Ou debería dicir: crise, que crise! Antes non sabían por onde viña e agora que xa chegou, non saben por onde se vai ir. Nin cando. Témola aquí entre nós, seguímola cada día coa mirada e cos oídos, falamos mal dela, moi mal, non nos gusta a ninguén, molestanos que esté aquí, pero ninguén fai nada para que se vaía… uns por outros e ela segue aí. Inmóbil. Falo da crise… e dos políticos. O certo e que moitos xa desconfiamos que se queiran desfacer dela, as medidas tomadas non son o resultado dunha verdadeira análise de fondo do problema senón froito dunha tirada de dados (que, desgraciadamente, ten máis caras que unha moeda). Eu tampouco teño a solución para pola fora, pero si teño máis preguntas, quen sabe si coñecéndoa ben…
Hai un ano algúns estábannos promentendo o pleno emprego e agora resulta que levamos seis meses en recesión. Defenderse deste feito dicindo que non se estaba mintindo senón que se descoñecía a magnitude da crise económica da medo, da medo ter uns dirixentes ignorantes, moito máis que uns dirixentes mentireiros.
Naquela campaña, na que se descoñecía a realidade económica, anuncióuse unha medida para fomentar o consumo, os famosos 400 € de Zapatero. medida que, ademais de non producir os efectos desexados, deixou o goberno sen capacidade de maniobra futura (agora séguense pondo en marcha novos plans “anticrise”, pero a conta do endebedamento de todos). Aparte, aquela promesa foi malinterpretada por moitos votantes, que se creron beneficiarios sen selo, provocando o conseguinte cabreo a posteriori (despois de votar, claro).
Agora é Anxo Quintana quen lle promete ós parados 500 € extras cada semestre (unha promesa así so se pode facer dende a posición de quen cré que o home é o único animal que tropeza duas veces na mesma pedra), porque seica os parados daquí cobramos menos. Porqué cobramos menos? Iso é o de menos…
Non, iso é o relevante. Cobramos menos porque cotizamos menos e nisto ten unha responsabilidade directa as institucións públicas. Moitos dos postos de traballo que son creados no país son forito de necesidades públicas pero non sempre as contratacións son feitas polas administracións, onde os traballadores teñen máis dereitos recoñedidos froito do diálogo social (si, diálogo).
Volvo a SEAGA, empresa na que me estou “especializando” (non se enganen, non é o único exemplo, hai a patadas polo país, pero a min déume por aí), que recibe encomendas da Xunta de Galicia, onde os seus traballadores teñen piores condicións económicas, laborais, formativas,… que dependendo directamente da Xunta. Logo SEAGA subcontrata a outras empresas, como a do concelleiro do BNG de Molgas ou ó das Cabras do Xurés, tamén do BNG. Enfín… si os dereitos dos traballadores empeoraban xa en SEAGA con respectoo a Xunta, nestas empresas… (mellor calo). Xa llo comentara noutra ocasión así que non o vou repetir.
Para que os parados galegos converxan cos do resto do estado é preciso que os traballadores galegos se lles garanta os seus dereitos e, claro, si non o fan as institucións públicas que vostedes dirixen (Xunta, Deputacións e Concellos) como o van facer as empresas privadas. A solución non pasa por dar cartos (os cartos acábanse!) senón pola esixencia do cumprimento dos dereitos laborais e levando a cabo políticas que non primen as empresas que non os cumplen.
Por exemplo: a Xunta de Galicia vai por a disposición de Adolfo Domínguez un millón de metros cadrados no Val da Rabeda. ¿Que ofrece a cambio esta empresa os cidadáns que lles financiamos eses terreos? Precariedade laboral (salarios báixos, temporais,…), conxelacións de salario, etc. e a ameaza permanente da deslocalización.
Calquer persoa sensata acaba dándose conta de que as nosas administracións son títeres en más das empresas privadas (miren como Fenosa ainda mantén o seu dereito de pernada sobre Galiza), que son elas as que realmente gobernan o país, calquer país, e os poderes políticos pouco máis poden facer que someterse ós seus designios.
Desta vez máis que unha pregunta vou facerlle unha proposta: propóñolle que me convenzan do equivocado que estou. Poderán?
Acho que non…
problemas de axenda… imaxino.
Non ho! eu diría máis ben que un comité de expertos há estar elaborando respostas concienciudas a todas as túas preguntas. Xa xa…
ha, ha,… no BNG non hai ‘comités de expertos’, todos somos expertos!
entón será un comite de sabios o que evalue as tuas preguntas… ;P