grans na tulla 'blogosfera'

Set 11 2009

Preguntas sen respostas

A recorrente escusa da Voz como causa da desfeita nacionalista do 1Marzo só está servindo para crear un mostrou de dúas cabezas, unha (Santiago Rey, o dono do xornal) ó atribuírlle a alguén un mérito que non lle corresponde e, outra, ó permitir, a súa vez, que os verdadeiros culpables consigan zafarse das súas responsabilidades.

É unha dúbida que veño sementando en diversos foros nos que se insidia (ou catapulta, segundo o punto de vista) asiduamente este xornal. Aínda non hai resposta, máis non desespero.

Preguntaba a Antón Bahamonde, hai uns días na súa trincheira, que influencia cría que tivo a RTVG (por non falar de TVE, La Sexta, CNN+, Cuatro, Xornal, Vieiros, El País, Público, e algún outro máis) nas pasadas eleccións galegas?

Non se pode dicir que estes medios se mantivesen ó marxe da disputa política, nin negar a súa influencia nun importante sector da poboación. Aínda non vimos análises rigorosas, con queixiños de cores, ó respecto. Nin virán. Non o fará porque quen si realizou eses estudos para demostrar a influencia de La Voz, probablemente non pretende outra cousa máis que manipular. Un exemplo, o post de Calidonia: de como un xornal bota abaixo un goberno. Onte, ó fío desta chuzada volvín a preguntarme o mesmo: onde están as comparativas de audiencias da TVG, RG, El País,… cos votos do PSOE e BNG? Alguén se cre que estes outros medios foron, son ou serán neutrais? De verdade, alguén se cre que exista un medio que ‘decide’ pola súa audiencia e que os outros non o fan pola súa?

No fondo, a cousa funciona así: como gañou o PP vinculamos a súa vitoria coa información e influencia da Voz. Si fose ó revés dende a dereita estarían acusando a televisión pública de estar manipulada, que o estaba, vaia si o estaba, e os medios privados -Vieiros, Xornal, El País, Público,…- de orquestrar unha campaña sucia contra o PP. O conto é vello.

5 comentarios

Xuñ 12 2009

Ata aquí todo vai ben

Deixo aquí un estracto da análise post-electoral realizada por Raimundo Viejo Viñas e publicada en On the wobbly’s road.

[...] Entre as evidencias desta crise parcial do xogo representativo encóntrase o feito de que as forzas de esquerda e nacionalistas que apoian ó PSOE aférranse ó mantemento da súa representación como mellor evidencia de que a súa particular concepción da política segue en pé. Como dicía aquel personaxe da película La Haine a punto de estamparse contra o chan: jusqu’ici tout va bien!, “ata aquí”, pensan IU, BNG, ICV, ERC, etc., “todo vai ben”.

[...] Así, por exemplo, o BNG parece que dende que perdeu o poder quere recuperar o pulso pola esquerda e pola rúa. Como si durante os seus catro anos de goberno non fixeran unha xestión moi mediocre, por non dicir cousas peores, nos derradeiros meses creu ver nas mobilizacións en defensa do galego ou nalgunhas outras loitas sociais do momento, a porta a unha recuperación do espazo político perdido (todo isto, hai que precisar, nunha máis que modesta medida, evidencia que a maquinaria partidista aínda está encaixando, cunha moi lenta dixestión, a súa derrota electoral). Loxicamente, despois non xa dunha lexislatura senón dunha década operando como aparato fora por completo das redes de activistas, o BNG practica toda sorte de torpezas, moitas veces sen chegar a darse conta. O seu problema máis grave, sen embargo, non está no movemento (aínda que obscenidades como o comportamento dalgúns dinosaurios no Foro Social Galego poidan chegar a ser verdadeiros problemas). O principal problema do BNG é que segue sen entender que modelo de organización política adoptará para ser un interfaz funcional ás demandas sociais que nacen no movemento.

Non hai parola

Abr 03 2009

A Crise NINJA e outros MISTERIOS

Xa tiña falado noutras ocasións de Leopoldo Abadía, ó referirme a el en “a crise financeira global” e o seu blog “La crisis Ninja“. Sobre este tema trata boa parte do seu libro pero, como vedes na portada, tamén fai referencia a outros misterios. Neste post quero centrarme nun deses misterios, sobre o que xira, dalgún xeito, a totalidade do libro: o “modelo”. O autor afirma que “o máis importante é ter un modelo na cabeza”. Pero, que é un modelo? Para explicalo recorre a figura de Fraga, do que di que “partindo do obxectivo da existencia do Estado, do que o Estado é, do que o Estado debe facer, dos recursos e organización do Estado, [das persoas que forman un Estado,] dos procesos que fan que funcionen e do que hai que facer para que eses recursos, persoas e procesos funcionen para que o Estado sexa eficiente”.           

Efectivamente non temos porque coincidir con Fraga no que é ou significa un Estado nin da forma en que facelo funcionar; iso dependería moito da ideoloxía de cada quen. A miña defire moito. No que si coincimos é na necesidade de ter un modelo persoal e colectivo e en que ese modelo ten que ser o mesmo nun ámbito e noutro, para así poder actuar con axilidade e con coherencia fronte os problemas que xurdan. Sobre esta cuestión engade: “é necesario ter un modelo máis global. Ou sexa, ampliar o que temos”.

Cando ademáis se trata de influir nunha sociedade, como é o caso dos partidos políticos  (algúns; outros parecen que prefiren seren influenciados pola propia sociedade), Leopoldo Abadía fala de que “non so hai que ter un modelo senón que ademáis hai que saber explicalo para que o entendamos todos”. Logo de perder as eleccións do 1-M escoitábase a responsables do BNG decir “non soubemos explicar os nosos logros”. Explicar que? Os logros? O que non quere unha sociedade como a galega é escoitar a políticos que veñen a colgarse medallas, queren políticos que teñen un modelo persoal, para o seu partido e para súa nación, queren políticos que teñen un modelo global, para o mundo, e saben como encaixar a Galiza nese lugar. Non había que explicar logros, só facía falla que en tres anos e medio non fixesen nada, había que explicar o modelo… pero, había modelo?

A miña percepción é que dentro do BNG, mellor dito, entre os que gobernaron o BNG nos últimos tempos, non existe un modelo claro para Galiza, nin un modelo claro para Galiza no mundo e, moito menos, un modelo claro para o propio BNG. E entón, pouco importaba que se explicasen ben ou mal, ninguén os ía entender.

O modelo que propopón o autor deste libro consta de sete principios fundametais; un deles, traducido en clave galega, ven a dicir que “hai que volver o rego” (para coñecer os outros, mellor ler o libro).

Non hai parola

Abr 01 2009

Os misterios de Antón Losada

MISTERIO NÚMERO 4

agora que Quintana vai ocupar posto na mesa do Parlamento, acabará dunha vez o acoso e derrube de la Voz de Galicia ou seguirán co manual de periodismo independente ate acabar con il, sen tregua coma no despiadado xogo do golf que tantas paixóns desata?

Analistos coma vostede, Sr. Losada, foron os que alimentaron o ego do Sr. Quintana, foron vostedes os que fixeron que os dirixentes do BNG non mirasen máis aló do seu embigo porque, seica, para mirar, xa estaban vostedes. Foi así como se lles ocorreu facer unha campaña centrada na imaxe dunha sóa persoa, esquecendo o colectivo e a pluralidade do BNG. Foron vostedes os que lle puxeron un branco fácil a La Voz de Galicia (e outros) pois, non é a primeira vez que atacan ó lider do BNG. Xa o fixeran antes con Beiras e con acusacións moito máis graves… non sei si se lembrarán? Daquela o BNG era un partido unido, plural pero unido, non dividido como agora pola cobiza duns poucos, por iso aqueles ataques só conseguían o efecto contrario: aumentar o número de votantes nacionalistas.

E remato cunha obsevación que fixo un compañeiro do BNG: o rumbo deste partido non pode estar dirixido polos que, coma vostede, comen da maseira, senón polos que, coma nós, botamos (e votamos) o penso nela.

7 comentarios

Nov 07 2008

Texto en duas columnas

moido por xOsse dorrío en blogosfera

Grazas ó blog de Gema puiden facer este post con dúas columnas, de tal xeito que as imaxes non se perden na entrada ata o infinito. Se queredes saber como facelo teredes que seguir esta ligazón.

Gracias al blog de Gema he podido hacer este post con dos columnas, de tal modo que las imágenes no se pierden en la entrada hasta el infinito. Si quereis saber como hacerlo tendreis que seguir este enlace.

Comments Off

Sig »

Rolda de Rebeldía
Pechar
  • Webs Sociais
  • E-mail
E-mail It