No rural non sobra ningún vello pero falta xente nova. O desequilibrio xeracional é tal que cada ano aumenta o número de pobos que quedan sen veciño algún. É difícil reter a xente nos pobos cando non se lle pode garantir o mesmo nivel de vida que calquer outra persoa ten nunha cidade: suministros, administracións, ensino, información, actividades sociais e culturais… unha carencia que sería fácilmente subsanable coa implentación das novas tecnoloxías da información e do coñecemento pero, para a empresa privada non é rendible dar servicios a poboacións pequenas e lonxanas e, para as administracións, non é algo prioritario. Cada vez que hai eleccións fálase de WI-FI, WI-MAX,… inaugúranse un par de antenas -pra foto- e pasado este periodo esquecense de todo. A pregunta de hoxe é a seguinte:
“Galiza crece no entorno das súas grandes cidades, mantense en seis urbes e afúndese o padrón en dous tercios dos concellos galegos. Nas provincias de Lugo e Ourense, o descenso afecta o 75% dos concellos. Así se resume no derraeiro ano de movimientos demográficos que acaba de facer público o Instituto Nacional de Estadística (INE)”.
Esta é a cabeceira dunha nova que publicou o 3 de xaneiro La Voz de Galicia. Non colle a ningún galego por sorpresa pois, a mesma nova, vense repitindo ano tras ano.
As políticas do medio rural son un fracaso, son unhas políticas que non permiten innovar, crear ou crecer, simplemente sobrevivir e, cando iso non é posible, só queda fuxir. Unha boa parte das persoas que ainda quedan no rural galego faino con explotacións agrícola-gandeiras de subsistencia sustentadas polos subsidios europeos, subsidios que pronto chegarán a súa fin.
Para cando iso ocorra atoparémonos cun país que non sóubo aprobeitar as axudas da Unión Europea para modernizar o medio rural, para especializar os seus campesiños e gandeiros, nin para crear unha verdadeira industria transformadora dos bens aquí producidos. Non é así noutros países de Europa, como Francia, onde contan xa con macroproxectos como a AGROPOLE, mentres aquí seguimos enredados coa infracultura das concentracións parcelarias.
Pregúntome si lles preocupa o abandono do medio rural, lamentablemente non para a Galiza urbana, senón para fora da nosa terra e, pregúntolles, cales son as súas solucións a este problema, xa secular, que ten tintes de converterse en dramático si temos en conta o avellentamento dos nosos pobos.
Oiremos falar de tódalas maravillas que se ten feito no medio rural -cantos de seréa dirixidos a poboación urbana; só eles poden, por descoñecemento, crer todo o que se di- para mellorar as condicións de vida pero logo, porque segue desaparecendo a poboación? O pior é que esa poboación nin sequera vai para as cidades galegas, nas que tampouco existe moita saída laboral, senón para fora de Galiza. O éxodo de galegos parece non ter fin.
Artigo relacionado: O minifundio : ¿residuo do pasado ou proxecto de futuro?, de Xoan Carlos Carreira
Temos que rematar coas barreiras e cos prexuizos contra o rural. Xa estou farto de escoitarlle a catro desleigados o de “para que se va a invertir en el rural si el futuro está en las ciudades”. Coa letanía esa levamos anos desangrando os pobos, olvidandonos de invertir neles e no caso de facelo, metendo os cartos en cubas de formigón para caciquear catro votos. É agora ou nunca, e necesitase xente competente.
O pior é que cando fan algo nos pobos logo veñen as cidades a vendelo como unha obra de caridade… é do que se trata!
Para fixar poboación no rural é básico que os labregos poidan vivir da súa actividade.
Eu penso que a Xunta e mesmo o Estado, teñen hoxendía pouca marxe para desenvolver políticas que propicien que os labregos poidan sobrevivir, porque o deseño básico da política agraria fixose na UE, dacordo á ideoloxia do libre mercado (ou a relixión máis, ben todo o deseña dacordo con ese paradigma).
Non creo que a situación sexa moito mellor en outros países coma en Francia como se afirma no artigo. Se é mellor e porque coma Francia ten peso na UE subvenciona aos seus labregos en contra do criterio do libre mercado pero nada máis.
O problema non radica na falla de modernización. Hai moitos labregos empeñados cos bancos por mor de grandes inversións que fixeron precisamente en iso: modernizar as súas explotacións e agora teñen débedas e o que obteñen pola venda do producto apeñas lles da para cubrir custes.
A suposta modernización agrícola da UE consistiu niso precisamente en expulsar á xente do rural, e que produzan no terceiro mundo que sae máis barato.
Concordo con que o labrego ten que vivir do seu traballo pero iso é moi dificil si a trasformación e a comercialización se produce lonxe do lugar de orixe. Ahí é onde se botan de menos as inversións. Eu non falo de inversións individuais, senón de inversións colectivas, que son as que unha sociedade precisa para crecer -e a iniciativa ten que partir das administracións-. A Agropole é un proxecto a imitar, non a única solución. Non se lle fai favor algún a un país especializando só na producción para que un terceiro país os transforme e os comercialice.
Francia é capaz de producir máis barato grazas a que ten mellores infraestructuras e tamén, hai que recoñecelo, máis espiritu colectivo e emprendedor, o cal lle serve para xerar unhas fortes sinerxias. Aquí, e falo pol’A Limia, de onde eu son, cada quen vai pola súa conta… e claro, logo non se pode competir cos de fora si competimos cos de aquí (onde andamos a ver quen o ten máis grande… e refírome o tractor).
Totalmente de acordo en que cada quen vai pola súa conta, se por algo se caracteriza o labrego galego e polo seu individualismo.
Non coñezo o procecto ese de Agropole, pero sigo pensado que o que a administración da Xunta pode facer é bastante limitado(tendo en conta o modelo no que estamos) aínda que algo podería axudar.
Cando falas de que a transformación e comercialización se producen lonxe de aquí, a alternativa na que pensas sería algo así como que sexan os labregos os que emprendan tamén esas tarefas?? Ou ten algo que ver coa creación do famoso grupo lácteo galego?
E que non teño claro se estás pensando na producción e comercialización por unha canle convencional tipo gran distribución ou falas de fomentar formas alternativas coma p. ex. (xa que falas dende A Limia) Labregos Daiquí.
Labregos Daiquí, Biocop,… son un exemplo a seguir. É algo que non só demandan os labregos senón tamén moitos consumidores (particulares e restaurantes) que buscan productos de alta calidade e de confianza e, para iso, é preciso a comercialización directa do producto. Grazas as novas tecnoloxías iso é posible… pero claro, teñen que chegar a cada pobo. Tamén é preciso formación, tecnolóxica e empresarial (para que serve o IGAPE?), dotación de chan industrial para a transformación e almacenamento, etc. Son moitas cousas as que non se fixeron mentres moitas outras se destruiron coas concentracións parcelarias (en boa parte, unha perda de tempo e diñeiro).
Claro que a Xunta pode facer moito! Pero non se poden tratar o medio rural coma si fose algo ‘distinto’. Porque ten que chegar alí todo máis tarde? Porque eu teño banda ancha na cidade dende hai case 10 anos e ainda hoxe non a ten moitos pobos? Ise trato diferencial é o que acaba cos pobos… Vánselle dando caramelos cando nas cidades xa estamos fartos e encima… caducados! O ADSL é un exemplo perfecto de caramelo caducado: alá onde vai chegando chega con 1 Mega mentres na cidade dispón de 20 ou máis.