Estes días vai facer 6 meses que creei o meu primeiro blog. Vira un anuncio na páxina principal de Terra, acerca dun cocurso de blogueros e decidín intentalo. Creei o meu blog, Wordl Cup Blog 06 e fun a pola victoria dende o primiero día. O día 9 de xuño aparecía o meu primer post na blogosfera. Acabei gañando o concurso, pero aquel premio ainda non o cobrei hoxe. Durante o tempo que durou o concurso crei outros blogs en Terra, gustabame bloggear, e cuando se me ocurría unha idea plasmabaa en forma de blog, logo o tempo diría si o continuaba ou non. Así creei Moendo do revés e Blog And Roll.
Como Wordl Cup Blog 06 ocupabame moito tempo (vía os partidos todos para escribir sobre elles… cheguei a postear 100 entradas) estes dous tiñao practicamente abandoados, o primeiro coa entrada de presentación e o segundo, algunha mais, ata que Terra cerroume o grifó.
Cando Terra se fusionou definitivamente con Telefónica, estes últimos ofrecéronme cambiarme á casa matriz. Convencéronme porque decían que me conservaban tódolos meus dereitos (e ademais regalábanme dous meses de conexión) pero o final perdín as miñas contas de correo de Terra, con elas o meu ID de Terra e, co meu ID de Terra, a posibilidade de seguir xestionando os meus blogs, de modo que se quedaron á deriva. Como o funcionamiento dos blogs de Terra tamén daba moitos problemas (e ningún beneficio… pois non che dan nada pola publicidade e non podes elexir tela ou non, tela a c…) decidín crear os meus blos en Blogger (o cierto é que xa o fixera uns días antes debido os cortes frecuentes no servico de blogs (algunha vez tardaron en solucionalos problemas mais de cinco días)).
Blogger, o lado de Terra é un paraiso. Tes total libertade pra configurala tua plantilla (iso en Terra non é posible, podese cambiar de plantilla, pero modificala nada), podes por os enlaces que queiras, sen límites (en Terra son 20 como máximo), podes insertar publicidade (e cobrar por ela) ou non, podes dar de alta o teu blog en directorios como tecnorati, blogalaxia, del.icio.us, bitácoras, the house of blogs, UBH, bloglines, my blog log,… que che exixen, para poder acceder, un enlace no teu blog (cousa que en Terra é imposible, dado que non podes tocala plantilla), podese insertar calquer gadget que se che ocurra, agregar noticias RSS, … e algo tan sencillo como colgar un video (misión imposible en Terra).
Os meus primeros blogs en Blogger foron tamén Blog and Roll e Moendo do revés. Despois virían el blog más blanco del mundo, que dimitan todos, sei o que fixestes nas últimas municiapais, outro blog pra establecer as categorías de Blog and Roll, dous blogs pra colgar sólo videos, Blog and Roll Videos e Moendo do Revés Videos, outro reservado exclusivamente para powerpoints e Blog and Roll… en galego (no que traduzo todo o contido de Blog and Roll, e algún post dos outros, a miña lengua materna.
Finalmente crei contrato de blogero ofical de Terra, unha vía de desacougo polo maltrato recibido por parte de Terra e Telefónica, no que vou explicando todo o contencioso entre éstas empresas e eu.
Son usuario do navegador Opera dende fai uns meses e dentro da Comunidade Opera existe un mundo cheo de posibilidades, entre elas, telo teu propio blog en Opera. Chámase, non podía ser de outra forma, blog and roll. Estes blogs non permiten facer moitas modificacións na plantilla, que e moi sinxela e, polo menos, non ten publicidade.
O meu último blog creino o mes pasado, chámase xOsse, coma o meu nick na rede, co fin de aglutinar nun so blog tódolos demais, engadindo o contenido das últimas cinco entradas de cada blog vía feed. Notras palabras, creei o meupropio directorio.
Algo cambiou estes seis meses, cuando escribía o meu nick en google so aparecían dous resultados: éste e éste; ambos dun poeta mozárabe. Hoxe, ainda que varía de uns días a outros, o resultado da búsqueda ronda os 19.000 resultados.