Nov 27 2008
Contra a crise… lotaría
Tendo en conta que hai preto de tres millóns de parados -e subindo-, que moitas pemes se ven empuxadas ó peche, que as grandes empresas -as mesmas que hai uns meses batían records de beneficios- redactan ERE’s con máis facilidade que eu un post, as posibilidades reais de que aquelas medidas cheguen ós cidadáns que viven a crise de cerca é unha verdadeira lotaría. No fondo, do que se trata, non é só de crear 300.000 postos de traballo no Estado ou 10.000 en Galiza, senón de creala esperanza de poder acadar un desos postos de traballo a 3.000.000 ou 100.000 persoas, respectivamente. Estase xogando coas ilusións dunha parte moi importante da poboación. Para os demais, cada anuncio feito para mitigala crise resulta tan espectacular que, máis que medidas reais, son percibidas como fogos de artificio. Non son creibles!
Por último, non podía faltar quen tratase de sacar rendemento a ésta crise. Por un lado está a oposición, que acusa o goberno de tomar medidas electoralistas, de tratar de salvar os mobles antes das próximas eleccións -pior sería se non fixesen nada!-. Isto que o faga eu, vale, que non pertenzo ó gremio, pero entre eles non fai máis que deixalos a todos en mal lugar: o que acusa e ó acusado. Polo outro está o goberno, sacando medidas de xeito improvisado, irreflexivo e, por suposto, sen discutilas coa oposición. Logo pediranlle apoio, lealdade,… e todas esas verbas fermosas que todos coñecemos de memoria. É a política do revés. O que sí nos quedou moi claro a tódolos cidadáns é que os nosos políticos son incapaces de traballar xuntos, cóbado con cóbado, para sacar ó país desta situación. Iso deberíamolo ter en conta tódolos galegos nas vindeiras eleccións autonómicas.
Noticias relacionadas:
Compren cambios ainda que algúns ricos se arruinen
Políticos ilusionistas y ciudadanos desilusionados
Touriño destaca que o plan de estímulo económico adoptado polo Goberno central suporá un investimento en Galicia de 470 millóns de euros e a xeración de máis de 10.000 empregos
Crear páxina de impresión
4 están de parola en “Contra a crise… lotaría”


















Cartos gratis para os oligarcas, para que? pois para que prosigan coa súa asasiña especulación.
Pasen e xoguen no casino do Capitalismo. Todo vale. Só importa o beneficio.
Certo, explícanno moi ben en The last laugh, medio en serio, medio en broma.
[...] tomadas non son o resultado dunha verdadeira análise de fondo do problema senón froito dunha tirada de dados (que, desgraciadamente, ten máis caras que unha moeda). Eu tampouco teño a solución para pola [...]
[...] crise económica de dimensións nunca antes vista, e os responsables políticos adicábanse a tirar fogos de artificio, pensando máis en encauzar a campaña electoral que en enfrontar o problema en si e provocando, [...]