Ninguén por riba de nós

Sería unha tarefa larga atopar tódalas causas que fixeron posible a derrota do bipartido nas pasadas eleccións ó Parlamento de Galiza. Unha desas razóns podería ser a mesma “mentalidade xusticeira e antiseñorial” da sociedade galega a que fai referencia Carlos Barros ó referirse ó auxe do movemento irmandiño.

A sociedade galega, farta de ser asoballada, mobilizouse polo cambio en 2005, sendo os movementos sociais os grandes precursores do cambio de goberno. O bipartito, nestes anos de goberno demostrou non entender nada do que os galegos votaron naquel momento. Cando Galiza berraba na rúa NUNCA MÁIS non se refería só os petroleiros, senón tamén ós políticos deshonestos, autocráticos, sectarios,… referíase, como non, ó caciquismo e ó nepotismo. E non berraban só contra o poder político, senón tamén contra o poder económico e mediático: un porque expolia os nosos recursos e destrúe a nosa paisaxe; o outro porque garda silencio, no mellor dos casos.

Cando Galiza botou ó PP das institucións quería botar tamén esa economía invasora e destructora, sen embargo, o bipartito non fixo outra cousa fornecer ese poder económico para gañarse o seu favor. Galiza votou por uns medios públicos e plurais, farta da manipulación informativa da RTVG da era Fraga e dos distintos medios privados do país, todos inclinados cara o mesmo lado. Do dito o feito… a radio e televisión públicas foron postas ó servizo dos partidos do goberno, especialmente do PSOE e Touriño, mentres se tratou de acadar “apoio mediático” das cabeceiras traicionais de Galiza. Foi así como, a costa do bipartito, o poder económico e mediatico da dereita chegou vivo ata as eleccións galegas de 2009 e, posuindo estes poderes, como ben diría Ignacio Ramonet, “facerse co poder político non é máis que un simple trámite”.

Tampouco foron as campañas suxas as responsables da desfeita, non foi a crise económica, non foi a españolización dos comicios, non foi pola traición da sociedade,… foi por non cumplir o prometido, foi por favorecer “os de sempre” e pola súa traición, foi pola transformación dos responsables políticos e pola non transformación de Galiza, por transformárense en seres egocéntricos e abandonaren o altruismo, por voltar o nepotismo e clientelismo, por narcisitas, primando a súa imaxe persoal sobre a das súas formacións políticas, por recorrer ó populismo e minimizar a ideoloxía, unha ideoloxía de esquerdas que defende, coma ningunha outra, a igualdade entre cidadáns.

Estes responsables políticos unha vez que ocuparon os seus cargos de “poder” esqueceron esa igualdade, puxerónse por riba dos cidadáns e incluso dos seus propios compañeiros de partido. Perderon a noción da realidade e adicábanse a “autoconvencerse” de que todo ía ben. Os que estábamos aquí, cos pes na terra, sabíamos que non era sí e, coma irmandiños na loita berrámoslle, alto e claro: ninguén por riba de nos!

Oiron?

6 comentarios en “Ninguén por riba de nós”

  1. Non, non oiron nen oiran.. deso podes estar seguro despois das declaracións que fan. Se volven algún día a ter a posibilidade estes mesmos de ostentar o poder farán o mesmo, porque renunciaron a todo principio ideoloxico, mercantilizaronse como todo está mercantilizado na economia e no sistema.

    Chapó polo texto, mais non creo q eles o lean e tp creo q a situación politica de certos sectores da política galega muden.

  2. Concordo cos anteriores no brillante da túa exposición. Pero todo isto ten un pexa: que o voto de castigo favoreceu aos de sempre e considero que se o bipartito o fixo mal para Galiza, Frijolito vai ser un desastre. O tempo dará ou quitará razóns.

  3. Um berro que reprimiu Pardo de Cela, que segue sendo para muitos “um grande patriota galego”, nessa concepçom histórica prenhada de mitos que tanto criticam alguns no caso do Estado espanhol para logo cair nas mesmas armadilhas.

Os comentarios están pechados.