Este é o camiño a seguir

As mozas e mozos do Encontro Irmandiño ven de renunciar a participar no proceso de elección da Dirección Nacional de Galiza Nova na Asemblea Nacional que hoxe comeza. Persoalmente, unha das calidades que máis valoro nunha persoa ou grupo de persoas é a capacidade de renunciar a un posto xa que deixa as claras o que realmente se persegue, o que persegue cada quen.

Agora que, esa renuncia, debería facerse extensible aos órganos do BNG, xa que a presenza de membros do Encontro Irmandiño no Consello Nacional da mostra de certas incoherencias no discurso.

Razons? O proceso pre-asemblear do BNG foi un filtro que deixou fora a moitas minorías, unhas porque non recibiron apoios suficientes, outras porque se negaron a participar no mesmo, un proceso dirixido por cargos e carguiños, ex-altos-cargos e ex-altos carguiños, logo non se pode afirmar que ese órgano represente a totalidade e pluralidade do nacionalismo. Esa totalidade, esa pluralidade, está fora e aí é onde hai que estar e non nun Consello de gurús que levou a formación ao seu punto máis baixo dos últimos tempos… e sen perspectivas de remuda, nin ideolóxica, nin de persoas.

As razóns que levan a mocidade do EI a renunciar a presentar unhas listas para o Consello Nacional seguen sendo as mesmas que esgrimimos os irmáns maiores na derradeira Asemblea Nacional -o anquilosamento das institucións do BNG e o seu afastamento da realidade sociopolítica das galegas e galegos-. Entendo que entón se optou por presentar unha lista agardando que a militancia sacase do seu foro interno ese punto de rebeldía que a tradicionalmente nos caracterizou. Non saíu mais agárdaselle.

Agárdaselle aquí fora, a outra veira pois, a ese outro lado é tal o férreo control que sobre a militancia exerce o caciquintanismo e a upega, que xamais se atreverán ao máis mínimo xesto de disidencia e, cando algún organismo se escapa do seu control, como é o caso do SLG, crean outro novo. Quen goberna o BNG non entende o significado dos principios democráticos, uns principio que xurdiron hai séculos en Galiza, nas revoltas irmandiñas, ao berro de ninguén por riba de nos, prevalecendo nos seus órganos unha aristocracia que, pensan, é superior ao resto de irmáns galegos, nacionalistas e non nacionalistas. Iso, efectivamente,  non callou nin callará nunha sociedade que leva tan dentro os principios da igualdade, irmandade e liberdade.

6 comentarios en “Este é o camiño a seguir”

  1. Nacional de Galiza Nova:

    UMG 15
    ISCA! 5
    +BNG 5

    Apenas houve sete votos em branco polo que a nossa incidência foi mínima, se bem muitos irmandinhos ficárom fora do processo, ora polo tema das quotas, ora porque nom tinhas ganhas de enlamar-se numha assembleia em que o resultado já era claro muito antes de começar. A autocrítica foi escassa e o 1 de Março com se nom existira, fará-lhes falta descer dos 100.000 votos nas municipais para que esta gente se atreva a um debate de ideias real e a mudar a esclerose orgánica? Muito me temo que GN sai hoje como um instrumento inservível para a mocidade revolucionária galega, mais bem sai coma um aparelho totalmente vertical do que já pouco ou rem se pode esperar. Ogalhá seja eu, polo bem do nacionalismo e do BNG o que esteja errado, mas é urgente procurar novos caminhos.

    Umha aperta irmandinha e hoje mais do que nunca à revolta!

  2. Ehem, é que se tiverom 7 votos em branco (e isso atribuindo-se todos os emitidos, já que evidentemente mais gente puido exercer esse voto) é que nom tinham gente nem para montar candidatura. Polo tanto nom renunciarom a nada nem a carguinho nengum já que nada iam ganhar; e, como bem dis ti, se fossem coerentes deveriam renunciar ali onde si tenhem estes cargos, como no Conselho Nacional.

    Na minha modesta opiniom -e com absoluto respeito polas decissons soberanas do Encontro- resulta umha total incongruência que o EI vote em branco nesta cojuntura, quando havia umha alternativa crítica tam clara, que rexeitou que GN agisse como comparsa do BNG e promoveu a sua autonomia, abjurou do institucionalismo, defendeu propostas novas de relaçons com os movimentos sociais, crítica co TAV e a destruiçom do meio ambiente… Ainda que o certo é que nada ia cambiar com este apoio, teria sido um gesto a favor da acumulaçom de forças críticas.

  3. Nesta conjuntura o resultado estava mui claro e ficava totalmente debujado antes da assembleia. A maioria da UMG era indiscutível com carreteio ou sem el, porque se um analisa os dados de aprovaçom do informe de gestom semelha que as três candidaturas “fichárom” gente para o Domingo.
    Se realmente se quiser que o EI apoiara “um gesto a favor da acumulaçom de forás críticas” (nom fomos nós críticos?) seria bem que as duas candidaturas opostas à hegemónica foram tam sequer capazes de artelhar umha alternativa unitária com uns princípio programáticos de entendemento e concórdia. Como nom foi o caso, tentamos enriquecer como mal sabemos o debate e defender com coerência, outra cousa quiçais nom teremos mais isso si, o nosso posicionamento: o voto em negro, como negra era e é a nossa visom de Galiza Nova, mal que me pese.

    Umha aperta irmandinha

  4. Vendo os números da Asemblea enseguida se decata un de que facer una lista non era doado. A pouco, algúns non acadan nin o número de votos cos que se presentaban na súa lista.

    Si quen presentaba unha lista lle custa mobilizar a quen lle son afíns moito máis dificil resulta para quen, a priori, renuncia a facelo.

    Cumpre revolta, revolta e revisión. Hai moito que revisar no espazo sociopolítico galego. Cumpre facer unha análise interna da nosa sociedade, da nosa economía e da nosa cultura. Cumpre facer unha análise externa de Galiza, do noso entorno máis próximo e do entorno global, do que non escapamos. Cumpre redifinir a visión do nacionalismo. Nun mundo sen fronteiras non se pode construír valados. Cumpre marcar unha nova misión para o nacionalismo, non podemos seguir recorrendo ós vellos discursos, ós vellos programas (hoxe, lendo O NACIONALISMO GALEGO NOS SEUS PROGRAMAS POLÍTICOS decátome do pouquiño que evolucionou, pois seguimos reproducindo moitas daquelas proclamas como si o tempo non pasara). Galiza mudou, o mundo mudou, por iso cumpre atender as novas necesidades que nos afectan. Non vale a escusa de que aquelas vellas alocucións se repiten porque aínda non se acadaron como obxectivo. Que si. Máis respondían a necesidade daqueles tempos, doutros tempos, e agora non se pode pensar en acadar logros para unha sociedade que xa non existe. Cumpre deseñar uns novos obxectivos estratéxicos ou, o que é o mesmo, dar co instrumento político que nos permita chegar a ser o que queremos ser. Dicilo agora, sería como empezar unha casa polo tellado, máis penso que ese instrumento non é un partido político nin, moito menos o BNG. Cumpre, en definitiva, mudar de estratexia.

    Unha forte aperta irmandiña!

  5. Afiador: sinceramente, creo que incorres no mesmo erro de estratégia, que é ponher ao mesmo nível aos quintanistas como alternativa -que nom defenderom nada de nada- e a Isca!, conheces o que apresentarom uns e outros (à marge de coincidir na crítica ao oficialismo) e creo que realmente aqui alternativos ao oficialismo só há dous sectores.

    Tampouco comparto que as três candidaturas carretajem gente por igual; Isca mantivo praticamente o mesmo apoio pola manhá nas suas emendas que pola tarde na votaçom da direcçom. Nom se pode dizer o mesmo das outras duas, especialmente da vitoriossa, que desembarcou com o seu peculiar estilo de carretagem, e com militantes bem experimentados e entrados em anos. Com todo, insisto em que respeito profundamente a quem se move por um futuro diferente.

  6. A carretage foi menor no caso de ISCA!? É possível, em todo caso sei de gente que nom foi “carretada” mas que só veu para votar e é de ISCA! A vitoriosa pode carretar a quem queira porque nom tenhem que pagar 15€ coma os demais entre outras cousas. Do EI nom conheço a ninguém, duas pessoas até marchárom sem votar, outros ficárom fora da assembleia polas quotas e outros, simplesmente, nom tinham ganhas de ir aturar a crianças maleducadas (e isto sabes que nom vai por ISCA!, que nesse sentido estivestes mais do que correctos talvez porque coma nós ainda acreditades nalgo).

    Pode ser que sejades alternativa ao oficialismo nom o ponho em dúvida, mas será necessário que delimitedes melhor essa alternativa que duvido que passe por apoiar maioritariamente as três teses, quando as vossas emendas fôrom enjeitadas umha e outra vez nas comissons, sacadas algumhas transacionadas (como nos aconteceu a todos). Como em outras cousas que tenho visto em que nom vos desmarcades para nada da linha oficialista e duvido que seja por afinidade ideológica porque vós ainda a conservades, mas os outros já hai tempo que a perdêrom, ainda que o politburó conheça mui bem as ladaínhas e os entresijos orgánicos, algo que nom serve para o que realmente é importante: tranformar a naçom galega e emancipá-la social e nacionalmente.

    Contodo, quiçais nom seja este o melhor sítio para falarmos disto. Se o desexas dou-che o meu endereço electrónico e analisamos as nossas posturas mais polo miúdo fora de olhos indiscretos.

    Umha aperta irmandinha

Os comentarios están pechados.