Xustiza e Sanidade

Xuntar estes dous temas nun só pode parecerlle a alguén que estou misturando touciño con velocidade pero unha cousa ten moito que ver coa outra ou, mellor dito, unha cousa acaba levando a outra (e a veces, viceversa). Así llo plantei hoxe os tres candidatos que, como ben sabedes, andan moi atarefados, e non poden respostar as miñas dúbidas. Este rítmo vou seguir indeciso o día 2 de marzo.

Preguntaranse que ten que ver unha cousa coa outra. Agora llo explico: cando unha persoa doente é vítima dunha neglixencia médica, onde acaba? No xulgado -non todos, algúns no cemiterio-. Non existe a mínima posibilidade de que un centro sanitario público recoñeza os seus erros e indemnice o paciente polo dano causado, nin sequera cando o feito é flagrante.

Logo de tantas preguntas, nas que vou introducindo experiencias propias, vostedes dirán, pois si que tivo un ano negro este home! Pode ser, pero eu que non creo na mala sorte, considero que todo o que a min me sucede ocórrelle tamén tódolos días ó resto de cidadáns.

Dentro dunha semana fai un ano que acudín a un centro sanitario porque me levantei doente. Acudín ó C.H. Cristal Piñor de Ourense onde, sin facerme proba algúnha do mal do que me queixaba mándanme pra casa con menciña pra dor de cabeza e para o catarro (a verdade é que tamén andaba algo arrefriado). Seica un non pode enfermar un domingo de Entroido! Os catro días estaba moito peor. Desta vez, logo de facerme tódalas probas que antes non me fixeran, diagnósticanme unha patoloxía que nada tiña que ver coa que me trataran e ponme o tratamento… o día seguinte! (daquela os médicos estaban en folga). O resultado é que tratar esa enfermidade tan tarde fai que a miña saúde non poida reverter ó estado inicial, mentres que si me tratasen o primeiro día (claro que para iso había que facerme as probas naquel momento, naquel domingo de Entroido) agora mesmo non tería ningunha secuela e, seguramente, estaría moito menos cabreado.

Puxen unha reclamación en ‘Atención o Paciente’ e a súa resposta é que o trato que me deron foi o adecuado. Estiven a piques de mandarlle un xamón de guijuelo ó responsable!

A saída que queda nestes casos -a min e a calquer outro paciente- é a xustiza… e aí atópome, de novo, cunha lista de espera con máis de 5.000 casos por resolver. Sí, eses son os casos que ten na actualidade o Xulgado de Instrucción nº 1 de Ourense segundo traballadores do Pazo de Xustiza.

Os xulgados están ateigados, en boa parte polo funcionamento (o correcto sería decir malfuncionamento) irresponsable das administracións. Por iso a solución ó colapso da Xustiza non pasa sóamente por dotar de máis medios ós xulgados, que tamén, senón de liberar as administracións de dirixentes e funcionarios irresponsables.

Entre os casos que se atopan nese mesmo xulgado está unha denuncia por unhas canteiras en Xunqueira de Ambía, denuncia que se podería ter evitado si o concello (do PP), a Consellaría de Medio ambiente (do PSOE) e/ou a Consellaría de Industria (do BNG) fixeran ben o seu traballo… e así ata o infinito! Os xulgados, como último recurso que son para a cidadanía, son os que sufren máis directamente o malfuncionamento do resto da administración pública -xunto co administrado, claro-.

Mentres tanto, os cidadáns que sufrimos primeiro as neglixencias dunha administración, logo imos ter que soportar a posteriori a lentitude doutra, a da Xustiza. Somos vítimas dos seus erros por partida dobre.

Existirá algunha vez unha administración -especialmente na Sanidade- que sexa imparcial a hora de dirimir conflictos entre o administrado e os actos dos seus traballadores, sen ter que recurrir a vía xudicial? Algún de vostedes vai por fin ó corporativismo das administracións -agora que tanto se critica o da Xustiza- e garantirá que o administrado sexa recompensado polos danos que esta lle cause sen necesidade de ter que acudir sempre a xustiza?

3 comentarios en “Xustiza e Sanidade”

  1. Silenzo absoluto, iso é o que obtes de resposta.

    Non sei dicirche de que me avergoño máis.
    Se do funcionamento da xustiza, cunha chea de casos pendentes e unha falta de control e de medios -cando a día de hoxe a informatización dos expedientes podería facilitarlles moito o choio-. Ou da sanidade, cunha chea de pacientes -iso é o que nos queda tamén, paciencia…- esperando meses para ser atendidos tanto no médico de cabeceira, como en calquer expecialista e xa non digo nada no caso de necesitar calquer intervención quirurxica…
    Outra cousa que deberias preguntarlle é se porán fin ao conflicto cos médicos con consulta privada que queren cobrar o mesmo complemento de exclusividade dos compañeiros que se dedican integramente á sanidade pública e que están a causar graves problemas aos mesmos de sempre…os pacientes.
    Saúdos e perdoa por este comentario tan longo.

  2. Hoxe aparecen na prensa dúas condeas a Sanidade por erros cometidos nos seus hospitais (unha en “La Región” e outra en “El Correo Gallego”), unha delas relacionada cunha neglixencia cometida no ano 2003… preto de seis anos esperando xustiza. Ainda que che recoñezan o erro, logo de tanto tempo, non se pode afirmar que “se fixo xustiza”.

    Nestes supostos a administrción tivo a oportunidade de resolvelos por si mesma pero, que fixo? Silencio.

    O da folga dos médicos é outro dos temas que raia o absurdo, xa non só pola desatención ó paciente, que xa é trascendente, senón pola competencia desleal que practican reclutando pacientes para as súas consultas privadas. Esta practica e ilícita! porqué ninguen a investiga?

    Terás razón, haberá que preguntarllo…

Os comentarios están pechados.