As solucións que ofrece o PP para atallar a crise económica pasan pola rebaixa de impostos. Onte falaba en Allariz de eliminar o imposto de sucesións, en Ourense en materia de vivenda,… Esta é a fórmula neoliberal que nos levou a situación en que estamos na actualidade, parece mentira que o Sr. Feijóo a siga exprimindo cando o mundo enteiro trata de superala.
Un dos grandes males da economía mundial é a especulación. Na sociedade actual vivimos e viviremos, se ninguén lle pon freo, a explosión dunha burbulla tras outra: primeiro foron as ‘puntocom’, ahora as inmobiliarias,… e quen sabe onde estarán a seguintes. Non se libran da especulación nin as necesidades máis básicas dunha sociedade como poden ser os alimentos ou a enerxía; mentres, os gobernos asisten como espectadores a todos estes movementos, no mellor dos casos, ou promovendo leis que os favorezan, no peor. Existen varias formas de frear as especulación: unha é regular os prezos. Así, si o goberno lle pon precio ó sólo e as vivendas os empresarios non poderán especular o cal non significa que non vaian gañar cartos. Outra é subir os impostos: canto maior sexa a carga impositiva menor será o beneficio e, a menor beneficio,menor especulación.
Paul Krugman critica o infundado optimismo -e o cinismo- que Friedman e os seus tiñan na rebaixa de impostos e no libre mercado como ferramenta para acadar maiores cotas de prosperidade económica. O discurso neoconservador, para acadar o apoio de fundacións e grupos empresariais, recurriu a ideas simples que, nalgúns caos raiaban a grosería:
“decimos, e non nos cansaremos de repetilo, que as ideas ten consecuencias, o que é certo, pero o que temos na mente son ideas complexas, meditadas e ben elaboradas. O que pasamos por alto con facilidade é que as ideas simples, cando se lles confire paixón e organización, tamén poden ter consecuencias”
[Kristol, 1995]
O que facía Kristol era felicitarse pola vulgaridade da linguaxe do conservadurismo, hoxe adoptada prácticamente por tódalas forzas políticas, sempre que contribuise a acadar o éxito político. Foi así como os conservadores se erixiron, sen aportar proba algúnha, en defensores dunha supply-side economics cuxa consabida rebaixa de impostos se vería compensada por si mesma. De feito, esta doctrina nunca gozou de simpatía entre os intelectuais conservadores; si entre os empresarios e políticos. N. Gregory Mankiw, presidente do consello asesor de Bush para asuntos económicos entre 2003 e 2005 calificaría máis tarde de “excéntricos e charlatáns” ós partidarios da supply-side economics.
O certo é que aqueles que defencían a rebaixa de impostos non estaban seguros de que fose unha fórmula adecuada para a xestión da economía, pero estar errados ou acertados era algo que lles daba igual, o único que lles importaba é que esas ideas fosen políticamente útiles… non é así, Sr, Feijóo?