Segundo publica hoxe o diario El Pais Anxo Quintana está disposto a celebrar unha Asemblea Nacional Extraordinaria para o mes de Abril ante o alzamento continuo de voces proferidos dende as bases do nacionalismo galego, unha Asemblea a que poidan asistir tódolos militantes do BNG. Na mesma nova sinálase que o portavoz nacional pretende configurar unha lista única para a nova executiva na que non figure ningún dos líderes das distintas correntes do BNG. Isto si que é difícil de asumir, vale que non esté el e F. Rodríguez, responsables da desfeita electoral pero, que razóns obxectivas existen para excluir ós responsables de outras correntes e partidos políticos? Ningunha. O único que buscan quinigás é upegás é debilitar a capacidade de arrastre que xera o líder do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras.
Primeiro trataron de controlar as Asembleas Nacionais mediante o filtrado das Asembleas comarcais e, agora, o que pretenden é que non poidamos elixir libremente a quen nos pareza. O Sr. Quintana e o Sr. Rodríguez son moi libres de autoexcluirse de calquer lista –mádia leva!-, pero non teñen autoridade moral algúnha para sacar desas listas a terceiros, menos a persoas que non teñen responsabilidade algúnha da situación actual do nacionalismo galego. Na vindeira Asemblea deben ser os afiliados os que decidan o futuro do BNG non os dirixentes. Eles xa o fixeron nos últimos anos… así nos foi!
Desta volta concordo contigo, e máis logo de ler isto:
http://www.vieiros.com/media/vieiros/documento-quintana.pdf
Lino onte… lamentable. Digo o mesmo que xa dixera en A Nosa Terra:
A función dun partido político non é seguir as correntes sociopolíticas, senón crealas e canalizalas. Un bon político non segue, convence. É como si o pastor dun rebaño de ovellas en lugar de guialo se adica a seguilo. Abofé que acabará na fraga rodeado de lobos.
Os principios ideolóxicos do BNG están marcados dende hai máis de 25 anos, e durante unha longa etapa foi convencendo a máis e máis xente. Era un partido que convencía, entre moitas outras razóns, porque tiña unha firme convicción do que dicía. O que convence é a convicción ,decía Cicerón.
Logo de ler o informe que vencellas so podo decir que esa simpleza ideolóxica non é propia dun lider político, máis ben parece a reflexión dalguén que, coa ferramenta da demagoxia e o populismo, quere facer nosas as súas experiencias dun largo encontro na terceira fase. Queren levarnos ó suicidio colectivo!