#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Moolaade, Galiza e os galegos

Posted on 23 Decembro 2008 by xOsse dorrío Posted in política nacional 3 Comments

Moolaade é un drama dirixido por Ousmane Sembene (2004) que pretende denunciar a sumisión coa que a muller, dende a súa infancia, é educada nun poblado africano de relixión islámica. Vista dende unha perspectiva europea podemos decatarnos do dominio dun xénero, o másculino, sobre o outro, o femenino, pero eiquí, na nosa vella Europa, danse situacións semellantes, ainda que, ó resultárennos cotiáns non acabamos por percibilas. Vou analizar un pouco o funcionamento dos tres grupos que máis claramente se perfilan nese poboado –o grupo das mulleres, o grupo das purificadoras e o grupo dos homes- para acabar falando, non de xénero, senón sobre a miña percepción do panorama político galego.

O poboado que en Moolaade se representa está dominado totalmente polo xénero másculino e as mulleres non son máis que unha mercancía que se dan uns ós outros. Nel mandan dous xefes, os kemós, son os que reunidos en consello dan permiso pra falar ós demais membros e, incluso entre eles; a súa vontade é a lei do pobo. Este consello encarna un liderado autocrático que se amosa na agresividade dirixida cara a protagonista, Colle Ardo. Dentro dos membros deste consello pode discernirse unha conducta sumisa de moitos dos seus membros, sendo uns poucos os que interveñen no debate e, os que o fan, os caciques, é pra repetir as manifestacións do kemó, xamais para oporse o que aquel diga. O grupo dos homes ten un interés especial pola conservación das tradicións, unhas tracións que os mantiveron secularmente nunha posición privilexiada, ocupándose máis desta tarefa que polos factores socioemocionais individuais ou colectivos.

As purificadoras son un grupo de mulleres que teñen adquirido un status privilexiado. Non están sometidas a ningún home, levan unha vida independente e exercen unha función específica: practicar a ablación as nenas do poboado; función pola que cobran ás nais das nenas. O funcionamento do grupo das purificadoras é moi semellante ó do consello, sendo unha delas a que as dirixe, todas as demais síguenna en silencio e en fila india onde queira que sexa. Esta é a única que fala ós kemos do poblado, as demais pouco poden facer, máis que asentir. O seu liderado tamén está basado nun estilo de conduta autocrático, sendo o factor máis desenrolado polo líder o de iniciación de estrutura e a conduta que prevalece é a socioemocional sobre a de tarea.

As mulleres son ‘só mulleres’, un dominio dos homes. Sen embargo, xurde neste grupo o liderado dunha delas, que se opón á ablación, dando protección a outras nenas que escaparon da purificación. Defender esta causa, por de manifesto a súa inxustiza e inulidade, o sufrimento e mortes que causa crea un liderado cun carácter democrático, xa que ninguna das mujeres do poblado se adhire a Colle Ardo de xeito forzado, senón voluntariamente, convencidas pola cohesión argumental, franqueza, sentimentos, integridade e consideración da protagonista cara o problema que lles abrangue a todas. Estas mulleres préstanse atención entre elas porque a ablación atinxe a todas, individual e colectivamente, xa que o sufriron no pasado e agora fanno as súas fillas, moitas delas perdendo a vida; isto xera empatía no grupo e, a diferencia do dos homes, todas participan abertamente na conversa.

Ó grupo dos homes liderados polos kemos identificoo con PSOE e PP. Ámbolos dous partidos son iguais, sempre pendentes do que digan os de alá, en Madrid, para someter o pobo galego e telo controlado, facendo que se sinta avergozando da súa verdadeira identidade máis alá da intimidade da súa terra. Tratan de recordarnos cada día e concienciarnos do pouco valor e proxección da nosa cultura, da nosa lingua, da nosa economía e ata da nosa propia historia. Quérennos sumisos e malebles, para que obremos ó seu antollo, no seu beneficio, somos para eles, como o grupo de mulleres de Moolaade, un domino. Non atacan os nosos principios, os nosos ideais ou os nosos proxectos, contra os que non teñen argumentanción algunha, atacan a nosa identidade e personalidade colectiva, igual que aqueles homes facían con Colle Ardó -unha práctica, por certo, alarmantemente habitual na aréa política-.

