A estas alturas xa ningúen pode negar que as canteiras de
Xunqueira de Ambía están nunha situación ilegal xa que ademais de non contar con ningún dos permisos necesarios para realizar a actividade extractiva, están situados nun monte de especial protección paisaxística. Moitos dos que hoxe gobernan o noso Concello, e tamén algúns da oposición -refírome o PSOE-, creen que esa situación ten fácil arranxo. Estes consideran que para cambiar esa situación protectora do Monte da Farria é dabondo con modificar o PXOM de Xunqueira de Ambía e unha vez feito as canteiras poderán voltar o Monte e campar as suas anchas.
Non podían estar mais trabucados. A situación de protección que ten hoxe en día o Monte da Farria é irreversible, polo lo menos así será mentres esté vixente a Lei da Biodiversidade [Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade (BOE, núm. 299, de 14 de decembro de 2007) (PDF)]. Esta lei di no seu artigo 51.1 (sobre a alteración da delimitación dos espazos protexidos) que “só poderá alterarse a delimitación de espazos naturais protexidos ou da Rede Natura 2000, reducindo a súa superfice total ou excluindo terreos dos mesmos, cando así o xustifiquen os cambios provocados neles pola súa evolución natural, científicamente demostrada”.
Isto quere dicir que mentres o Monte da Farria non se funda, se eleve ou se parta en dos -ou máis…- por causas naturais (terremotos, volcáns, tormetas,…) -non vale con porlle lume- este seguirá a gozar da mesma protección e, polo tanto, toda actividade -agás a recuperación- que se leve a cabo alí será ilegal
… E de novo na TVG
Vistas do aserradeiro ilegal de EXELCO pegado a sua propia canteira
1 comentario en “A PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE”
Os comentarios están pechados.