#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Debate a dous… de momento.

Posted on 15 Xaneiro 2009 by xOsse dorrío Posted in Eleccións Galegas 2009, política nacional 3 Comments
Esta semana abrín unha conta en Facebook. Coñecía esta rede social pero nunca lle fixera moito caso -un xa vai farto de darse de alta nun cento de sitios e ter que memorizar outro cento de contraseñas- ata que o outro día lin un titular na prensa que me impactou, era Nuñez Feijoo, que decía ‘la mia es más larga’. O primeiro que pens… bueno iso non o vou contar. Falaba da lista de amigos en Facebook, evidentemente. Segundo a análise de importantes politólogos, internet foi un factor determinante na victoria de Barack Obama en EEUU, segundo outro estudo internet supera a televisión como medio de comunicación máis consumido en España, pero isto é un dato sen importancia, o relevante é o que pasa ó outro lado do charco -no norte, claro-. Ata tal punto que nalgúns partidos apuróuse ata o último intre para ver si atopaban un candidato de cor, non houbo sorte,… pero arrasaba seguro. Touriño, que tamén caira nisto, adiantou as eleccións a marzo pra evitar que algún aparecese bronceado.

O caso é que me dei de alta nesta rede social e pedín ós tres candidatos, que xa tiñan o seu sitio na rede, que se fixeran amigos meus. Fixéronse Alberto Núñez Feijoo e Anxo Quintana, (en realidade chámase Anxo Manuel Quintana González que algúns xa pensaban que só tiña un apelido, non é certo) que tamén teñen blogs e por iso volos enlazo, Emilio Pérez Touriño non me quere… de momento. Por certo, agora que lla vin a Feijoo -e como sei que tendes curiosidade- tampouco é certo que a teña máis larga, a máis larga é a de Quintana (espero que non se enfaden comigo por revelar este segredo).

Como xa teño demostrado que son unha persoa imparcial -reparto paus pra todos lados por igual- ofrecinme a ‘moderar’ un debate virtual entre estes ‘amiguetes’ e hoxe presenteille a primeira pregunta, ainda sen resposta, pero maña haberá máis preguntas,… a ver si con algúnha se animan. A primeira foi ‘Sobre o concurso eólico’:

Falóuse moito sobre éste tema últimamente, sobre os beneficios que xerará para Galiza -ou non, segundo quen fale- pero moi pouco sobre a repercusión dos muiños na nosa paisaxe, á que afecta, ata tal punto, que pronto non se poderá pintar un monte sen muiños -que si sen pinos ou carballos-. A min gostaríame saber cales son as súas posicións respecto ós argumentos dos grupos ecoloxistas -e non me falen de beneficios, de postos de traballo ou de enerxía limpa-.

Se hai resposta engadiréina aquí…
debate facebook Feijóo galegas 2009 Galiza Quintana Touriño
« O MpB acusa o BNG de ‘entrega ao capital’
Legalidade »

3 thoughts on “Debate a dous… de momento.”

  1. An says:
    16 Xaneiro 2009 at 16:16

    Eu estou no facebooc ese de marras, pero de certo que non teño nin idea de para que vale o chollo, é certo que hoxe en día a rede supera a tv como medio de información pero tamén é certo que a xente procura medios imparciais e non gosta moito dos oficiais, ou polo menos eu penso iso. Saúdos e apertas

  2. Robinho says:
    16 Xaneiro 2009 at 17:54

    Para que vale o facebook? Pois para enlearnos máis o choio. Se xa non tiñamos abondo cos blogues, cos grupos de google, con chuza!, co mail…

    Eu é que xa lle me faltan horas ao día para dar atendido a todo!

    xOsse “Aquí (non) hai debate” 😉

  3. Carta ó Conselleiro Fernando Blanco says:
    16 Xaneiro 2009 at 18:24

    Señor conselleiro: Acúsote de vender a Terra. O único que nos queda é a Terra, e a paisaxe é, cando menos, tan importante coma a lingua. Sen paisaxe non hai Galicia.
    Non che podo expresar aquí o desprezo, e máis, que sinto pola súa actuación.
    Vasnos sacar de pobres e facer que a electricidade nos saia baratísima, verdade?
    Espero que che compense entregar en bandexa a destrución nacional de Galicia a eses que, tradicionalmente, xa se sabe, sempre foron soportes leais do nacionalismo galego.
    É exactamente o mesmo cá o PP pero con outro pelico. Despois do que nos custou botar daquí ó monstruo! Despois de aturar a recente e dorosa destrución dos ríos coas minicentrais, e pensando que tras moitos anos isto ía acabar…, chegas ti e entregas (xa se verá a cambio de qué) a nosa terra, a nosa soberanía estética, o patrimonio natural, a costa, a montaña…
    Nin siquera tiveches a vergoña de facer un plan novo, porque o do PP préstase a todo tipo de desmáns, como os que se fixeron e pretendes seguir facendo.
    Os intereses mesquiños e miserentos (¡¡autóctonos ou foráneos, que máis me dá!!) xa estarán contentos: empresas especuladoras, alcaldiños que pretenden vivir da sopa boba, e os comuneiros ilusos e codiciosos das migallas. Xa cho poden agradecer ben e, a vindeira vez, o voto váille-lo pedir a eles porque o meu nunca volverá ir para onde esteas ti nin ningún que teña que ver contigo.
    Espero que tod@s @s conservacionistas de nación fagan o mesmo. Que triste herdanza deixará.

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Xaneiro 2009
M T W T F S S
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
« Dec   Feb »

Pages

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés