Veño de presentar dúas denuncias por enchufismo, unha ante a Fiscalía de Ourense e outra ante a Delegación Territorial da Xunta de Galicia, entidades as que solicito. A primeira:
- Que se acheguen os feitos presentados á denuncia presentada polo PSOE ante esta fiscalía por “enchufar” a máis de 200 persoas, segundo leo nunha noticia publicada en El País o 10/06/2010
- Que se revisen os procedementos e procesos levados a cabo polo SGC, especialmente, os procesos de selección de traballadores vencellados a subvencións públicas (orientadores, axentes de emprego, psicólogos,…).
- Que se investigue a falta de transparencia nas ofertas de emprego deste postos de traballo, suxeitos as axudas públicas, a maioría das cales, nunca son feitos públicos (en ningún medio, nin na páxina web do SGC, onde si se “colgan” outras ofertas), non permitindo subscribirse a elas e pasando desapercibidas para os buscadores de emprego.
- Que se investigue si as valoracións feitas dos méritos curriculares dos candidatos, nos diferentes procesos de selección, son reais ou ben están adulteradas, xa que os candidatos, limitados pola lei de protección de datos, non podemos verificar a autenticidade dos méritos alegados.
A Delegación Territorial de Ourense solicítolle que:
- Que se revisen todos os procesos de selección de persoal do Servizo Público de Emprego.
- Que se revisen, especialmente, os procesos de selección de traballadores vencellados a subvencións públicas.
- Que exista máis transparencia nas ofertas de emprego, a maioría das cales, sobre todo relacionadas cos empregos subvencionados con fondos públicos, nunca son publicadas (en ningún medio, nin na páxina web) e non permiten subscribirse a elas.
- Que sexa obrigatorio para participar nestes procesos dar autorización de acceso ao CV persoal para que todos os candidatos poidan verificar a autenticidade dos méritos alegados.
- Que se esixan responsabilidades aos responsables das áreas involucradas polo mal funcionamento destas: o Sr. Antonio González Amaro, Xefe de Servizo de Promoción e Emprego, e Sr. José Movilla Martínez, Director da Oficina Ourense Centro.
O escurantismo co que se realizan este tipo de procesos non só serve para levantar suspicacias, senón cando che toca preto, para confirmalas. Neste intres estanse realizando a selección de técnicos e axentes de emprego, entre outras categorías, polas entidades sen ánimo de lucro (ESAL). Calquera buscador de emprego preguntárase: e iso como se sabe? Só te decatarás si te chaman para algunha oferta porque estes postos son se fan públicos na páxina web do SGC. Porque? Para que non te decates, para que vai ser?
Poucos buscadores de emprego saberán da existencia destas prazas ate que saia publicada a resolución pola que se conceden, e para entón xa estarán todas adxudicadas. O último día para presentar a oferta de emprego no SGC polas ESAL é este venres e para realizar a contratación o vindeiro día 5 de outubro. Logo informaranos aos comúns dos mortais vía DOG quen foron os afortunados.
Nese camiño daranse casos tan insólitos, algúns deles que me sucederon a min, nesta convocatoria e noutras.
A Fundación Laboral da Construcción de Galicia foille enviado o meu CV como resultado da sondaxe realizada polo sistema informático do SGC. Xamais se puxeron en contacto comigo pero informaron ao SGC que si o fixeran e que non se realizaran a contratación por “outros motivos”
Outro tanto sucedeu coa Cruz Vermella de Celanova, tamén por “outros motivos” sen sequera contactar comigo, rexeitou a miña candidatura.
Un caso surealista, este que nada ten que ver comigo. Emprende Ourense, un chiringuito ao estilo CIMO, pero patrocinado por xente do PP, solicita ao SGC un orientador laboral coa titulación de “Enxeñeiro Técnico Naval”. Para emprender que en Ourense? Para orientar a quen en Ourense? É evidente, non se trata de emprender ou orientar, soamente colocar a algún achegado de Baltar con dita carreira. Un escándalo!
Acojonan-te. O do Enxenheiro Técnico Naval já é o colmo…
Eu fum nom há muito a oficina de emprego de Ourense (enfronte a estaçom do trem) umha oferta de emprego para ser promotor do projecto “red trabaja”. Um subcontrataçom que lhe deu o SPEE a telefónica para gestionar e promocionar entre os desempregados as funcionalidades da nova web, logo dumha semana dum curso vía internet com milheiros de problemas para faze-lo, comunicárom-me que nom fora empregado… O caso é que algúns dos que também participavam no curso para Ourense viam-se moi seguros de ser colhidos… Mas nom sei..
Um saúdo
Non dubido que algún enseñeiro técnico naval, actualmentenas oficinas de emprego de Ourense, axiña atopará emprego en Ourense. O de timofónica e outra…
En Xornal de Galicia… Existe unha trama de corrupción en Ourense para a contratación con fondos públicos? entre eles un “enxeñeiro Técnico Naval”