Logo de máis de seis horas de reunión, a reunión para impulsar a reforma do Estatuto fracasou. Touriño asegura que a confrontación política en España foi un condicionante. Coindide con Anxo Quintana en que haberá que agardar a «outro momento político». Núñez Feijóo é o único que deixa unha porta aberta para lograr un acordo máis tarde.
Resulta curioso o sombreiro utilizado pola Voz de Galicia nesta nova. O único partido, según éste xornal, que deixa a porta aberta de cara a lograr un acordo pra que Galiza iguale en dereitos a Catalunya é o PP. Si digo que é curioso porque é o PP precisamente que pon tódolos atrancos ó negarse a recoñecer a Galiza como Nación. A entrevista que lle realizaron esta semá no País pode revolverlle as tripas o galego mais desarraigado. Di o fenómeno:
– “En la reforma del Estatuto no podemos mirar las diferencias, tenemos que construir las coincidencias de los últimos 25 años”. Di a RAE que nación é un “Conjunto de personas de un mismo origen y que generalmente hablan un mismo idioma y tienen una tradición común” (deixoo en castelán pra que o Sr. Feijóo o entenda). Digo eu que tódolos galegos coincidiremos en que somos un conxuno de persoas cunha orixe común, unha tradición común e falamos a mesma lingua (mal que lles pese a algúns).
– “Más del 80% del cuerpo electoral gallego no está en el proceso de construcción nacional. Por eso el presidente tiene que decidirse y liderar”. Iso habería que preguntarllo ó pobo. Non se pode decir que só os galegos que votan a partidos nacionalistas consideren a Galiza como Nación (que faga a proba nas próximas eleccións municipais poñendo como lema da súa campaña ‘Galicia no es una nación’, a ver que pasa). Que explique o Sr. Feijoo porque o PP cada vez que hai eleccións ó Parlamento galego se autodenomina un partido galeguista. Dígollo eu: pra arañalos votos nacionalistas de centro-dereita. Pero esta traizón non creo que lla perdoen endexamais.
– “La obligación de estudiar todas las asignaturas, salvo lengua castellana, en gallego empobrece el país y yo no voy a llevar a Galicia al siglo XIX”. Vai resultar agora que o castelán se ve ameazado polo galego. Cando dispoñemos dun cento de emisoras de radio, das cales tan só unha emite integramente en galego: A Radio Galega. Cando dispoñemos de centos de canles de TV e outra vez, tan só unha emite en galego. Cando acudimos a un quiosko tódolos xornais están en castelán, agás un. En internet o galego é apenas unha lingua testimonial… E o Sr. Feijoo parécelle que non é apropiado que os alumnos galegos non estudién na lingua da súa terra. ¿Onde cree entón que a van aprendeer? ¿En internet? ¿Na televisión? ¿Na Radio? Non, o que pretende o Señor Feijoo é que volvamos os anos en que o galego era perseguido e só se podía falar no fogar, restrinxilo ó fogar dos galegos, que é precisamente onde se conservou, onde nunca o puideron censurar. É o deber de tódolos galegos loitar (e votar tamén) para que iso non volva pasar.
– “A nosotros no nos interesa un conflicto. La reforma del Estatuto se tiene que hacer aquí, no vale coger una copia del modelo de Cataluña”. ¿Porque permite logo as interferencias de Madrid? Ah! claro, porque foi en Madrid onde se lle concedeu o cargo. Que non se xustifique, ese NON a un Estatuto de Nación non saiu dos galegos que votan o PP, ese NON o Estatuto de Nación saiu da Rúa Xénova.
– “En cuanto al sectarismo informativo de los medios públicos estamos en el peor momento de los últimos 20 años”. Despois de manipulala TVG ó seu antollo durante largos 16 anos atrévese a facer ésta afirmación. Tódolos luns hai un debate onde ten cabida tódalas opcións políticas. Iso nunca sucedeu na era Fraga. ¿Cantas veces apareceu Feijóo na TVG durante a vaga de incendios? Cantas veces o solicitou… é en directo. Prefiro non lembrar o acontecido durante o suceso do prestige, outros incendios, as vacas tolas,… onde a oposición estaba máis censurada que no réxime anterior. Actualmente todos ten cabida, pero é lóxico que o Goberno (e digo o Goberno, non confundir cos partidos, que iso era o sucedía na etapa anterior) ocupe un espazo preferente.
Unha vez máis a dereita desta nosa Nación volve a frear os desexos dun pobo que quere estar, cando menos, en igualdade de dereitos coas outras nacións do Estado: Euskadi e Catalunya. Algún día lograremolo e entón apropiaránse do conseguido, como fan con todo o que primeiro rexeitan: a Castelao, a Constitución ou o actual Estatuto.