Feijóo, toleou?

Proposta de Treámbulo de Feijóo (ou de Rajoy) :

“O pobo galego ten unha identidade propia, froito de séculos de historia común, desde a Idade Media. (…) O pensamento e a tradición galeguista que as forzas políticas comparten describiron esta identidade propia con diferentes expresións ao largo da historia (…) tanto os federalistas, como os rexionalistas, os solidaristas, os galeguistas e como manifestación dun sentimento nacional, os nacionalistas arelaron todos eles a autonomía política de Galicia dentro de España e o fortalecemento da súa vocación europea”.

Todo isto pra evitar decir que Galiza é unha Nación. A realidade é que a RAE non esixe tanto para ser nación, ó definila como o conxunto de persoas dun mesmo orixe e que xeralmente falan a mesma lingua e ten unha tración común. Feijóo utiliza a definción de nación para definir Galiza pero elude evitalo concepto.

Tómanos por parvos!?

Rajoy deixa a Galiza sen Estatuto

Logo de máis de seis horas de reunión, a reunión para impulsar a reforma do Estatuto fracasou. Touriño asegura que a confrontación política en España foi un condicionante. Coindide con Anxo Quintana en que haberá que agardar a «outro momento político». Núñez Feijóo é o único que deixa unha porta aberta para lograr un acordo máis tarde.

Resulta curioso o sombreiro utilizado pola Voz de Galicia nesta nova. O único partido, según éste xornal, que deixa a porta aberta de cara a lograr un acordo pra que Galiza iguale en dereitos a Catalunya é o PP. Si digo que é curioso porque é o PP precisamente que pon tódolos atrancos ó negarse a recoñecer a Galiza como Nación. A entrevista que lle realizaron esta semá no País pode revolverlle as tripas o galego mais desarraigado. Di o fenómeno:

“En la reforma del Estatuto no podemos mirar las diferencias, tenemos que construir las coincidencias de los últimos 25 años”. Di a RAE que nación é un “Conjunto de personas de un mismo origen y que generalmente hablan un mismo idioma y tienen una tradición común” (deixoo en castelán pra que o Sr. Feijóo o entenda). Digo eu que tódolos galegos coincidiremos en que somos un conxuno de persoas cunha orixe común, unha tradición común e falamos a mesma lingua (mal que lles pese a algúns).

– “Más del 80% del cuerpo electoral gallego no está en el proceso de construcción nacional. Por eso el presidente tiene que decidirse y liderar”. Iso habería que preguntarllo ó pobo. Non se pode decir que só os galegos que votan a partidos nacionalistas consideren a Galiza como Nación (que faga a proba nas próximas eleccións municipais poñendo como lema da súa campaña ‘Galicia no es una nación’, a ver que pasa). Que explique o Sr. Feijoo porque o PP cada vez que hai eleccións ó Parlamento galego se autodenomina un partido galeguista. Dígollo eu: pra arañalos votos nacionalistas de centro-dereita. Pero esta traizón non creo que lla perdoen endexamais.

– “La obligación de estudiar todas las asignaturas, salvo lengua castellana, en gallego empobrece el país y yo no voy a llevar a Galicia al siglo XIX”. Vai resultar agora que o castelán se ve ameazado polo galego. Cando dispoñemos dun cento de emisoras de radio, das cales tan só unha emite integramente en galego: A Radio Galega. Cando dispoñemos de centos de canles de TV e outra vez, tan só unha emite en galego. Cando acudimos a un quiosko tódolos xornais están en castelán, agás un. En internet o galego é apenas unha lingua testimonial… E o Sr. Feijoo parécelle que non é apropiado que os alumnos galegos non estudién na lingua da súa terra. ¿Onde cree entón que a van aprendeer? ¿En internet? ¿Na televisión? ¿Na Radio? Non, o que pretende o Señor Feijoo é que volvamos os anos en que o galego era perseguido e só se podía falar no fogar, restrinxilo ó fogar dos galegos, que é precisamente onde se conservou, onde nunca o puideron censurar. É o deber de tódolos galegos loitar (e votar tamén) para que iso non volva pasar.

– “A nosotros no nos interesa un conflicto. La reforma del Estatuto se tiene que hacer aquí, no vale coger una copia del modelo de Cataluña”. ¿Porque permite logo as interferencias de Madrid? Ah! claro, porque foi en Madrid onde se lle concedeu o cargo. Que non se xustifique, ese NON a un Estatuto de Nación non saiu dos galegos que votan o PP, ese NON o Estatuto de Nación saiu da Rúa Xénova.

– “En cuanto al sectarismo informativo de los medios públicos estamos en el peor momento de los últimos 20 años”. Despois de manipulala TVG ó seu antollo durante largos 16 anos atrévese a facer ésta afirmación. Tódolos luns hai un debate onde ten cabida tódalas opcións políticas. Iso nunca sucedeu na era Fraga. ¿Cantas veces apareceu Feijóo na TVG durante a vaga de incendios? Cantas veces o solicitou… é en directo. Prefiro non lembrar o acontecido durante o suceso do prestige, outros incendios, as vacas tolas,… onde a oposición estaba máis censurada que no réxime anterior. Actualmente todos ten cabida, pero é lóxico que o Goberno (e digo o Goberno, non confundir cos partidos, que iso era o sucedía na etapa anterior) ocupe un espazo preferente.

Unha vez máis a dereita desta nosa Nación volve a frear os desexos dun pobo que quere estar, cando menos, en igualdade de dereitos coas outras nacións do Estado: Euskadi e Catalunya. Algún día lograremolo e entón apropiaránse do conseguido, como fan con todo o que primeiro rexeitan: a Castelao, a Constitución ou o actual Estatuto.

as Deputacións plantan a Xunta


Leo na Voz que “as forzas que integran o Goberno bipartito da Xunta valoraron onte con especial crudeza a negativa das deputacións provinciais a acudir ao Parlamento galego para explicar as principais liñas dos seus orzamentos, negativa que se traduciu o pasado venres nun plantón masivo á Cámara, do que só se lamentou onte por carta o presidente provincial coruñés, o socialista Fernández Moreda, que se atopa de viaxe en Sudámerica”. O PSOE fala de «rebeldía» e o BNG de «desobediencia».

As Deputacións de Lugo, Ourense e Pontevedra xustifican a súa decisión en que en tempos de Fraga xa estaban en contra destas comparecencias solicitadas entón polos partidos da oposición, PSOE e BNG, e «permitilas agora sería romper o principio de coherencia». O certo é que as Deputacións néganse a coordinar os seus orzamentos cos da Xunta debido a unha estratexia interna do partido.

Unha vez máis os intereses partidistas están por encima dos intereses dos cidadáns. Cando a Xunta era gobernada polo PP era utilizada como parte da súa maquinaria de partido e,entro desa maquinaria, os engranaxes mais efectivos -e fundamentais- foron sempre as deputacións provinciais, que recibiron competencias da Xunta -e diñeiro, moito diñeiro- e tamén dos seus concellos -recadando as deputacións os impostos dos concellos-. Acapararon máis competencias e ingresaron máis cartos que nunca o que lles permitiu exercer gran influencia na sociedade. As empresas de moitos politícos, alcalces ou concelleiros, puideron contratar obras e servicios coas deputacións sen plantexarse ningún dilema moral nin legal que si se daría si contratasen consigo mesmos. A outra ventaxa de dispor de tantas competencias e cartos ten que ver coa creación de postos de traballo públicos. Todos eses postos foron e son acaparados polos afiliados e simpatizantes do PP e polos fillos, sobriños e demais familia dos funcionarios da Deputación durante décadas. Non hai sitio pra ninguén máis… bon, excepto nas derradeiras municipais, cando se sacaron da manga o plan labora que lle permitiu a Deputación e Concellos mais postos de traballo que nunca a conta da Xunta de Galicia. Entón si puidemos colarnos algúns que non éramos afins.