Feb 22 2009

A terra prometida

moido por xOsse dorrío ás 22:55 en actualidade, política local

Nunha campaña, con tal de arrabañar votos, os políticos son capaces de prometernos “o habido e por haber”. Hoxe pola maña lía un artigo de Roberto Blanco, A excursión, ou mellor, as excursións, no que decía que “amparado na impunidade que dá o sentirse e proclamarse o partido propio de Galicia, o BNG atrévese a facer cousas ás que ninguén se atreveu en Galicia ata o momento”. Cando escribiu isto seguramente non imaxinaba o que ía pasar pouco despois… Pois poucas horas pasaron ata que me entero que o Alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes Losada (PP), interrompeu unha misa, no día de hoxe, para falarlle ós feligreses alí reunidos sobre os seus proxectos de futuro: a construcción dun novo cemiterio para a Parroquia de Abeleda.

Este acto, que viña sendo anunciado polo párroco de Abeleda, o “padre” Adolfo dos Salesianos de Allariz, dende hai máis dunha semana, incluso durante a misa dominical, estaba previsto que se realizase a saída da misa, pero antes de rematar esta, e sen que ninguén lle dese a palabra, o Sr. José Luis Gavilanes tomouna, para evitar que os alí reunidos se fosen “en paz” como é costume e coa bendición do párroco. As misas en Xunqueira de Ambía remantan cando di o Sr. Alcalde que para iso é o Alcalde. E punto!

A explicación que deu para facer o acto na propia igrexa foi que alí “estase mellor que fora” que seica facía un tempo do demonio, como ven saberán todos vostedes (vendavais, nevaradas e frío polar; todo xunto) e seica cumpría protección divina.

Ofreceu ós filigreses un novo emprazamento, e digo novo porque non é a primeira vez que ofrece ós veciños da parroquia un cemiterio por unhas eleccións (rumoréase pola contorna que “vello non quedará ningún” de aí tanta preocupación); naquel outro lugar non era posible facelo -iso si meteu por alí as súas máquinas para facer crer ós parroquianos que se ía realizar de imediato (isto sucedeu nas pasadas municipais)- e, moito me temo, que neste novo emprazamento tampouco vai ser posible.

Logo marcharon dalí todos contentos -non todos, algúns marcharon indignados-, que era do que se trataba, tan contentos coma uns mozos que acaban de coñecer a nova de que van recibir unha vivenda de protección oficial,  contentos porque axiña poderán dispor das súas vivendas para a eternidade.

Iso si, non houbo bolígrafos, nin chisqueiros,… nin hostias do PP. Hai que agradecerlle a discreción coa que foi levado este acto. Mágoa que non acudira ningún medio a cubrir o evento, foran todos convidados, incluído o xornal La Voz de Galicia.

Crear páxina de impresión Crear páxina de impresión

15 están de parola

15 están de parola en “A terra prometida”

  1. O BACALLANESel 23 Feb 2009 a las 10:24

    Isto hai que mandarllo ó sr. obispo, a culpa é do cura e dos feligreses por escoitar a un manipulador…………PARABÉNS!

  2. Monel 23 Feb 2009 a las 12:45

    Isto aos medios de comunicación que tanto debaten, crean opinión encumian ou vilipendian, lles queda lonxe e pequeno, pero é a realidade coa que temos vivir e loitar cada día. Un homiño que se cre un semidios, seguido por unha banda de palmeros, aguantando o palio con sumisión, sen dignidade….. Canto traballo por facer!………….

  3. Xose Loisel 23 Feb 2009 a las 13:08

    Con perdón.
    Estiven alí antes do Acto, vendo o proxecto que xa se presentara fai tempo e que non conta co beneplacito dos veciños pois son nichos verticais.
    Alcalde e grupo de goberno tenta vender a burra por segunda ou terceira vez xusto antes dunhas eleccións. Alá eles.
    Estiven uns momentos na misa e voltei saír polo que non podo certificar que a intervención do Alcalde fora antes de acabar a misa, pero iso si cando souben que estaba dando o mitin dentro da Igrexa co beneplacito do Sr. Cura marchei daquel lugar sentindo vergoña allea.
    Durante o retorno a Vila viñen lembrando aqueles tempos dos poderes fácticos : Alcalde, Cura e Garda Civil nos que sometían a vontade do pobo mediante o medo físico e espiritual.
    Eu sen ser un creinte exemplar, pediría a estes señores un pouco de sensibilidade e respecto polos símbolos e tradicións do noso pobo xa sexan relixiosos, culturaís ou etnográficos, pois hai lugares máis adecuados para iso. Un centro social en Pazos a e un fogar xuvenil en Abeleda; os dous moi cerquiña dá Igrexa.

  4. O canario do Bacallanesel 25 Feb 2009 a las 2:03

    Seica que para este domingo as hostias están de promoción e ó tomar a comunión entregarase a cada filigrés un sobre coa papeleta do PP.

  5. chuzael 25 Feb 2009 a las 11:28

    O PP retén aos asistentes a unha misa para dar un mitin

    http://chuza.org/historia/o-pp-reten-aos-asistentes-a-unha-misa-para-dar-un-mitin/

  6. meneame.netel 25 Feb 2009 a las 12:12

    El PP retiene a los asistentes a una misa para dar un mitin (gal)…

    El alcalde popular de c (Ourense) interrumpió una misa para hablarle a los feligreses sobre sus proyectos de futuro: la construcción de un nuevo cementerio para la parroquia. Vía http://chuza.org/historia/o-pp-reten-aos-asistentes-a-unha-misa-para-dar-un-mitin

  7. tutti69el 25 Feb 2009 a las 12:45

    Venga ya!!! Esto que es? La respuesta al “secuestro” por parte del PSOE de un autobus entero de personas mayores llevados a Portugal de excursion y a los que, con la excusa de darles “una charla” (para venderles algun tipo de producto) en vez de la charla les dieron un mitin???
    Se os ve el plumero, esto es una copia de aquello!

  8. ar2el 25 Feb 2009 a las 13:56

    Hai… dior mioo!! Canto mal neste mundo. GZ non sabe como defenderse da notoria e termenda actuación de Quintana secuestrando autobuses en Oia… Galizos fora de GaliCIA!!!! Deixádenos en paz. Se queredes governar GZ aquí non é. Quizáis sexa no Bierzo, Braga… Só facedes intoxicar, rebentar, pintar paredes…

  9. andresrguezael 25 Feb 2009 a las 15:47

    Tranquilos, de esto A3, EL Mundo, ABC, La Razón…no dirán nada, porque non interesa.

  10. gonzaloel 25 Feb 2009 a las 16:57

    Foron secuestrado o igual que fixo Quintana…..

    A carcere con todos e con todas. Levar preso tamen o “padre”.

    Galiza nazon…. uys non, que eu che son Ourensan

  11. ar2el 25 Feb 2009 a las 18:44

    Non é por nada, pero querer comparar isto co que fixo Quintana cos autobuses cheos de vellos…

    Comparar ó VICEPRESIDENTE co alcalde da Xunqueira… É DEMAGOXIA!!!! ¿ou aquí criticouse ó primeiro?

    Andamos bós!!!

  12. xOsse dorríoel 25 Feb 2009 a las 19:25

    Non é por nada… pero o do Sr. Quintana non foi un acto programado por el (so faltaría que o candidato tivese que organizar a súa propia campaña), nin sequera polo BNG, o cal non lle resta responsabilidade a quen organiza a súa axenda diaria.

    O do Sr. Gavilanes -e outro cento de alcaldiños do PP- é o pan de cada día no rural galego, como afirma Mon, eles fan e desfan ó seu antollo e, para acadar os seus obxectivos, todo vale. Utilizan ó cura, ó médico, o veterinario,… a quen faga falla.

    É realmente noxento que medios de comunicación que parecían estar tan sensibilizados polos nosos maiores ignoren deste xeito o que sucede no día a día no rural galego.

  13. zaratustrael 25 Feb 2009 a las 23:28

    Parabéns!
    Grazas por botarnos un pouquiño máis de luz sobre o que fai o PP no rural galego.

  14. [...] daba creto de que un feito tan cotián -en Xunqueira de Ambía, claro- como entrar nunha igrexa, interromper a cerimonia relixiosa, e porse a dar unha “charla” por parte dun político en campaña electoral ós veciños [...]

  15. nel 27 Feb 2009 a las 16:44

    Resposta a “ar2″:
    ¿Demagoxia? Ti sabes o que é a demagoxia.
    ¿Comparar? Claro que non se pode comparar, solo faltaba comparar a anxo quintana con jose luis gavilanes.
    Para a tua informacion o acto de anxo quintana non se hai probas incriminatorias e sen embargo o que pasou nesa igrexa de Abeleda é probado por todos os asistentes nese momento a misa na sua ampla maioria mulleres(20 mais ou menos) aparte de dous acompañantes que levaba o “señor” gavilanes e outro espectador mais; porque todos os homes agardaban fora no bar a unha reunion que tiñan despoixa co “señor”.
    Foron duas as veces que intentou interromper o parroco e este negoulle a palabra ata que o final subiu o pulpito o gran “señor” a falar.Non dixo nin
    dez palabras cando unha muller lle respostou e as vinte que ali estaban marcharon.
    Ar2, cando fales pensa moi ben o que has de dicir e si estas enteirado do que vai a cousa e mais ainda se sabes quen e jose luis gavilanes e “todo” o que ten feito por xunqueira de ambia porque o dudo.
    A culpa non é del, senon de quen o vota asi que por “moito” que faga seguira nas mesmas.
    Pd: Por se alguen do PP non se entera de que vai a cousa todo o que vaia entrecomillado é ironía.



Rolda de Rebeldía
Pechar
  • Webs Sociais
  • E-mail
E-mail It