Organización

Organización:

conxunto de individuos que, nun sentido, presenta unha unidade de acción ou decisión, Pese que no seu interior convivan unha multiplicidade de intereses non sempre coincidentes e o conflito entre eles sexa frecuente, a organización actúa ante a sociedade como si tivera un interés único e propio que a define.:

Institución

Institución:

Conxunto de regras ou rutinas que serven de guía ós individuos para actuar ou interactuar entre eles, que proporcionan estabilidade e significado ó comportamento social. Sen embargo, moitas veces tamén se utiliza este término para facer referencia a un tipo de organizacións que, ou ben xeran normas, ou ben ten unha larga tradición.

Representante

Representante: 

Político que non está sometido a un mandato imperativo e que, por tanto, elabora as políticas a partir da interpretación que fai das preferencias dos cidadáns e das súas propias conviccións. Oponse ó concepto de delegado.

Delegado

Delegada: 

político que exclusivamente transmite e agrega as vontades dos cidadáns para producir unha decisión colectiva sen alteralas, coma si se tratase dun avogado ou, dende unha postura máis extrema, como si fose un notario dos cidadáns. Oponse ó concepto de representante.

Desafección política

Desafectación política:

faise referencia a caída da satisfacción e a confianza nas actuacións das institución políticas (partidos, administracións, gobernos, parlamentos) e nas autoridades e políticos en xeral, que se reflexa nas enquisas e tamén se amosa na tendencia a volatilidade electoral e na baixada da militancia partidista

Ola


Ola:

Unha ola de democratización é un conxunto de transicións dun réxime democrático a outro democrático, que ocorren nun determinado período de tempo que superan significativamente ás transicións en dirección oposta durante ese mesmo período. Do mesmo modo, unha ola participativa sería o conxunto de aperturas que se producen en distintos sistemas políticos nun determinado marco temporal e que permiten a participación, na area política, de novos grupos sociais antes excluídos.

Partido de masas

partido de masas:

Orixinariamente de ideoloxía socialista, caracterizase porque busca captar a maior cantidade posible de afiliados, xa que coas súas cotizacións tense que manter o partido, dispón dunha ampla base social, así como dun amplo e completo aparato burocrático e organizativo e ten unha burocracia profesional; o seu programa está moi definido e a súa ideoloxía é moi marcada, e esfórzase en educar e mobilizar politicamente os seus membros. Presenta unha organización moi ríxida, e os seus políticos encóntranse baixo unha forte disciplina de partido; dáse a coñecer á sociedade e busca influír con todo tipo de actividades e servizos que sobrepasan o marco estritamente electoral –casas de cultura e educativas, publicacións, mutuas de seguros, garderías, etc.– e ten fortes vínculos con organizacións non estritamente políticas afíns, como os sindicatos.