Adeus estrela vermella

O día 8 Xuño 2010, clasificado en: blogosfera, por xOsse dorrío

Logo de catro anos acompañándome en diferentes blogs e perfís a estrela vermella desaparece, non o vermello, como imaxe identificativa. Vai facer catro anos que ando pola blogosfera e son moitas as modificacións que fun realizando en diferentes blogs e perfís, mais desprenderme deste símbolo é unha das accións que máis me custou. A vella cabeceira quedará gardada para sempre, agardo, neste post.

antiga cabeceira de mOendo do Revés

Con este cambio pretendo tamén dar un xiro (non sabería calcular de cantos grados) a política deste blog, centrándoo máis nas políticas de emprego e en como os diferentes gobernos e partidos afrontan esta situación de crise do mercado laboral, a verdadeira crise.

etiquetas:  

2 Respostas to “Adeus estrela vermella”

  1. Será que somos reácios às mudanças, mas eu seguia preferindo a estrelinha. Umha aperta Xosé.

    • Enténdote, a estreliña ten algo de nós, máis o boneco vermello tamén ten algo da estreliña. Representa a un Director de Persoal abrazado aos seus traballadores, esta:

      networking profesional

      Lémbrame moito ao significado da estrela vermella como símbolo de unión dos traballadores dos cinco continentes, so que aquí, amais de unidos entre si, están unidos ao xefe, director, empresario… como queira interpretarse.



arquivo de mOendo

Xuño 2010
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes