Que ven o lobo!

O día 18 Febreiro 2009, clasificado en: actualidade, Eleccións Galegas 2009, política nacional, por xOsse dorrío

Co remate da precampaña advertía dos erros que estaban cometendo as forzas do goberno para reeditar o bipartito. Hoxe lendo a Anxo Guerreiro en El País decátome que son moitos os que perciben a pobreza política desta campaña electoral. O artigo merece ser lido na súa integridade pero deixo aquí uns párrafos para ‘abrir boca’:

…non pode extranar que entre os sectores máis dinámicos da sociedade, precisamente aqueles que con máis entusiasmo recibiron a mensaxe do cambio, prosperara a decepción e, o que é peor, a sospeita de que o Gobierno non só non ten intención de desmantelar a onerosa herencia recibida do fraguismo, senon que está disposto a apoderarse dela no seu exclusivo beneficio.

…Agora ben, non parece que a fórmula máis aconsellable para acadar unha alta participación cidadana sexa recorrer, como o pastor da fábula, ó consabido e desacreditado ¡que ven o lobo! De aí a pedir que se vote co nariz tapado, como recomendaba o inefable Giulio Andreotti, hai un só paso, unha fina línea que xamais deberíamos traspasar.

…a esquerda non pode asumir o «comigo ou contra mín» como a súa divisa política, considerar a crítica como unha concesión ó adversario e calquer discrepancia unha traición. Ó contrario, debe escoitar esas voces e comprender que nunha democracia avanzada tódolos días xurden comentarios e reflexións críticas que, lonxe de constituir unha irrefrenable tendencia á introspección, son un sano xuizo de autocrítica tendente a mellorar as condicións sociais xerais, moito máis eficaz que a doada suposición gubernamental de que todo está ben.

etiquetas:  

Os comentarios están cerrados



arquivo de mOendo

Febreiro 2009
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes