Ollo unha foto túa
regalada aos perniciosos ollos
do adúltero desexo
na noite de aniversario,
xaneiro 2010,
dun teu querido ser.
A traizón?
Non!
Gozas co deleite de ser ollada
polas destras mans
de quen manexa unha nikon D60
en baixo contraste captura
24 bits de profundidade
allea moral, sen flash.
Unha luz velaiña alumea
túas trazas dende atrás.
4.3 máxima profundidade
nunha cama estarricada debruzado
corpo percorrido de arreguizos
provocados por milleiros
de píxeles multiplicados
en éxtase vertical e horizontal
Abesulladora imaxe,
na murcha lembranza bate.