Estado liberal

estado liberal:

tipo de estado que aparece no século XIX froito d aloita de novos sectores sociais (a burguesía) que esixen ó monarca dereitos e liberdades individuais, e garantías que protexan a propiedade privada e as iniciativas mercantis. Caracterízase pola separación funcional do poder (entre o lexislativo, executivo e xudicial) e pola existencia de eleccións periódicas -nun pincipio mediante o sufraxio censitario- onde se escollen os representantes da cidadanía.

Integración Social

Esta é unha desas expresións que nunca fallan nun programa político. Tódolos políticos queren mostrar o seu lado máis amable nunha campaña e iso non é posible sen ter consideración polos máis desfavorecidos nunha sociedade. A miña percepción é que se fala moito máis de integración social do que realmente os políticos están dispostos a integrar, de aí a pregunta que lle plantexei no día de hoxe a Anxo Quintana e Núñez Feijoo. Emilio P. Touriño nin me mira a face, Núñez Feijoo debe andar moi atarefado e Anxo Quintana contestou a pregunta que lle deixara o sábado sobre corrupción política -o tema máis espiñento dos plantexados ata agora-, o cal é de agradecer pois, a bo seguro, anda tan liado coma os demais. É posible que non haxa máis respostas, ainda así, eu plantexarei tódalas as que se me ocorran.

A sociedade, a través dos seus mecanismos de particiapación -movementos sociais- sacou a luz hai xa ben tempo a discriminación que estaban sufrindo moitos colectivos sociais, abocados a unha vida marxinal por falla de recursos, por discapacidade, pola súa orixe ou pertenza a unha etnia minoritaria, por ser muller, etc. A presión destes colectivos fixo que tódolos partidos falen nas súas campañas de integración social…

Pero, ata onde están vostes dispostos a integrar? As mulleres, colectivo marxinal por antonomasia conseguiron un importante avance ó acadar estar ‘visibles’ nas listas dos partidos políticos nos comicios electorais, grazas a unha reforma da lei electoral. Non sucede o mesmo cos discapacitados que, pese a que a lei reserva un cupo mínimo do 5% -que logo será un 7%- no emprego público -e os deputados do Parlamento Galego son traballadores públicos- non acaban de atopar ocos nas listas electorais de ningún partido.

A pregunta de hoxe é para que me digan cantos discapacitados levan nas súas listas con posibilidades de ser elexidos deputados e que porcentaxe de discapacitados prevén contratar para cubrir postos de confianza.

Neste tipo de políticas prodúcese, moitas veces, un fraude por parte das administracións e/ou empresas públicas cando, a sabendas da obligatoriedade da reserva de cupo, convocan un número determinado de prazas dos previstos en diferentes procesos para evitar, de facelo nun só, crear prazas para discapacitados. Este tipo de prazas están destinados para un perfil de cidadáns concretos o que, a miudo, choca coas preferencias do resposable político de turno.

Estado liberal democrático

estado liberal democrático:

tipo de estado que incorpora dúas características democráticas básicas no sistema liberal: a participación de tódolos cidadáns no roceso de formación do goberno (sufraxio universal) e a posibilidade de organizarse para mellorar as condicións de vida (dereito de asociación). Trátase pois dun estado liberal pero con rasgos tamén democráticos.


a pesar desta distinción entre estado liberal democrático e estado do benestar, a miudo utilízanse indistintamente as dúas expresións, dado que os sistemas democráticos da actualidade combinan rasgos de ámbolos dous modelos.