A crise económica global co conseguinte colapso de multitude de multinacionais, o continuo despedimento de traballadores, a perda dos aforros invertidos pola baixada das bolsas, para quen tiña cartos, a dificultade de acceder a créditos, para quen non os ten e os necesita, a falsedade contable das empresas -a inxeñeiría financieira, que lle chamaban antes-, as reduccións de salarios,… e a corrupción política, xeran desafección política e carraxe. A carrase é algo que tarde ou cedo acaba por emerxer na sociedade, e os cidadáns levamos moito tempo acumulándoa no noso foro interno, carraxe que os nosos dirixentes levan, tamén, moito tempo ignorando. Un exemplo, no ano 1980, o 13% dos enquisados pensaba que todos os partidos políticos eran iguais, e en 1992 esta porcentaxe era do 63%. Outro, no ano 1980, o 22% consideraba que os partidos só serven para dividir á xente, mentres que en 1992 esta cifra aumentara ó 41%. Non sei que se respondería hoxe en día a esas preguntas, pero seguro que seguiron a mesma tendencia.
Na noticia a que fago referencia o Rector da Universidade de Atenas sentencia: “Os novos xa non nos cren. Respetannos, ou tolerannos, pero xa non nos cren. Fixemoslles perder a esperanza no sistema”.
Noticias relacionadas:
A democracia é absolutamente nihilista
Centos de estudantes bloquean o centro de Atenas e enfróntanse a policía
O certo é que os novos teñen boas razóns para non creer a ninguen por que no fondo todos minten para poder sair o mellor parados…triste…pero eche asi 🙂
Respondendo ó recto da Universidade de Atenas: o que a fai as paja.
Saúdos Xose, bo blog.
A única violencia que hai en Grecia, dende hai tempo, é a da Policía, que actúa como unha auténtica forza represora ao servizo dun dictador.
E ben coñecida polas súas brutais agresións e represións ante mobilizacións pacíficas.
Mentres os mas media perden o tempo intentando embobarnos coa anécdota dos destrozos (cantos serán a mans de policía inflitrada?) o que está sucedendo en Grecia é un auténtico embate ao sistema.
Hai máis dunha semana que os centros de ensino (todos) permanecen ocupados polos estudantes.
O titular da noticia debería ser: A MOCIDADE COMEZA A CRER, que outro mundo é posíbel, que este sistema asasino é insostíbel. A solución pasa por derrubalo e contruír unha alternativa.
Dixeron basta a precariedade laboral, a altísima tasa de paro xuvenil, a desregulación do mundo do traballo.
Avante coa súa loita!!
Un dato curioso acerca do que está pasando en Grecia e que tras máis unha semana de protestas a única persoa que dimitiu e a que pronunciou a frase “os novos xa non nos cren“, en referencia aos dirixentes do país (velaquí a nova). Ningún responsable político nin da policía, por suposto. Jristos Kitas, o rector da Universidade de Atenas levaba xa tempo advertido do “divorcio entre a xuventude e o sistema” pero ninguén lle fixo caso.
Algo semellante pasa na nosa sociedade hoxe en día e xa veremos como acaba. As protestas, especialmente as dos estudantes, teñen pouca repercusión mediática -salvo si hai destrozos, entonces si aparecen nos medios para facer quedar os manifestantes como seres incivilizados, violentos e sen argumentos (iso pasa moi a miudo co movemento antiglobalización: non son noticia as súas propostas, as súas asambleas, os seus comunicados,… etc. agora, si hai follón son portada en tódolos medios {supoño que é a isto o que se refire Silvia no suposto de Grecia})-, estanos a silenciar en todas e cada unha das súas reinvindicacións. Seica para a sociedade é mais importante escoitar a tontería do día que aporta cada política. Ahí empeza a separación da que falaba Kitas.