Que quere dicir con “unha universidade líder na sociedade do coñecemento”. Teremos por fin unha Universidade Virtual Galega, como Catalunya e Madrid? Iso sería unha boa nova.
Ó que Emilio Pérez Touriño respostou:
xOsse, cando digo unha “unha universidade líder na sociedade do coñecemento”, quero dicir precisamente iso. Que estea á cabeza das universidades do Estado, ao fronte, na vangarda, que sexa innovadora; o que non quuero precisamente é que teñamos que ir a remolque de ninguén, nin de Catalunya, nin de Madrid; e que sexan estas comunidades e outras as que nos imiten a nós
Ben, de momento nen sequera imos por detrás desas comunidades xa que, para facelo, é preciso competir directamente con elas nun campo, o virtual, no que nin sequera temos presenza. Si, finalmente, se pon en marcha ese proxecto quedará moito camiño por percorrer para acadar tal liderato. Supoño que esta semana iremos coñecendo os demáis programas… a ver que din.
Respostou de maneira moi positiva si, pero sen aclararche absolutamente nada -coma sempre nestes casos-.
Asi é. Dicir que imos ser os mellores en todo é doado, facelo é moito máis complexo. Imaxinas a un político dicindo que vai facr un proxecto de segunda fila? ou negándose a facer algo? Non sería moi “político”….