Entre o grupo de mulleres sublevadas e as purificadoras hai unha característica común, o xénero, pero unha gran diferencia, o status alzanzado por unhas e outras. Outro tanto pasa entre o pobo galego e o BNG –ou mellor dito, a dirección do BNG-, coinciden plenamente na súa identidade, pero o BNG alcanzou recentemente un status privilexiado ó que non é doado renunciar e, para mantelo non dubidará en aliarse con PSOE ou PP -normalmente co primeiro, según eles diferente-, con aqueles que buscan a sumisión e manter o status quo que sobre este pobo ten os de alá. A dirección do BNG está formada, ó igual que o grupo das purificadoras, por un grupo de persoas enteiramente aliñadas, dispostas e sumisas ó seu lider, o que ninguén, ou moi poucos, se atreven a tusir. O líder corrixe abertamente manifestacións doutros membros do grupo, ainda que estas sexan fieis a ideoloxía do partido pero, iso sí, perxudiciais para o mantemento do seu status.

O pobo galego vive dende hai séculos estigmatizado, avergonzado da súa lengua -ata o punto de pulir o seu acento para que non se note a súa procedencia- e da súa cultura, sentíndose parte dunha rexión pobre, subsidiada, sen poder ou con escaso poder para influir na política estatal -froito dalgunha carambola-. Lémbrame moito ó grupo de mulleres, mulleres sen opinións, sen ideais, sen ambicións, sen autosuficiencia, mantidas polos homes de Alá; mulleres que sufren a súa dor en silencio.

O pobo galego, ó igual que fixeron as mulleres daquel poboado africano, ten que rebelarse contra as purificadoras, desarmalas a elas e, con elas, ó consello de anciáns. Agora xurde unha gran oportunidade no proceso de elaboración de candidaturas para o Parlamento galego, onde os nacionalistas deben optar entre mandar máis purificadoras ou mulleres rebeldes, integras e valentes. Compre que o pobo galego perda o medo, fale e que o faga como o facía noutras etapas non tan distantes, no que as purificadoras non tiñan tanto poder; fai falla por fin a esta mutilización á que nos están somentendo a moitos nacionalistas e, por engadido, a todo o pobo galego.

BNG ensaio Galiza política psicoloxía social xOsse dorrío
« Moolaade
O experimento de Salomon Asch »

3 thoughts on “Moolaade, Galiza e os galegos”

  1. Robinho says:
    25 Decembro 2008 at 19:30

    O aquí lido recórdame a unha frase que me quedou gravada logo dunha conversa de fai xa unhas semanas mantida con dous homes que ben poderían encadrar no perfil de “mulleres rebeldes” que ti sinalas aquí.

    A frase era “é momento de manter posicións, de non claudicar”.

    Certo que si. É momento de evitar a deriva deste barco, de agarrar o temón coas duas máns e leva-lo cara o destiño que estaba marcado no mapa.

  2. An says:
    26 Decembro 2008 at 13:12

    de certo…criticamos as conductas e os comportamentos alleos sen ver os nosos propios defectos. Saúdos e apertas meu 🙂

  3. xOsse dorrío says:
    27 Decembro 2008 at 15:36

    # Robinho: así é, de claudicar será o barco o que vaía a pique, ainda que cada un de nós se poida salvar individualmente. O que está en perigo é un proxecto colectivo.

    # An: os defectos propios si os vemos o que pasa é que os ignoramos.

    Sobre iso, a influencia que os demáis teñen sobre nós vai o seguinte post.

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Decembro 2008
M T W T F S S
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
« Nov   Xan »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés