#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

O experimento de Salomon Asch

Posted on 27 Decembro 2008 by xOsse dorrío Posted in política nacional 7 Comments

Asch estaba interesado en demostrar a independencia de xuízo dos individuos e como estes non se deixan influenciar con facilidade. Sen embargo, os resultados non foron os que esperaba, xa que, aínda que moita xente, de feito, mantívose independente, unha porcentaxe sorprendentemente alta conformouse ás opinións dunha maioría que ia en contra da evidencia máis clara.

O experimento desenrolouse da maneira seguinte. Tratábase de crear unha situación na cal se pedirá a unha persoa a apreciación da lonxitude dunha liña e a comparase con outras tres liñas. Como podedes ver na seguinte figura, o exercicio é bastante obvio, así que, si nos preguntan cal das liñas 1, 2 ou 3 se parece máis á liña patrón, ningún de nós dubidaría máis dunhas centésimas de segundo en afirmar que é a liña 1.

Solomon Asch demostrou que existe unha condición na cal a maior parte de nós pode chegar a afirmar que a liña 2 é a liña patrón. Esta situación dáse cando facemos esta apreciación en grupo e todas as persoas do grupo (de sete a nove persoas cómplices do experimentador) afirman que é a liña 2 a que é igual que a liña patrón.

Nunha serie de doce xuízos sucesivos sobre a lonxitude das liñas diferentes (en sete das cales a maioría cómplice tiña una opinión claramente contraria á realidade), un 23% da xente non cómplice que participou no experimento unha vez fixo unha afirmación como a da maioría, en contra da súa propia visión das liñas, un 32% fíxoo dúas ou tres veces, e un 26% catro veces ou máis. En total, un 81% optou, polo menos unha vez, polo xuízo da maioría, e un 58% fíxoo máis dunha vez. Un total de trinta e unha persoas foron suxeitos non cómplices nesta primeira versión do experimento.

Fixádevos do difícil que é subtraerse a forza da maioría. Pensade no que fariades vos si de súpeto vos vedes rodeados de xente cunha opinión claramente distinta. De ningún xeito nos gusta pensar que poidan crer que estamos tolos! Por iso é que preferimos ceder e dicir o mesmo que os demais, chegando incluso a dubidar, sinceramente, das nosas opinións.

Si isto sucede nunha cuestión tan evidente, imaxinádevos o que pode pasar cando o tema que hai que xulgar non é tan doado nin tan evidente como a lonxitude dunha liña! Imaxinádevos que a cuestión a debater é a idoneidade dunha persoa ou outra para encabezar a lista dun partido político para unha circunscrición electoral, así como decidir cales serán as demais persoas que formaran parte da mesma. Imaxinádevos unha asemblea na que van a estar importantes cargos políticos -interesados en defender a liña oficial-, persoas con intereses directos -persoas que comen do maseiro e outras que esperan comer-, etc. etc., todos defendendo a mesma tese para convencer a unha maioría silenciosa, conducindo a unha sobrerrepresentación dos discursos dominantes e aumentando a dificultade para que xurdan puntos de vista alternativos.

O certo e que soamente aquelas persoas que confían extremadamente no seu xuízo e aquelas que cren que, polo ben do partido, teñen que dicir o que pensan conseguirán subtraerse á conformidade que a situación esixe. Iso si, non sen experimentar unha gran tensión, pois non podemos actuar como si os demais non existisen. Ese é o custe. Seguramente, as persoas que decidan non enfrontarse a maioría teñan boas razóns para facelo… imaxinádevos!

ensaio política psicoloxía social xOsse dorrío
« Moolaade, Galiza e os galegos
Confiaza política »

7 thoughts on “O experimento de Salomon Asch”

  1. An says:
    27 Decembro 2008 at 22:55

    Pois si que é complexo…pero o certo é que xa estou máis que acostumado a que me chamen tolo…asi que…levarei a contra sempre e cando o crea oportuno…o malo é cando non me decate de que son arrastrado polas masas…upsss. non quero nen pensalo, pareceme adsurdo que a xenta non vira que a liña un era a mesma 🙂

  2. Anonymous says:
    28 Decembro 2008 at 16:22

    A aplicación real de este método ponse en práctica no rural por medio das políticas Caciqueis do PP:
    Trátase de mandar aos máis sumisos vasallos cos viños pagos polas tabernas facendo públicas as consignas recibidas dende o nivel superior, o “Pensamento Único”.
    Así son capaces de desacreditar a unha persoa,ou convertir en verdade unha mentira.

    Contra esto: Principios,dignidade e perseverancia.

    Xoselois

  3. Robinho says:
    28 Decembro 2008 at 19:13

    Pois fai uns días vivin unha experiencia parecida ao experimento de Salomon nunha reunionciña de amigos por acó.

    Nela, onde de comezo todos víamos que a liña 1 era a mesma que a liña patrón, un grupo de xente -os cómplices da proba de Asch- chegou a facerlle crer a unha parte dos alí presentes que a liña 2 era a liña patrón. Mentras que os demáis marchamos convencidos da equivocación que aquilo supuña.

    Abreviando: os principios que defendes dende un comezo poden chegar a porse en dúbida e na evidencia de estar trabucados e/ou fora de lugar se -como ti ben dis- non temos a confianza suficiente no noso xuízo, levandonos a ceder ao criterio dunha -en casos falsa- maioría.

  4. xOsse dorrío says:
    29 Decembro 2008 at 09:51

    # An: para configurar a realidade temos sempre en conta a descripción que da realidade fan os demais. Os suxeitos que participaron no experimento si vían cal era a liña patrón (1), pero pola influencia de terceiros non se atrevían a decilo ou dubidaban do que eles percibían. E posible que iso nos pase a todos cada día, e non nos demos conta, como ti dis, sobre todo pola influencia dos medios de comunicación.

    # XoséLois: esas persoas as que ti te refires non son as que máis influen no pensamento dos demáis, entre outras cousas, polas incoherencias nas que incurren (efecto viño); é máis preocupante a influencia que a autoridade ten nos seus veciños, neste caso o teu querido alcalde, e que ademais conta a seu favor coa inercia do poder.

    # Robinho: sei a que te refires meu; estou seguro que nese tipo de reunións non se deixa nada para a improvissación,… está todo argallado de antemán.

  5. Anonymous says:
    30 Decembro 2008 at 04:21

    Ninguén escapa xa. Isto que foi un experimento,hoxe é un método empregado a todolos niveis,
    comerciais,políticos,desportivos. etc…..
    Recordades as armas de Irak?
    E vos fíos de plastilina dó Prestixe?.
    Se seguíramos baixando de nível,autonómico,municipal,local a bó seguro seguiríamos atopando exemplos.
    Por desgraza pouco se pode loitar contra isto, a falta de princípios,cultura e educación social e caldo de cultivo para que nos convertan en borregos.
    E is o saben.
    Unha aperta
    Xose

  6. Pingback: *mOendo do Revés » Vas caer!

  7. Pingback: *mOendo do Revés » A minoría innovadora

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Decembro 2008
M T W T F S S
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
« Nov   Xan »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés