estado: unidade de organización política caracterizada por ser autónoma respecto de outras entidades non políticas e para administrar -xeralmente en réxime de monopolio- a coacción. A súa aparición data, aproximadamente, do século XVI e pervive (adoptando distintas formas) ata hoxe.
estado social ou estado do benestar: tipo de estado que aparece despois da II Gerra Mundial no cadrante Nordeste de Europa. Caracterizase por manter o cadro de dereitos e liberdades e a organización institucional do estado liberal democrático, á vez que incorpora dereitos de carácter económico e social (educación, seguridade social, eeconomía, vivenda,…) e comprométese [...]
estado absoluto: tipo de estado que aparece nalgunhas rexións de Europa durante o século XVI, no marco da era moderna, a raiz da construcción dos primeiros «estados-nación». Caracterízase pola acumulación e centralización do poder en mans dun monarca (ó cal se lle atribúe unha lexitimidade divina), e que se converte no único soberano e fonte [...]
estado socialista: Tipo de estado que aparece a luz da Revolución Rusa e a creación dun estado soviético, e que posteriormente se extende á Europa do este, a China e a algún outro país do Terceiro Mundo. Caracterízase pola concentración do poder políticonun executivo de carácter partidario que ten como obxectivo transformar económicamente o país [...]
estado liberal: tipo de estado que aparece no século XIX froito d aloita de novos sectores sociais (a burguesía) que esixen ó monarca dereitos e liberdades individuais, e garantías que protexan a propiedade privada e as iniciativas mercantis. Caracterízase pola separación funcional do poder (entre o lexislativo, executivo e xudicial) e pola existencia de eleccións [...]
estado liberal democrático: tipo de estado que incorpora dúas características democráticas básicas no sistema liberal: a participación de tódolos cidadáns no roceso de formación do goberno (sufraxio universal) e a posibilidade de organizarse para mellorar as condicións de vida (dereito de asociación). Trátase pois dun estado liberal pero con rasgos tamén democráticos. a pesar desta [...]






