Unha Universidade LIDER

Onte foi presentado o programa do PSOE para as eleccións autonómicas 2009 e, logo de botarlle unha ollada, rastrei a palabra “universidade” para ver cales son os seus proxectos ó respecto. Nel fálase dunha universidade que “será líder na Socidedade do Coñecemento e porá en valor a transferencia de tecnoloxía entre o Sistema Público de I+D e as empresas”. Como non me quedaba moi claro o que quería dicir -e aprobeitando que Touriño -el ou o asesor político que xestiona a súa face– estaba comentando cos seus “amigos” os diversos pareceres sobre o programa eu pregunteille:

Que quere dicir con “unha universidade líder na sociedade do coñecemento”. Teremos por fin unha Universidade Virtual Galega, como Catalunya e Madrid? Iso sería unha boa nova.

Ó que Emilio Pérez Touriño respostou:

xOsse, cando digo unha “unha universidade líder na sociedade do coñecemento”, quero dicir precisamente iso. Que estea á cabeza das universidades do Estado, ao fronte, na vangarda, que sexa innovadora; o que non quuero precisamente é que teñamos que ir a remolque de ninguén, nin de Catalunya, nin de Madrid; e que sexan estas comunidades e outras as que nos imiten a nós

Ben, de momento nen sequera imos por detrás desas comunidades xa que, para facelo, é preciso competir directamente con elas nun campo, o virtual, no que nin sequera temos presenza. Si, finalmente, se pon en marcha ese proxecto quedará moito camiño por percorrer para acadar tal liderato. Supoño que esta semana iremos coñecendo os demáis programas… a ver que din.

Debate a dous… de momento.

Esta semana abrín unha conta en Facebook. Coñecía esta rede social pero nunca lle fixera moito caso -un xa vai farto de darse de alta nun cento de sitios e ter que memorizar outro cento de contraseñas- ata que o outro día lin un titular na prensa que me impactou, era Nuñez Feijoo, que decía ‘la mia es más larga’. O primeiro que pens… bueno iso non o vou contar. Falaba da lista de amigos en Facebook, evidentemente. Segundo a análise de importantes politólogos, internet foi un factor determinante na victoria de Barack Obama en EEUU, segundo outro estudo internet supera a televisión como medio de comunicación máis consumido en España, pero isto é un dato sen importancia, o relevante é o que pasa ó outro lado do charco -no norte, claro-. Ata tal punto que nalgúns partidos apuróuse ata o último intre para ver si atopaban un candidato de cor, non houbo sorte,… pero arrasaba seguro. Touriño, que tamén caira nisto, adiantou as eleccións a marzo pra evitar que algún aparecese bronceado.

O caso é que me dei de alta nesta rede social e pedín ós tres candidatos, que xa tiñan o seu sitio na rede, que se fixeran amigos meus. Fixéronse Alberto Núñez Feijoo e Anxo Quintana, (en realidade chámase Anxo Manuel Quintana González que algúns xa pensaban que só tiña un apelido, non é certo) que tamén teñen blogs e por iso volos enlazo, Emilio Pérez Touriño non me quere… de momento. Por certo, agora que lla vin a Feijoo -e como sei que tendes curiosidade- tampouco é certo que a teña máis larga, a máis larga é a de Quintana (espero que non se enfaden comigo por revelar este segredo).

Como xa teño demostrado que son unha persoa imparcial -reparto paus pra todos lados por igual- ofrecinme a ‘moderar’ un debate virtual entre estes ‘amiguetes’ e hoxe presenteille a primeira pregunta, ainda sen resposta, pero maña haberá máis preguntas,… a ver si con algúnha se animan. A primeira foi ‘Sobre o concurso eólico’:

Falóuse moito sobre éste tema últimamente, sobre os beneficios que xerará para Galiza -ou non, segundo quen fale- pero moi pouco sobre a repercusión dos muiños na nosa paisaxe, á que afecta, ata tal punto, que pronto non se poderá pintar un monte sen muiños -que si sen pinos ou carballos-. A min gostaríame saber cales son as súas posicións respecto ós argumentos dos grupos ecoloxistas -e non me falen de beneficios, de postos de traballo ou de enerxía limpa-.

Se hai resposta engadiréina aquí…

Flock


Foi liberada a nova revisión deste navegador optimizado pra redes sociais de código abierto e multiplataforma; Flock usa o motor de renderizado Gecko, posee agregados incorporados que permiten un mellor manexo de blogs, suscripcións RSS, integración con servicios como Flickr, Facebook, YouTube, e Twitter, permitindo ademais compartir marcadores con amigos usando o servicio del.icio.us, e outros servizos como os ofrecidos por Photobucke e Technorati; así como actualizacións automáticas do navegador.

A revisión de Flock 1.0.1 ponese ó día con todalas correccións de seguridade e estabilidade de Mozilla Firefox 2.0.0.11

Para máis información consulte as notas de lanzamento. (en inglés)

Outros navegadores: Mozilla 1.7.12, Opera 9.25, Safari 3.0.3, Nestcape Navigator 9.0.0.5