Cerrada a Canteira do Alcalde

O día 15 Xullo 2007, clasificado en: política local, política nacional, por xOsse dorrío
Con máis demora ca que nós houbese gustado ó fin a Xunta de Galiza, a través da Consellería de Innovación e Industria e a Consellería de Medio Ambiente puxeron freo a explotación indiscriminada e sen autorización do Monte da Farria. Paralizada esta desfeita agora achégase o momento de pedir responsabilidades políticas as autoridades locais e, por suposto, responsabilidades tanto penais como civís as dúas empresas -a saber: Farriense de Granitos e EXELCO- que levaron a término semellante estrago nun lugar especialmente protexido pola súa paisaxe e polo seu monte.

¿A todo isto que di o Sr. Gavilanes Losada? Que non sabe nada. El non ten coñecemento de que «a súa empresa» esté a explotalo Monte da Farria, unha empresa que ten o seu domicilio social no Polígono Industrial «A Cotorra» -isto do ‘poligono’ é outro tema a tratar profundamente-, en Xunqueira de Ambía, a escasos metros do consistorio, e a que non se lle coñece outra actividade en ningún outro monte. Alí, nese polígono, tamén ten Farriense de Granitos o seu aserradeiro -xa nos dirá próximamente o Sr. Alcalde si coñece ou non a actividade desta industria e con que licencias municipais conta-.

Podes ver a noticia en:

Ir a Galega

1 Resposta » to “Cerrada a Canteira do Alcalde”

  1. [...] Ninguén moveu un dedo ata que tiveron coñecemento da denuncia feita ante a Fiscalía. Entón si. Logo ainda houbo que tratou de atopar unha fórmula para reabrir a canteira. Trabúcanse, non hai [...]



arquivo de mOendo

Xullo 2007
L M M X V S D
« Xuñ   Dec »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes