#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

O maleficio

Posted on 10 Abril 2010 by xOsse dorrío Posted in libros, política local, vídeos 2 Comments

O maleficio ao que me vou referir nada ten que ver co “dano causado pola arte dos feiticeiros” senón ao dano que certas persoas, sobre todo quen ten algunha responsabilidade, provocan facendo que “aparentemente, uns ganen e outros perdan” aínda que ao final ninguén saía beneficiado. Seguramente ao ler isto a todos se nos veñen a cabeza ducias de nomes. A min, agora, venme un,…

Venme a cabeza esta reflexión logo de ler “O beneficio” de Alex Rovira e Georges Escribano (velaquí o primeiro capítulo) onde, a xeito de novela, fan unha análise psicosocioecómica dunha entidade enferma. Déuseme por ler este libro logo de ver unha entrevista en CNN+ do primeiro dos autores con Antonio San José no espazo “Cara a Cara”, cando, facendo zapping na madrugada do venres o entrevistador cita a frase coa que se abre o libro:

“Trata a un ser humano como é,
e seguirá sendo o que é.
Trátao como pode chegar a ser,
e converterase no que está chamado a ser.”

Blaise Pascal

A quen nos entusiasma o “Desenvolvemento de Persoas” e rexeitamos abertamente a expresión “Recursos Humanos”, por ser despectiva para a propia raza, en canto que as persoas somos algo máis que un recurso para as empresas e outras organizacións, frases como a de B. Pascal engánchannos. Así que o venres pola tarde compreime este libro; logo de lelo, por suposto, recoméndoo (especialmente a calquera persoa que teña a responsabilidade de dirixir un grupo).

Son dos que subliña moito os libros e logo lle da voltas a todo, neste as páxinas en amarelo fluorescente case superan as que quedan sen colorear, tal é o interese que produciu en min a súa lectura. Entre todas as ensinanzas, quédome esta:

“… a calidade só se pode construír dende a conciencia.

Sen conciencia, dixo, non pode haber comprensión; sen comprensión non hai respecto; sen respecto non pode haber confianza e sen esta non é posible o compromiso. E por suposto, sen compromiso non é posible a calidade‘”.

Falan os autores de confianza. Que é a confianza? Alex Rovira explícao mellor ca min, ver vídeo, mais quédome con algo que é fundamental para ter confianza en alguén: a integridade (ou conciencia). “Confiamos nas persoas que son íntegras. Que é a integridade? Predicar co exemplo e cumprir o que se promete”.

Hoxe díxenlle ao concelleiro do BNG en Xunqueira de Ambía, José Luís Quintas Coello, que non confiaba nel. Porqué? Por que non é un ser íntegro. Porque? Por que non predica co exemplo, por que non cumpre o que promete e un cento de razóns máis. A súa resposta: “eres bobo!”. Por se non oíra ben, repetiumo. Esa é súa ética, a súa coherencia.

Este feito non me sorprendeu en absoluto, nin a min nin a ducia de persoas que había nese intre nun bar de Xunqueira. A eles menos ca min. Están afeitos ás súas predicas, broncas e insultos. Iso é ao que se adica cada día en tódolos bares, rúas e prazas da vila, dende a súa atalaia de “concelleiro do BNG”, pois seica “o título” este fai que as persoas coma el, con escasa formación, se atrevan, para vencer os seus complexos, a dar leccións e insultar a outros con menos, semellantes ou moitos máis coñecementos ca el. Adafeito. “O titulo” non leva implementada a razón nin a intelixencia, vello amigo. Ti es a proba do que digo mais, desgraciadamente para o nacionalismo galego, non a única.

O BNG é unha organización enferma e ti es o vivo exemplo de maleficio; un virus que, aparentemente semella unha cousa, que pode facerlle crer a alguén (eu o primeiro bobo!) que vai conseguir algo contigo, apoiándote, para que outros perderan ese poder que ti -ilusamente- ambicionas. Pero ao final ninguén gaña nada. Xunqueira, contigo, non gañou nada (a vista está). O BNG, contigo, non gañou nin gañará nada. Ao revés.

Existe un principio ético que obriga a quen usa -parcialmente- a obra de outro autor, a citalo. É un xeito de non apropiarse dunha obra que non lle corresponde. Chámase a este principio: referenciar. Outros dirán que é un envoltorio para desenvolver artigos mediocres, unha forma de disfrazar a verdade ou manipulala,… Persoalmente non me considero en posesión da verdade e o que crea e manifeste estalo (por exemplo, cando alguén di “mentes”, “faltas a verdade”, “fas demagoxia” …), non fará máis que exhibir a súa ignorancia e arrogancia, característica esta última, que limita o crecemento e evolución persoal.

BNG caciquismo empresa laboral Leo Leo municipais 2007 opinións psicoloxía social xOsse dorrío Xunqueira de Ambía
« O límite da indignación
Os cínicos non serven para este oficio »

2 thoughts on “O maleficio”

  1. Costadamorte says:
    23 Abril 2010 at 18:59

    Amiguiño, por varios encontros na rede que tiven contigo, en xeral discrepo bastante dos teus puntos de vista…
    (Para escomenzar o de “autoaxuda” é un xénero do que non gosta nadiña)…
    Ben, o caso é que respecto a filosofía do teu post…
    Discrepo TOTALMENTE!!!…
    Cando algún amigo fala de política e especula coa posibilidade de ter un papel mais activo, eu o que fago e preguntarlle:
    És un fillo de puta?, pois si é así, adiante!!!, se non, adícate a outra cousa…
    E non é porque teña unha consideración pexorativa da política, que da que gosto moito e ate cheguei a concelleiro do BNG fai xa uns cantos anos…
    E que considero que o mellor “xénero” da política é o que defino como “filloputismo”…
    Para min a procura da felicidade nesta vida resúmese en catro actividades vitais que guían a miña vida, e penso que a de todo dios…

    Falar…
    Facer…
    Follar…
    e Foder…

    E ao que iamos…
    Falar, en xeral, (incluindo pensar, comunicar, convencer, aprender, etc.), é unha actividade moi gratificante na vida e fundamental na política…
    Facer, pois tanto na nosa peripecia vital, como na acción política, os feitos, (as accións e os obxectos materiais), son as pegadas da nosa existencia…
    Follar, que decir!, follar e en xeral os placeres vitais, (o sexo, o xantar, a arte…), son o estímulo da nosa vida, a chave da felicidade…
    Pero, o que de verdade é un placer, o que é o sumun da felicidade, é o FODER, (o foder ao rival, se entende), ¡que maior satisfacción na vida cando xogando a calquer cousa, (ao tute, ao poker, ao futbol, ou, a unhas eleccións…), gañas ao rival e o deixas ben fodido…
    Non?…

  2. xOsse dorrío says:
    23 Abril 2010 at 19:20

    Costadamorte di: (Para escomenzar o de “autoaxuda” é un xénero do que non gosta nadiña)

    Non concordo, agás que temas a psicoloxía, neste caso a psicoloxía das empresas. A min é un tema que me apaixoa e non renuncio del, apréndese moito en cuestións organizativas, perfis persoais,… máis si é Rovira quen é o autor. En todo o demás, tampouco.

    Sobre o control dos comentarios,… que lle queres, cumpre evitar aos trolls

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Abril 2010
M T W T F S S
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
« Mar   Mai »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés