush co colapso do estado en Afganistán, feito que facilitou o entrenamento e a organización de grupos terroristas nesa rexión. Neste contexto, a identificación de estados a punto de desintegración ou fallidos pasou a ser un obxectivo da seguridade nacional para Estados Unidos.

Estados fallidos: con este concepto alúdese a aqueles estados incapaces de prover os bens políticos fundamentais asociados á idea de estado: seguridade física, institucións políticas lexítimas, administración da economía e benestar social (Patrick, 2006).

Entre as iniciativas que analizan o grado de estado fallido dun listado de países está a promovida pola organización Fund for Peace, que toma en consideración 12 criterios (movementos masivos de refuxiados e desplazados, suspensión ou aplicación arbitraria do estado de dereito, deterioro dos servizos públicos, severo declive económico, etc.).

fai clic na imaxe
para vela ampliada
Nestes derradeiros días, logo da morte de dous soldados nun atentado en Afganistán, a moitos dos políticos deste país, entre eles o nacionalista Francisco Jorquera, faltóulles tempo para pedir contas ó goberno pola presenza das tropas españolas en Afganistán. A ningunha destas formacións políticas se lles ocurriu preguntar, non agora, en ningún momento, polas labores de reconstrucción do estado fallido de Afganistán. Eu non son para nada inocente, ben sei que o feito de que as tropas internacionais estén en Afganistán e non en Somalia, Sudán, Congo,… por exemplo, está directamente relacionado cos intereses gasísticos e petrolíferos de Halliburton, empresa estreitamente relacionada co actual vicepresidente dos EEUU, Dick Cheney.

Do mesmo modo que rexeito moitos dos argumentos para a presenza de tropas internacionais en Afganistán, tampouco podo aceptar a demagoxia e insolidariedade que se agocha detrás de todas estas manifestacións oportunistas que se suceden trala morte de alguén neste tipo de misións. O que se debería facer nestes casos é gabar a quen tivo a firmeza, valentía e solidariedade de acudir en axuda daqueles que máis o necesitan, porque, non ó esquezamos, quen forma parte do exercito é plenamente consciente de cal é a labor que vai realizar… e hoxe en día, ninguén vai obrigado.

Os europeos -galegos incluidos- dende a descolonización vivimos mirándonos para o embigo. Ese proceso descolonizador xurdiu trala segunda guerra mundial co fin de asentar os estados europeos sobre unha base territorial máis concentrada e gobernable, sen territorios alén do mar, o que deixou a estes novos estados -en América, África e Asia- sen ningún tipo de infraestructura básica, sen unha verdadeira identidade de país, froito da diversidade étnica, lingüística e relixiosa, pero cunha economía totalmente dependente da vella Europa. Nestes estados fallidos, especialmente en África, sucedéronse as guerras, as epidemias, a fame,… e todo tipo de catastrofes, ante a cegueira dos que noutra época foran os seus colonizadores. Por iso, as preguntas axeitadas deberían ser: porqué non están as tropas internacionais no corno de África? porqué non están no Nepal ou en Myanmar? porqué non están en Centroáfrica, no Congo, Chad, Zimbahue… ou no Sáhara? Hai moitas preguntas boas que agardan resposta.

O que eu espero é que as tropas internacionais non se retiren de Afganistán ata que este estado se converta nunha democracia capaz de prover ós seus cidadáns, xa non dos mesmos servizos que temos nos en Europa, pero si daqueles máis básicos: infraestructuras, administracións públicas, sanidade, xustiza, seguridade, etc. É unha débeda que o mundo occidental e desenrolado ten contraída co mundo subdesenrolado… e xa vai sendo hora de que a pague!

dicionario político Galiza opinións política
« Texto en duas columnas
Lóxica participativa vs Lóxica representativa »

2 thoughts on “Estados fallidos”

  1. Robinho says:
    13 Novembro 2008 at 21:15

    Eu é que son utópico e idealista, ás veces dous defectos en vez de dúas virtudes, polo que non entendo o afán dos gobernos mundias na militarización dos seus respectivos países.

    Acaso non podemos nós, a xente de a pé, entendernos cos nosos veciños?, non podemos arranxar os nosos problemas dialogando?

    No tocante ás tropas do estado, pois non estou de acordo con que eses mozos e mozas estexan metidos en leas que nin lle van nin lle veñen. Para que estamos a xogarnos a vida desta xente e a gastar inxentes cantidades de euros fora? Afganistán destrozouno a Otan e os USA, que arranxen eles a desfeita. Malia que medo me dá ver aos cascos azuis e aos ianquis arranxando algo, e vergoña me dá pertencer ao carallo da Otan.

    Detesto as actitudes de tutela coas que parece que menosprezamos a intelixencia desas xentes. E vendo os acontecementos podemos ollar que eles cada día nos detestan máis a nós por iso mesmo.

    E voltando ás tropas do estado, non poderiamos encargarlles outras tarefas fora de zonas conflictivas?

    En fin, demasiadas preguntas que os que deciden non van contestar… de momento.

  2. xOsse says:
    13 Novembro 2008 at 21:56

    Hoxe lin un artigo de opinión en El Periódico sobre este asunto –O tráxico dilema de Afganistán que quero recomendar.

    Eu penso que a paz no mundo é cousa de todos, polo tanto o que ocorre en Afganistan si nos abrangue. Máis si temos en conta que éste estado é unha ex-colonia inglesa. ¿E que temos nos que ver cos ingleses? Nada, dirán algúns. Eu, direi que moito. Si o empeño que puxo Inglaterra na construcción da Unión Europea, da que nos vimos favorecidos -tamén perxudicados: sector naval, gandeiro, agrícola…-, o puxese neses estados abandonados, por eles, trala segunda guerra mundial (India, Pakistán, Afganistán, Blangadesh,…), en lugar se seguir esquilmando os seus recursos naturais, seguramente nestes momentos da historía serían estados moito máis avanzados.

    Evidentemente, as guerras non as queremos ninguén. É díficil defender a paz cun fusil na man, impoñer a democracia pola forza,… expresións todas elas contradictorias, pero teño claro que en paises como Afganistán é moito máis dificil, imposible, diría eu, lograla sen facer nada.

    Ademáis, en países sen ningún tipo de estructura, cuasi-feudais, é doado agochar terroristas que poden por en perigo a nosa sociedade tal e como a coñecemos. O 11 de setembro de 2001 é un feito.

    E, remato, non creo que unha intervención foranea supoña menosprezar a súa intelixencia… xa nos gostaría a nos que durante a guerra civil española intervise a comunidade internacional. Lamentablemente mantívose ó marxe durante 40 largos anos.

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Novembro 2008
M T W T F S S
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
« Out   Dec »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés