#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Acrasina

Posted on 30 Xaneiro 2011 by xOsse dorrío Posted in relatos 3 Comments

A alguén que coñecese esta historia de primeira man pode parecerlle que todo isto que conto non sexa tal cal a como eu o describo, porque os recordos da nosa mente tenden a relacionarse co significado que lle queremos dar, non coa información ou, como dicía noutra ocasión, ao referirme a historia dun parente meu desaparecido trala guerra civil “ao recordar un relato ao largo do tempo, este deformase, do mesmo xeito que se deforman os rumores, e se acomodan aos modelos culturais do que é unha boa narración”. Agardo que cando menos resulte iso.

Cando Edmund Spenser imaxinou a Acrasina, unha bruxa do Reino das Fadas que atraía aos homes cara si e logo os convertía en bestas, non sabía el que aquela mala muller se cruzaría un día na vida do “home dos paus”. Si. Dende que aquela mala muller lle arrincara o corazón, non o que bombea o sangue ao corpo, senón ese outro que se activa no noso cerebro cando nos namoramos, e que provoca nas persoas condutas aditivas e irracionais, pois dende entón, dicía, Xosé Lois converteuse nunha besta, nun ninguén.

Logo daquel desengano foi incapaz de volver a sentir algo polos seus semellantes, tan só era capaz de amosar sentimentos por aquela manada fiel de caninos, os cans dun ninguén, que ían e viñan con total liberdade, sen sentirse sometidos a dono algún. Aínda así, sentía aprecio por aqueles bechos porque eran eles quen lle brindaban a seguridade e o calor que precisaba nas noites frías de inverno, alá onde queira que o collese a noite, nunha escola ou un forno velo abandonado, nun alpendre ou nunha de tantas construcións daquelas de bloque que os rexedores da época facían para inseminar as vacas. Era o que pedía o pobo daquelas. Un pobo que quería vivir. Hoxe o pobo pide tanatorios. Quere morrer. Foi o “home dos paus”, agora que o vexo con outra perspectiva, o primeiro okupa que coñecín, pois tampouco dubidaba en asentarse en casas alleas que cría deshabitadas. Unha desas edificacións públicas nas que paraba acotío estaba na Lagüela, un lugar elevado da Lagoa de Antela onde no inverno se forma un pequeno lago. Está situada nunha encrucillada de camiños entre os pobos de Vilariño, Bustelo e Casasoá, un lugar sombrío ate nas horas de sol e onde, polas noites non se vían nin as estrelas, agochadas polas árbores frondosas; era un lugar onde o silencio só o rompían os sons dos animais de vida nocturna que andaban na procura de comida ou compaña. A que outra cousa ían andar? Só unha persoa tiña a coraxe suficiente para aparecer por alí de noite… ou non, vaia, non exactamente, porque cando se acercaba ao lugar aquel non era precisamente unha persoa… pero deste outro caso xa falarei máis adiante. Só adiantarei que foi este ser misterioso quen descubriu tódolos segredos do “home das latas”, xa escoitando o que rosmaba en sonos aos seus animaliños, xa escoitando as respotas que “O Portugues” lle dava a este ser ás preguntas que se atrevía a facerlle aproveitándose do seu estado somnámbulo, tal era a súa curiosidade, e que respondía sen ser consciente de que lle preguntaban dende fora dos seus sonos, xa polas cartas que celosamente mantiña gardadas, léndoas sen ser visto, cartas, moitas delas que non contiñan máis que unha frase curta, mensaxes claras, directas, como si fose escrita as agochadas para ser enviada de inmediato, envolta nunha pedra a través dalgunha xanela… e que daquelas aínda non existía a posibilidade de enviar SMS.

Seguramente Nassin Taleb, un sociólogo estadounidense, podería explicar mellor a conduta deste persoeiro baseándose na súa teoría dos cisnes negros (black swan), pero inverténdoa, é dicir, que si para Taleb “todos os cisnes eran brancos, e ate que non aparecese un cisne negro non se podería demostrar que tamén existen os cisnes negros”, para “O Portugués”, logo da súa terrible experiencia, tódalas mulleres eran unhas fadas negras, meigas, que con enganos e mentiras extraen do interior dos homes todo aquilo polo que viven e mentres non aparecese unha fada branca que lle amosase a existencia da transparencia feminina, a excepción, para el todas seguirían sendo unhas meigas escuras ás que evitar. Coido que, finalmente, finou sen coñecer esa rara excepción porque nunca decidiu mudar de vida, isto é, de buscala. De feito o que pretende demostrar a teoría dos cisnes negros é que non se deben tomar decisións en función dunha rareza e para el as mulleres boas eran unha rareza que decidiu non buscar. Errada decisión. Mais, quen foi a “Acrasina” de Xosé Lois? Sei pouco dela, nin sequera seu nome, porque quen me contou esta historia non o quixo desvelar. Si sei que era a filla máis nova dunha familia humilde dun pobo na raia de Portugal. Unha rapaza chegada a destempo ao fogar:

    – Dicíame que fora unha filla non desexada,… un descoido!

É triste vivir así dentro dunha familia. Moi triste medrar créndose non desexada, desprotexida, vulnerable a todo mal que a asexaba que, nunha nena daqueles tempos, eran moitos. Unha persoa con ese pensamento xamais pediría axuda no suposto de sentirse acosada por alguén e gardaría silencio para sempre de todas as aldraxes sufridas. Pensaría que, si dixese algo, ninguén a crería. Ese pensamento e as vivencias traumáticas soportadas foron as que levaron a aquela nena a converterse nun anxo negro ao chegar a muller. Anxo negro, si; anxo polo seu aspecto anxelical; negro polo transfundo emocional e intelectual que agochaba no seu interior. De vela, fora mellor sorrir a aquel anxo e liscar axiña que non acudir a darlle unha aperta para quedar para sempre atrapado pola escuridade que agochaba… Xosé Lois foi un dos que non fuxiron, dos que se acercaron, dos que lle deron unha aperta e ate un bico e para sempre quedou envolto por aquela negra sombra, da que non puido desfacerse o resto da súa vida.

Acrasina, así lle imos chamar xa que non sabemos o seu verdadeiro nome, namorarao na súa puberdade e logo desapareceu, non volveron a verse en preto de 20 anos, nos que ela seguiu coleccionando corazóns por diferentes recunchos do mundo… ate que un dia volveu a aparecer para reclamarlle o que era seu, decidida como viña, insaciable de sede humana, a espremerlle ate a última gota de amor, espremendo o seu corazón docemente, ao principio, logo máis bruscamente… ate non deixar nada. O que parecera un reencontro feliz, en vésperas de Nadal, onde os dous parecían gozar da compaña do outro, cómodos e felices falando das súas vidas, de xeito que se foran aproximando cada vez máis entre si, pensándose, desexándose, sentíndose incluso dende a distancia, transformouse nunha trampa mortal.

Un cisne negro no Posío

home dos paus Lagoa de Antela relatos Xunqueira de Ambía
« O home dos nomes
O home lobo da Lagoa de Antela »

3 thoughts on “Acrasina”

  1. Pingback: O home lobo da Lagoa de Antela

  2. Pingback: O home dos nomes

  3. Pingback: Sincronicidade

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Xaneiro 2011
M T W T F S S
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
« Dec   Feb »

Pages

  • Política de cookies
  • Política de Privacidade
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés